chirimoio

chirimoio

(

Nome científico: [Annonacherimolia, Fam das anonáceas]
s m [PLANTA]

Árbore caducifolia de ata 7 m de altura, con cortiza lisa e cinsenta verdosa. Presenta follas ovadas que acadan os 25 cm de lonxitude e pecíolo oco; flores pendurantes amarelas, de 2,5 cm de longo, con 3 sépalos e 6 pétalos dos que os tres internos son de menor tamaño; os froitos, as chirimoias, acadan os 12 cm de lonxitude, teñen forma ovoide, cor verde e polpa branca, doce e xugosa, con numerosas sementes negras de 1 cm. É unha especie orixinaria da zona andina sudamericana que se cultiva en moitas zonas tropicais e subtropicais como as Islas Canarias e a costa mediterránea da Península Ibérica.

Palabras veciñas

chirimboleira | chirimía | chirimoia | chirimoio | Chirino | Chirino López, Martín | Chiripá