central
(< lat centrāle)
-
adx
-
Relativo ou pertencente ao centro.
Ex: A cidade vella é núcleo central da vila actual.
-
Que está situado no centro ou preto del.
Ex: Ó chegar puxo o bolso no asento central da sala.
-
-
adx
Que estende a súa acción a todo o conxunto de cousas ou ao sistema do que forma parte.
Ex: Foi unha medida adoptada polo goberno central.
-
adx
Que é o máis importante.
Ex: Ó final da conferencia deixou o tema central para atender as preguntas dos participantes.
Sinónimos: capital, fundamental, primordial, principal, esencial. Antónimos: marxinal. -
-
adx e s
f
Oficina que centraliza diferentes servicios públicos.
Ex: Chegará antes se o envías desde a central de correos.
-
adx e s
f
Lugar onde radica a dirección dunha empresa.
Ex: Na sucursal enviaron a reclamación á central.
-
adx e s
f
Casa principal dalgunhas ordes relixiosas.
-
central de riscos
[ECON]
Organismo ou servizo dun banco central que recolle a información que as entidades de crédito lle entregan sobre os riscos crediticios asumidos por un acredor.
-
adx e s
f
-
[TECNOL]
-
central heliotérmica/central heliotermodinámica
Central solar que aproveita a enerxía irradiada polo Sol para quentar un fluído que se emprega para a produción de electricidade mediante un turboxerador. As de captadores planos son moi simples, só poden quentar o fluído transmisor ata os 100°C; as de captadores cilíndricos ou parabólicos permiten acadar temperaturas de 300°C ou ata 1.000°C, non obstante necesitan complicados sistemas de orientación respecto ao Sol. Un sistema con bos rendementos é a combinación de espellos reflectores planos (helióstatos), situados sobre o chan, cun sistema de orientación que os focaliza sobre un evaporador suspendido dunha torre vertical (centrais de torre), feito que lle permite chegar ata 800°C. A central máis importante deste tipo é a de Barstow (California).
-
central hidráulica/central hidroeléctrica
Central eléctrica que transforma a enerxía mecánica da caída da auga (enerxía hidráulica) en enerxía eléctrica. Está composta por diversas partes relativas ao circuíto hidráulico e á central eléctrica propiamente dita. A auga detense no encoro, almacén regulador da auga, e derívase, total ou parcialmente, pola canle de alimentación ata a cámara de auga; dende este lugar baixa pola condución forzada (tubo de presión) ata a central, onde fai xirar as turbinas que accionan os alternadores. A auga, cando xa pasou polas turbinas, sae case sen presión pola canle de saída e volve ao curso do río. Canta máis diferencia de altura ou desnivel hai entre a cámara de auga e as turbinas, maior é a presión da auga e, polo tanto, maior é a enerxía por unidade de volume de líquido. En liñas xerais, a potencia da central é proporcional ao produto do caudal (cantidade de auga por unidade de tempo) polo desnivel de caída; o caudal regúlase mediante comportas, válvulas, etc. A cámara de auga, denominada tamén pozo piezométrico, serve de elemento regulador e evita golpes de ariete. As centrais de bombeo son centrais hidráulicas de acumulación dotadas dunha turbina reversible que bombean auga ao encoro, cando a electricidade producida excede as necesidades do consumo.
-
central hidrotérmica
Central eléctrica que teoricamente aproveitaría a enerxía térmica do mar ou dos lagos, especialmente nas rexións tropicais e ecuatoriais.
-
central mareomotriz
Central eléctrica que aproveita o desnivel producido polas mareas, de xeito semellante a unha central hidroeléctrica, na que o salto é de pouca altura e de gran caudal.
-
central nuclear
Central eléctrica que aproveita a enerxía desprendida na transmutación de núcleos atómicos. Todas as centrais nucleares en funcionamento ou en construción teñen como fonte de enerxía o desprendemento na fisión, principalmente do uranio, nun reactor nuclear. Os factores esenciais que compoñen un reactor son: o combustible nuclear, o moderador (no caso dos reactores térmicos) e o refrixerante. Dependendo destes factores hai 16 técnicas diferentes, das que as máis empregadas son: uranio enriquecido como combustible e auga fervendo como moderador e refrixerante (chamada BWR); uranio natural como combustible e deuterio fervendo ou a presión como moderador e refrixerante (chamadas BHWR e PHWR, respectivamente); uranio natural como combustible, auga como moderador e auga a presión como refrixerante (VVER); uranio natural e óxido de torio como combustible, grafito como moderador e helio como refrixerante (HTR ou HTGR); uranio enriquecido como combustible, grafito como moderador e dióxido de carbono como refrixerante (AGR ou GCR), e uranio natural e óxido de plutonio como combustible, sen moderador; e sodio líquido como refrixerante (LMFBR).
-
central solar
Central eléctrica que usa a enerxía radiada polo Sol para producir electricidade. Hainas de dous tipos: as que transforman directamente a radiación solar en electricidade (central fotovoltaica) e as que a utilizan para quentar un fluído que, ao evaporarse, pode empregarse para mover un grupo turboxerador (central heliotérmica ou heliotermodinámica).
-
central telefónica
Local que contén os equipos de conmutación necesarios para a prestación do servicio telefónico e onde acaban as liñas dos abonados, os enlaces ou os circuítos interurbanos. Poden ser automáticas ou manuais.
