"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Filólogo e profesor. Prolífico estudoso da cultura e lingua galega. Realizou estudos eclesiásticos no mosteiro de Oseira, que abandonou en 1960 ao ser expulsado xunto a outros compañeiros acusados de galeguismo e de querer fundar unha congregación independente. Como consecuencia, saíu de Galicia e viaxou por Francia, Alemaña e residiu en Navarra, Madrid e Lisboa. A finais de 1984 volve definitivamente a Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Licenciado en Filosofía pola Universidade de Comillas (1973), Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid (1975), Filoloxía Románica (1978), obtivo o grao de Diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa (1976). Traballou na Universidade de Vigo (1990-1994) como profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galega. No 1998 presentou e súa tese de doutoramento A fala dos Concelhos de Trasmirás e Qualedro.
Exerceu como... -
GALICIA
Atleta especializado en carreiras de fondo. Entre os seus maiores logros salientan a participación en tres finais dos Xogos Olímpicos: en México 1968 nos 3000 m obstáculos (11º clasificado) e en Múnic 1972 nos 5.000 e 10.000 m lisos (10º e 12ª clasificado respectivamente). Proclamouse campión mundial militar dos 3.000 m obstáculos en 1964. Acadou nos Campionatos de Europa en Pista Cuberta do ano 1969 a medalla de prata e a de bronce no 1970, ambas as dúas nos 3.000 m lisos. Nos Xogos do Mediterráneo gañou as medallas de ouro nos 3.000 m obstáculos en 1967 e nos 5.000 e 10.000 m lisos en 1971. En nove ocasións foi campión de España (5 de 5000 m lisos, 2 de 3.000 m obstáculos e outras 2 de 30 km ruta). Conseguiu 15 plusmarcas estatais; en 2.000 m lisos, 3.000 m lisos e obstáculos, 5.000 e 10.000 m lisos. Recibiu a insignia de ouro e brillantes do seu club, o Real Club Celta de Vigo. Militante do PS de G-PSOE, entre 1983 e 1995 foi concelleiro de deportes na corporación municipal viguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Teoloxía Escolástica (1816). Presidiu a Academia de Sagrada Teoloxía e interveu no alistamento do Batallón Literario. No 1811 fundou o semanario compostelán El Sensato que continuou a publicarse ata 1815. Ao regreso da monarquía absolutista de Fernando VII, estivo baixo sospeitas pola publicación dese xornal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aparello de madeira en forma de catavento formado por dúas aspas, que xiran co vento e fan que dous martelos colocados no extremo oposto golpeen a reo nunha pequena táboa. Emprégase como espantallo para escorrentar os paxaros por mor do ruído que produce ao ser movido polo vento.
-
Instrumento que se emprega para apertar os aros dos pipotes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘corno’.
-
PERSOEIRO
Físico norteamericano. En 1930 comezou un estudo exhaustivo das partículas ionizadas producidas polos raios cósmicos. Mediante unha cámara de Wilson observou en 1932 a existencia efectiva do positrón, partícula definida teoricamente por Dirac pero non observada ata ese momento. Con este descubrimento acadou o Premio Nobel de Física no ano 1936, que compartiu co seu colega Victor F. Hess.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escritor pertencente a un grupo de narradores galegos en castelán, algúns deles xa se deran a coñecer como tales antes de 1936. O seu traballo ao servizo da cultura de Galicia tivo o seu verdadeiro desenvolvemento a partir da década dos 50. O seu labor insírese dentro da corrente do novo ensaísmo de raizame galega e moderno espírito europeo. Orixinal ensaísta, escribiu un estudo titulado Etnobiología atlántica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitudes ou opinións opostas á escravitude. Malia que no mundo clásico ou árabe existía a escravitude, non xurdiu ningunha actitude intelectual oposta de xeito sistemático ao escravismo. O primeiro antiescravista moderno foi Condorcet (1743-1794), quen se manifestou abertamente contra o Código negro (1685), que creaba un dereito para aqueles que estaban privados del: os escravos. O antiescravismo, así mesmo, adquiriu unha base científica a partir da antropoloxía darwinista, que demostraba a falacia racista sobre a que se apoiaba o escravismo: a inferioridade das razas. Os primeiros logros políticos do antiescravismo foron a abolición da escravitude pola Convención de 1792 e as múltiples conferencias antiescravistas, entre as que destacan as de Berlín (1885) e Bruxelas (1889). O último logro do antiescravismo foi a aprobación do artigo 4 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10.12.1948), que prohibe a escravitude en todas as súas formas. Malia que na actualidade...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto dun sistema capaz de anular a forza dun campo gravitatorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno hipotético de natureza similar á gravitación, pero de efecto contrario, que xurdiría da suposta existencia -aínda que non comprobada na práctica- de masas negativas e daría lugar a unha repulsión mutua entre os corpos de masa positiva e os de masa negativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Único municipium romano ben documentado pola epigrafía da Gallaecia. O trazado da cuadrícula deste núcleo urbano, situado no Convento Xurídico Bracarense en territorio do populus dos aquiflavienses, aínda é plenamente discernible na cidade portuguesa de Chaves, importante rexión mineira. Contiña interesantes estruturas urbanísticas, como amosan os achados arqueolóxicos da Ponte de Traxano co seu Padrón dos Pobos, un encoro, un acueduto e termas públicas.
