Casa da Moura

Casa da Moura

Mámoa situada no concello de Entrimo, localizada nunha extensa chaira da serra do Leboreiro, polo que resulta visible dende lonxe. Conta cunha cámara de planta poligonal da que se conservan catro chantas imbricadas e a tampa. O corredor está formado por catro chantas e cuberto por unha tampa situada nun plano inferior ao da cámara. Esta mámoa acada unha lonxitude total de case catro metros e unha altura superior aos dous metros.