Chirino

Chirino
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe natural da vila pontevedresa de Lamas. Coa Reconquista espalláronse por Cádiz, Jaén, Cuenca e algunhas ramas pasaron a Cuba, Venezuela e Chile. As súas armas levan, en campo de azul, cinco flores de lis de prata, postas en aspa. Os de Andalucía traen escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, con cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; segundo e terceiro cuartel, en campo de goles, cun león rampante, de ouro.

Palabras veciñas

chirimía | chirimoia | chirimoio | Chirino | Chirino López, Martín | Chiripá | Chiriquí