-
-
Relativo ou pertencente a Aquae Flaviae ou aos seus habitantes.
-
Individuo do pobo aquiflaviense.
-
Pobo (populus) prerromano da Gallaecia, no Convento Bracarense, que tiña por núcleo principal Aquae Flaviae (Chaves). Debeu ser un pobo de profunda romanización xa que Aquae Flaviae foi o único municipio romano (municipium) do noroeste peninsular na época de Vespasiano (69-79 d C), a quen estaba dedicada a columna de Chaves (Padrão dos Povos). Debido ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon do estudo dos populi, este pobo confúndese ás veces co dos turodos ou turodoros, que ocupaban o territorio situado ao sur de Chaves.
-
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Iniciou a súa andaina política na Unión de Centro Democrático (UCD), para logo presidir Democracia Cristiana (DC) en Andalucía. En 1983 ingresou en Alianza Popular (AP) -Partido Popular (PP) dende 1989-. Ocupou escanos no concello de Sevilla (1983-1987), no Parlamento andaluz (1986-1989), no Congreso dos Deputados (1989-1993) e no Senado en representación de Andalucía. En xullo de 1993 pasou a ocupar a Presidencia do Partido Popular en Andalucía e en 1998 a secretaría xeral do Partido Popular. Foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (1996-1998) no primeiro goberno de José María Aznar, posto que abandonou para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Andalucía como candidato á Presidencia da Junta, desempeñando tralos comicios a xefatura da oposición nesa comunidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus RNA de cadea sinxela que presenta un gran pleomorfismo, con nucleocápside de simetría complexa e envoltura externa, dun tamaño que oscila entre 50 e 300 mm de diámetro. Os seus hospedeiros habituais semellan ser rilladores; algúns poden infectar o home, como os causantes de certas febres hemorráxicas (Tacaribe, Machupo, Junin, Tamiami e outras) e a febre de Lassa.
-
GALICIA
Compositor e musicólogo. Formouse musicalmente en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid, onde ampliou estudos de composición con David del Puerto, Luis de Pablo, Tomás Marco, Cristóbal Halffter e outros. Licenciouse en Musicoloxía na Universidade de Oviedo (1990). Colaborou coa Sociedad General de Autores e co Ministerio de Cultura na elaboración do Dicionario da Música Española e Hispanoamericana. É o promotor do proxecto Sistema de Especialización da Música en Vivo, no que se integran informática, electrónica, deseño de instrumentos e composición e da peza frauta, clarinete, violín, viola e violoncelo (2004).
VER O DETALLE DO TERMO
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Segovia 1440? - León, Nicaragua 1531) Conquistador castelán. Participou nas Guerras de Granada (1481-1492) e África (1508-1511). Gobernador de Terra Firme ou Castela do Ouro (1513), substituíu a Vasco Núñez de Balboa, ao que fixo decapitar no 1517. Foi un activo explorador de todo o Darién, Panamá e Nicaragua, caracterizado polo seu despotismo e crueldade.
-
CIDADES
Cidade do kraj de Krasnodar, Rusia, situada na marxe esquerda do río Kuban’ (164.000 h [estim 1995]). Situada na beira do oleoduto de Rostov e Tuapse, é un centro comercial e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e filósofo grego. Escribiu A expedición de Alexandre, considerado durante moito tempo o mellor documento sobre o tema.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gornecer de ornamentos, especialmente adornar a alguén con vestidos luxosos e outros elementos.
-
-
Relativo ou pertencente ao atavismo, que se transmite por atavismo.
-
Que manifesta atavismo.
-
Relativo aos antepasados.
-