"Afonso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 97.

  • Afonso III de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1494-1495). Fillo de Fernando I e de Isabel de Chiaramonte. Tomou parte nas guerras externas e internas do reino; participou na reconquista de Otrant (1481) en poder dos turcos e reprimiu os baróns napolitanos. Cando Carlos VIII de Francia invadiu Italia, Afonso enviou unha escuadra a Nápoles; conquistou Rapallo, pero a flota napolitana tivo que abandonala ao chegar o Duque de Orleáns. O soberano abdicou no seu fillo Fernando II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1211-1223). Fillo de Sancho I e de Dolza, filla de Ramón Berenguer IV. Consolidou a estrutura xurídica do seu reino, ditando unha serie de leis, tanto en materia civil -era contrario ás rendas eclesiásticas- como penal, de grande importancia, motivos que o enfrontaron coa Igrexa, que o excomungou posteriormente. Conquistou Alcácer do Sal que estaba en poder dos musulmáns (1217).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia e Asturias (791-842). Fillo de Froila I e de Munia. Sucesor do Rei Silo (783), foi desposuído por Mauregato, fillo de Afonso I, tendo que se refuxiar en Araba. No 791, despois da renuncia de Vermudo I (ou Veremudo), sucesor de Mauregato, subiu ao trono, establecendo a Corte en Oviedo. O acceso ao poder de Afonso II estivo favorecido, dende o primeiro momento, polos galegos, que se rebelaran contra Froila I -gobernante imposto por Afonso I- e lle axudaron a acadar o trono recoñecendo por completo a súa autoridade. A súa actividade política, que se inspiraba no modelo carolinxio de poder, orientouse cara á consolidación do Reino astur fronte ao Al-Andalus, que tentaba estender o seu dominio facendo campañas de conquista e devastación por toda a Península Ibérica, e á reivindicación dunha Igrexa autónoma con respecto ao poder mozárabe de Toledo. Durante o seu longo reinado loitou varias veces con Córdoba: fronte ao Emir Hisâm I (794); na toma de Araba por ‘Abd al-Karïm (795),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1285-1291). Primoxénito de Pedro II o Grande e de Constanza. No ano 1282 o seu pai nomeouno lugartenente dos exércitos reais e en 1285 interveu na defensa de Catalunya ao producirse a invasión de Filipe de Francia. Someteu as illas de Mallorca e Eivissa enfrontándose a Xaime II de Mallorca e herdou Sicilia. A súa política exterior estivo marcada pola defensa dos intereses cataláns no Mediterráneo; así mesmo, a Unión aragonesa foille hostil e tivo problemas coas principais potencias económicas e militares de Europa occidental (Castela, Francia, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Coimbra 1210 - Lisboa 16.2.1279) Rei de Portugal (1248-1279). Irmán de Sancho II o Capelo (1223-1248), fillo de Afonso II e sucesor seu no trono de Portugal, proclamouse Rei de Portugal despois de que o Papa Inocencio IV lle concedese a administración do reino en detrimento do seu irmán. Entre 1226 e 1229 marcha a Francia, onde recibiu unha coidada educación a carón do seu primo Afonso de Tolosa. Dende 1234, momento no que creou a súa propia casa, iniciou un proceso de proxección social marcado polo casoiro, en 1238, con Mahaud (Matilde) II -viúva do conde de Boulogne-; o outorgamento, nas terras de Oïl, do título de conde de Boulogne; e o investimento como cabaleiro. A principal preocupación de Afonso III, unha vez conquistado o Algarve en 1250 aos musulmáns, será a de fortalecer a administración rexia, mediante un importante aparello xurídico-administrativo que procurou centralizar as estruturas de poder (as Inquirições de 1258). Co fin de encontrar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia Asturias e León (866-910). Fillo de Ordoño I, que o elixiu para sucedelo nomeándoo Rei de Galicia. Este feito ocasiona a sublevación dos condes galegos Hermenexildo, que trataba de usurparlle a coroa, e o lucense Froila Vermúdez, que o acada, facéndoo fuxir a Castela; os propios homes do usurpador asasínano e proclaman Rei a Afonso. Ao longo do seu Reinado sucedéronse en Galicia as revoltas na súa contra: no 866 será novamente Hermenexildo quen se rebele; derrotado, perde os seus bens, doados polo Rei en agradecemento á basílica compostelá. Consonte o pulo que a Córdoba musulmá acadara, que obrigaba ao pago de diversas imposicións aos reinos cristiáns e á intervención na súa política interna, Afonso decidiu axudar no 873 aos Banū Qasī fronte ao Emir de Córdoba, Mu ḥ ammad I. No 876 aliouse co muladita de Mérida, ibn Marwān, vencendo entrambos o exército cordobés. No 877, ibn Marwān abandonou Badajoz poñéndose baixo a protección do rei cristián. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1327-1336). Fillo de Xaime II e de Branca de Anjou. Casou con Teresa d’Entença (1314), herdeira do condado de Urgell, polo que incorporou á coroa un dos últimos condados cataláns independentes. Cando aínda era infante dirixiu a expedición a Sardeña que partiu de Portfangás (1323). Aínda que as cidades dominadas por Pisa ofreceron resistencia, Afonso conseguiu o dominio completo da illa logrando que Pisa renunciase ás súas posesións sardas, conservando como feudo o castelo de Cáller. Afonso o Benigno moveuse entre tres influencias: o seu espírito relixioso, a súa enfermidade crónica e a intervención política da súa segunda muller, Leonor, irmá de Afonso de Castela. A súa principal preocupación política foi dirixir unha cruzada contra o Reino musulmán de Granada, se ben non logrou organizala pois o Papa Xoán XXII non demostrou ningún entusiasmo e Afonso XI de Castela e León non foi sincero coas súas intencións. Non obstante , o maior problema que tivo foi o dominio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1325-1357). Fillo de Dionisio e de Isabel de Aragón. Loitou contra Castela, pero despois reconciliouse con Afonso XI, o seu xenro, e venceu os benimeríns na Batalla de Salado (1340). Ordenou a morte de Inés de Castro (1355), casada en segredo co seu fillo Pedro, o que provocou unha guerra civil que non remataría ata poucos meses antes da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asturias e León (925-926 e 929-930) e Galicia (929-930). Fillo de Ordoño II e sobriño de Froila II. O seu reinado insírese de cheo no proceso de enfrontamentos civís que caracteriza os reinos cristiáns do NO da Península Ibérica durante o s X, conflitos internos que responden fundamentalmente á dinámica de diferenciación dos distintos territorios (Galicia, León, Asturias e a incipiente Castela) nun momento no que, como sinalan os documentos da época, aínda se recoñecen dentro do espazo que denominan Galliciense Regnum non só os correspondentes a León e Braga, senón o mesmo Sahagún. Á morte de Froila II (925), ocupou o trono o seu fillo Afonso, quen sería destronado polos seus curmáns Afonso IV e Sancho Ordóñez axudados por Sancho Garcés I de Navarra . A raíz dese feito, Afonso IV ocupou o trono de Asturias e León. No ano 926 iniciou unha campaña militar coa finalidade de anexionar Galicia ao seu Reino; custoulle a derrota e o propio trono de León, que posuirá ata a súa morte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués da segunda metade do s XIII, pertencente a unha das máis antigas e prestixiosas familias do Reino de Portugal que se implantou na zona comprendida entre os ríos Douro e Támega. A Primeira Crónica General e o Livro del Repartimiento de Sevilla menciónano como un dos participantes nas conquistas de Jaén (1246) e Sevilla (1248), polo que recibiría de Afonso X herdades como pago á súa colaboración no proceso de Reconquista. De regreso a Portugal, e durante o Reinado de Afonso III, foi Tenente de Bragança, Alcaide de Alenquer e Gobernador das terras de Sousa (1253-1277) e da comarca de Riba de Minho (1277-1280). Antes de 1251, e en data incerta, casou con Mór Gonçalves, sobriña do trobador Garcia Mendiz d’ Eixo e unha das famosas ‘netas do conde’ Mendo Gonçalves I de Sousa, célebres pola mención que delas fai Martin Soarez na cantiga satírica “Pois bõas donas son desemparadas”, na que este autor critica o rapto de Elvira Anes de Maia (filla de Guiomar Mendes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e misioneiro italiano. Fundou (1732) a congregación do Santísimo Redentor (redentoristas). O seu sistema moral (equiprobabilismo) sitúase entre as correntes rigoristas e as probabilistas. Autor de Las glorias de María (1750) e dunha Theología Moralis (Teoloxía moral, 1753-1755). Foi canonizado no 1839. A súa festividade celébrase o 2 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente portugués. Son case inexistentes os datos documentais que temos deste autor, quizais por pertencer a unha familia da pequena nobreza de escasa relevancia social. Non obstante , a súa presenza nun documento de 1290, nunha doazón de Martin Gil de Riba de Vizela ao mosteiro de San Vicente de Fora en Lisboa, permite un mínimo achegamento á súa reconstrución biográfica. Co estalo da Guerra Civil, entre os anos 1247-1253, exiliouse á Corte castelá de Fernando III, integrado no séquito de Gil Martins de Riba de Vizela, home de confianza do Rei deposto, Sancho II. Despois dunha probable participación nas campañas andaluzas, volveu a Portugal; entre os anos 1264-1275 e 1281-1285 frecuentou a Corte castelá de Afonso X, acompañando a Gil Martins e a Martin Gil, respectivamente. Atribúenselle catorce composicións: nove cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, dous escarnios políticos e un escarnio persoal. Cinco das súas cantigas de amor constan dunha única cobra, polo que é...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, durante corenta anos exerceu humildemente o oficio de porteiro do seu convento mallorquino. A lenda atribúelle que recibiu unha zorrichada de sangue do seu propio corazón, apertado por Cristo e a Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués activo no terceiro cuarto do século XIII. Pertencía á pequena nobreza da rexión de Braga. De feito, nas Inquirições de 1258 faise referencia a un tal Afonso Pais de Guimarães. A ausencia de testemuños da súa presenza en círculos reais levou a pensar nunha posible relación cos Briteiros. Así, a estadía deste personaxe nas Cortes de Afonso III e de Don Dinís estableceuse a partir da suposta relación con Men Rodriguez de Briteiros e Johan Mendiz de Briteiros. A presenza destes dous últimos trobadores nestas cortes portuguesas está atestada nas chancelerías destes reis. A súa produción poética está constituída por catro cantigas de amor e un escarnio de amor (fragmentario) onde se menciona o nome dunha dama: Sancha Garcia. Estas composicións foron copiadas tanto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Os temas presentes neste grupo de cantigas son os típicos deste xénero amoroso: o nacemento do amor a través...

    VER O DETALLE DO TERMO