Casa da Parra
Casa da Parra
Obra de Domingo de Andrade e frei Tomé Alonso, construída por encargo do arcebispo Raxoi en 1683, que pecha un dos lados da praza da Quintana, en Santiago de Compostela. No s XX o arquitecto Candeira engadiulle un piso. Destaca a súa fachada cunha porta decorada cunha grilanda de pedra de acios e follas de vide que se repite no piso superior. Remata nunha balaustrada con pináculos e cunha cheminea decorada con relevos. Emprégase como sala de exposicións.