celuloide

celuloide

(< célula + -oide)

  1. s m [QUÍM]

    Produto termoplástico, o máis antigo coñecido (1865), preparado por dispersión homoxénea do nitrato de celulosa, mollado con alcol etílico, cun 10-30% de alcanfor, ata obter unha masa compacta e de moito corpo á que se lle engade usualmente colorantes ou pigmentos e estabilizantes. Caracterízase por ter gran variedade de formas e cores, transparencia, rixidez e estabilidade dimensional. Resiste os hidrocarburos, os ácidos diluídos e os aceites minerais, pero é moi inflamable. Substituíuse por outros tipos de materiais termoplásticos e quedou relegado á fabricación de pelotas de ping-pong.

  2. s m [IMAX]

    Arte cinematográfica.