-
central telegráfica
Local destinado ao servizo telegráfico, ao que chegan as liñas telegráficas. Son de conmutación automática, análogas ás telefónicas, destinadas á conmutación de liñas do servizo télex.
-
central térmica/central termoeléctrica
Central eléctrica que transforma a enerxía térmica dun combustible en enerxía eléctrica. Segundo o sistema de transformación poden ser centrais de vapor, de gas ou diesel. As máis importantes e numerosas son as centrais de vapor, que utilizan o vapor obtido nunha caldeira para facer xirar unha turbina. A velocidade de rotación da turbina transmítese, directamente ou a través dun redutor de rodas dentadas, a un alternador que xera enerxía eléctrica. Os elementos principais son os parques ou depósitos de almacenamento de combustible, que pode ser sólido (carbón, lignito, turba e, nalgunhas cidades, lixo) ou líquido (naftas, aceites pesados); as caldeiras de produción de vapor cos seus elementos auxiliares (bombas de alimentación de auga, dispositivos de alimentación de combustible, etc); e os grupos formados pola turbina de vapor e o alternador, chamados grupos turboalternadores. O vapor, cando sae da turbina, perde case toda a presión e a temperatura, entón vai ao condensador onde se arrefría e, convertido en auga, envíase novamente ás caldeiras. As centrais diesel constan dun ou máis grupos formados por un motor diesel asociado a un alternador e acostuman ser de potencias relativamente pequenas.
-
central xeotérmica
Central eléctrica que aproveita a enerxía térmica do subsolo. Cómpre destacar a de Lardello (Italia), que aproveita o vapor dos soffioni a uns 200°C, e a de The Geysers (California).
-
s
f
Lugar onde se agrupan os instrumentos e mecanismos de determinados servicios; en particular, a planta industrial dunha empresa que constitúe a orixe e o centro de produción máis importante.
-
central eléctrica
Conxunto de instalacións destinadas a producir enerxía eléctrica a partir doutra forma de enerxía (mecánica, térmica, etc). Segundo o tipo de fonte de enerxía empregado clasifícanse en: hidroeléctricas, térmicas, nucleares, eólicas, solares, xeotérmicas, mareomotrices e hidrotérmicas. Segundo o servicio, a central pode ser: de base, que fornece a enerxía correspondente ao consumo medio sen admitir grandes variacións deste; de punta, prevista para cubrir os momentos de máximo consumo traballando intermitentemente en paralelo cunha de base; de reserva, prevista para casos de avaría nas centrais de base; ou de acumulación, destinada a almacenar enerxía cando hai un excedente de potencia. Consta fundamentalmente do grupo turboxerador, formado por unha turbina alimentada polo fluído enerxético (auga, vapor, gas), encaixada ao alternador; e das instalacións auxiliares, cos aparellos de manobra e regulación, de medida, e a estación transformadora.
-
central eólica
Central eléctrica que aproveita a enerxía do vento e que ten como elemento fundamental un aeroxerador. Utiliza unha fonte de enerxía gratuíta e inesgotable, pero irregular, por iso precisa sistemas de acumulación. Empréganse en zonas rurais, faros, estacións meteorolóxicas ou radioeléctricas, balizas, etc.
-
central fotovoltaica
Central que utiliza paneis de células fotovoltaicas, convenientemente conectadas para producir enerxía eléctrica directamente a partir da radiación solar. Teñen que estar conectadas a un sistema de acumulación porque non se poden regular. Utilízanse en enxeños espaciais, vivendas illadas, repetidores de telecomunicación, etc.
-
central heliotérmica/central heliotermodinámica
-
adx e s
f
[PROTISTA]
centrofíceo.
-
s
[DEP]
-
Xogador que ocupa, el só ou con outro compañeiro, o eixe da liña defensiva en deportes de equipo como o fútbol, o balonmán ou o fútbol americano.
-
Xogador que ocupa o centro da primeira liña de ataque, no balonmán e noutros deportes colectivos. Independentemente de que poida realizar accións que rematen en lanzamento á portería contraria, o seu principal obxectivo é organizar o xogo do seu equipo e desequilibrar o sistema defensivo do equipo rival para acadar boas opcións de lanzamento ou penetración para os seus compañeiros.
-
-
adx
[LING]
-
Aplícase a cada unha das articulacións que se forman cando o seu canal vogal está no centro da cavidade bucal, por oposición á lateral.
-
Aplícase ao fonema vocálico que se articula coa lingua situada no centro da cavidade bucal (por exemplo o [a]), por oposición á anterior e posterior.
-
-
central de medios
[COMUN]
Empresa encargada da compra masiva dos espacios e dos tempos publicitarios, para vendelos ás axencias ou anunciantes como un servizo de planificación de medios. O seu obxectivo consiste en obter un custo publicitario reducido e unha boa planificación.
-
central telefónica
[TECNOL]
Equipo de conmutación telefónica auxiliar que, mediante un pequeno número de liñas de enlace coa central automática da que depende, pode establecer comunicacións cunha cantidade superior de liñas que alí se conectan. Poden ser manuais ou automáticas.
-
lugar central
[XEOG]
Teoría formulada por primeira vez por Christaller no 1933 e xeneralizada por Lösch para explicar a formación dos núcleos urbanos. Formula unha estrutura xerárquica dos centros segundo as súas funcións, as áreas comerciais e as redes de transporte.