chirimoia

chirimoia

(< chirimoio)

s f [BOT/ALIM]

Froito do chirimoio, grande, en forma de piña, verde por fóra, cunha carne abrancazada e manteigosa, dentro da que se atopan as sementes, grandes e negras. Consómese crúa, moi adecuada en ensaladas e similares. Pode empregarse para preparar mousses, xeados e sorbetes.