celulase
celulase
(< celulosa)
s
f
[BIOQ]
Enzima que provoca especificamente a hidrólise dos enlaces β-1,4-glicosídicos da celulosa. É de orixe bacteriana e fúnxica, aínda que tamén se pode atopar no zume hepático-pancreático do caracol da especie Helix pomatia. Os herbívoros degradan e dixiren a celulosa mediante este enzima, presente nas súas bacterias intestinais.