celular
(
-
adx
Relativo ou pertencente á célula.
-
adx
Que ten ou está constituído por células.
-
adx
[DER]
Relativo ou pertencente ao sistema penitenciario baseado no illamento dos presos en celas individuais.
Ex: Levaron o ladrón a unha prisión celular.
-
ciclo celular
[BIOL]
Secuencia de catro estadios polos que pasa unha célula. Nos tres primeiros, denominados interfase, a célula prepárase para a división que ten lugar na última das fases. Na primeira fase ou G1, ten lugar o crecemento da célula ao elevarse a taxa de biosíntese; neste estadio existe un período, denominado punto de restrición, durante o que a célula vai proseguir ou non co ciclo dependendo das condicións ambientais. Na segunda fase ou S, os cromosomas replícanse. Na fase terceira ou G2, ten lugar unha nova medra. A última fase é a M, na que se produce a mitose (división nuclear) e a citocinese (división citoplasmática).
-
teoría celular
[BIOL]
Teoría básica da bioloxía que sinala o papel fundamental da célula. Afirma que é a unidade morfolóxica e funcional dos seres vivos e que toda célula procede doutra, aínda que mantén unha clara autonomía. É un concepto nado e desenvolto no s XIX. Como consecuencia das melloras técnicas na construción dos microscopios e a extensión do seu uso entre a comunidade científica, posibilitou un importante número de observacións e estudios. A primeira formulación veu da man do botánico Mathias Schleiden en 1838 e 1839, quen sinalaba a célula como unidade estrutural e funcional. Con posterioridade, os estudios do patólogo alemán Rudolf Virchow concluían que toda célula procede doutra existente previamente. O último paso na formulación da teoría deuno o investigador español Santiago Ramón y Cajal, ao comprobar, fronte á teoría reticularista, a independencia e autonomía das neuronas.