"AGN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 267.
-
PERSOEIRO
Escritor israelí. A súa obra, escrita en hebreo, rememora o mundo en disolución da diáspora en Polonia: Haknassat kal·la (O dote da noiva, 1929), Oréah nata lalun (Un inimigo quedou para pasar a noite, 1940). Coa creación do estado de Israel achegouse aos problemas dos emigrados na edificación da nova sociedade en títulos como ‘Tmol Silsom (Antonte, 1945) e Sira (1971). En 1966 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno do recoñecemento, de orixe cerebral. O enfermo non é quen de identificar os obxectos que ve (agnosia visual), as palabras (cegueira verbal), as melodías ou palabras que escoita (agnosia auditiva, xordeira verbal), os obxectos que toca (astereoagnosia), partes do propio corpo (somatoagnosia), as fisonomías (prosopagnosia). A agnosia relativa á linguaxe é a afasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esterol triterpénico, con tres enlaces dobres, que se atopa na graxa da la.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O agnosticismo renuncia a saber todo o que reborda os límites do noso coñecemento. O agnosticismo ten unha base científica-positiva que considera inalcanzable para o noso coñecemento alén do que a ciencia permite, non aceptando máis verdade ca a que está sustentada polo método científico e, polo tanto, están en contra da noción absoluta e de calquera metafísica construída sobre esta noción. Neste sentido, preséntase como unha doutrina exclusivamente científica ao introducir unha limitación aos seus propios obxectos de coñecemento e negar o carácter científico da metafísica. O agnosticismo abrangue todas as filosofías que sustentan que a cousa en si é inasequible para a intelixencia humana: idealismo absoluto de Berkeley, empirismo de Hume ou empiriocriticismo de Mach e Avenarius, que reducen o ser á representación do mesmo; ou o idealismo transcendental de Kant ou o positivismo de Comte e Spencer, que entenden que só podemos coñecer os fenómenos da cousa en si. O termo foi introducido por...
-
-
Relativo ou pertencente ao agnosticismo.
-
Persoa que profesa o agnosticismo.
-
-
-
Termo obsoleto, proposto por B. D. Irving (1887), equivalente ao Precámbrico.
-
Termo obsoleto equivalente ao Proterozoico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de artrópodos da clase dos trilobites, integrada por especies de pequenas dimensións, duns 8 mm, característicos do Cámbrico medio.
-
-
Representación alegórica de Cristo, especialmente na iconografía paleocristiá e románica, inspirada nas descricións da Apocalipse.
-
Año que leva unha bandeirola de prata, cargada cunha cruz de goles.
-
-
-
Oración latina da misa que comeza coas palabras Agnus Dei e que se di ou canta entre o nosopai e a comuñón.
-
-
Nome xenérico das moedas que levan o Agnus Dei.
-
Moeda de vellón castelá que fixo labrar Xoán I de Castela, inspirada no agnel d’or cuñada en Francia por Filipe IV a partir do 1310.
-
-
Obxecto, consistente xeralmente nunha medalla de cera, bendita polo Papa e que leva en efixie un año como emblema de Cristo.
-
-
PERSOEIRO
Nobre napolitana, amante de Afonso o Magnánimo, quen a coñeceu no ano 1444. Afagada por diversas personalidades humanistas foi musa de varios poemas. Cando morreu Afonso, adheriuse aos nobres contrarios ao Rei Fernando, fillo daquel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alexandre o Grande.
-
PERSOEIRO
Rei de Wessex (871-899). Fillo de Etelwulf e de Osburga. Foi adoptado polo Papa León IV (853), quen se encargou da súa educación. Subiu ao trono á morte do seu irmán Etelred I (871). Loitou contra os dinamarqueses (893) e logrou ser recoñecido polos anglosaxóns; a partir dese momento restableceu a autoridade real e a unidade inglesa. Reformou a administración e o exército, redactou un código de leis, fundou unha escola palatina, e fomentou a cultura facendo traducir ao saxón as obras latinas máis importantes. A súa festa celébrase o 28 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pracer sexual asociado a unha dor provocada (sadismo) ou sufrida (masoquismo).
-
CIDADES
Cidade da provincia de Frosinone, na rexión do Lacio, Italia (19.237 h [1991]). Foi sede episcopal dende o s V e residencia papal durante a época medieval. Entre outros monumentos cómpre salientar a catedral, do s XI, reconstruída no XIII, e a casa do concello, do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arresto do Papa Bonifacio VIII en Anagni, o 7 de setembro de 1303, promovido por Filipe IV de Francia, ameazado de excomuñón polo Papa, e a familia Colonna. O Papa, liberado pola xente de Anagni, morreu ao pouco tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado concertado en Anagni, en xuño do 1295, entre o Papa Bonifacio VIII e os embaixadores de Xaime II de Aragón, Filipe IV de Francia e Carlos II de Nápoles. Puxo fin aos conflitos xurdidos a partir da conquista de Sicilia polos cataláns. As cláusulas esenciais foron: devolución de Sicilia á Santa Sé, restitución das Baleares ao Rei de Mallorca, e retorno das conquistas feitas en Italia a Carlos II, así como tamén dos reféns mutuos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado polos retóricos clásicos, dentro do teatro grego e latino, ao recoñecemento dun feito ou persoa por parte das personaxes, o que lle dá á obra un xiro decisivo e conduce o argumento ao desenlace (por exemplo, o recoñecemento de Orestes por Electra). A anagnórise pasou a outros xéneros e foi chamada tamén agnición e recoñecemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela xuvenil de María Victoria Moreno publicada no 1988. A través das súas páxinas e duns diálogos vivos e ocorrentes, a autora conta a experiencia de Nicolau Arís, un rapaz que un día decide marchar a Madrid en auto-stop, fuxindo dos seus problemas persoais, para encontrarse cuns amigos relacionados co mundo das drogas. A viaxe faina cunha muller, Xulia Andrade, que o recolle ao pé da estrada; na súa compaña coñécese a si mesmo mergullando no seu interior, aprende a gozar da vida e a valorar as cousas e as persoas e descobre o que é o amor, a amizade e a morte. Foi editado por Galaxia na colección Árbore (1988).
-
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido o pintor italiano Andrea di Bartolo di Simone. Nos seus comezos traballou en Venecia, cidade na que realizou os frescos da igrexa de San Zacarías. No ano 1444 estableceuse en Florencia. Entre a súa produción de tema relixioso sobresaen os frescos do antigo convento da Santa Apolonia (?1449-1450) e, entre os de tema profano, o monumento ecuestre de Nicola di Tolentino (1456, Santa María dei Fiore) e a serie de Homes e mulleres ilustres (tamén en Santa Apolonia), baixo a influencia do escultor Donatello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Magnetismo que presentan algúns metais, aliaxes e os sales dos elementos de transición (como o FeO, MnO, MnO2), nos que a susceptibilidade magnética é moi baixa pero medra coa temperatura. Por debaixo da temperatura de Neel, os átomos ordénanse espontaneamente presentando spins antiparalelos (momentos magnéticos opostos), de xeito que o momento resultante é nulo e evidencia pouco magnetismo exterior. Por riba da temperatura de Neel o material vólvese paramagnético. Un campo magnético intenso pode chegar a transformar o antiferromagnetismo en ferromagnetismo ( magnetismo).