celulite
-
s
f
[PAT]
Inflamación circunscrita do tecido conectivo de orixe infecciosa, que pode chegar a ser un absceso segundo a virulencia do xerme ou as condicións do paciente. Habitualmente, afecta á pel e ao tecido subcutáneo onde se produce rubor, dor, calor e tumefacción; secundariamente, pódese presentar unha linfaxite, cun aumento de volume nos ganglios linfáticos rexionais que doen. Tamén pode haber febre e afectación do estado xeral.
-
s
f
[PAT]
Estado do tecido subcutáneo caracterizado por unha hipertrofia, ás veces formando nódulos, da súa compoñente adiposa. A afección normalmente provoca dor e localízase sobre todo nos flancos, nas costas e nas coxas. Predomina no sexo feminino e, probablemente, orixínase por factores constitucionais relacionados coa obesidade.