"Alberte" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 42.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Sabio ou o Coxo (Viena 1298 - 1358) Duque de Austria (1330-1358), da familia Habsburgo, fillo de Alberte I. Gobernou xunto co seu irmán Otón; morto este (1339), posuíu todos os territorios dos Habsburgo. Polo seu matrimonio con Xoana (1324), filla de Ulrich, foron incorporadas Carintia, Carniola e o condado de Pfirt (1335). Someteu os cantóns de Glaris e Zug.
-
PERSOEIRO
Rei de Bélxica, fillo de Leopoldo III e Astrid de Suecia. Sucedeu o seu irmán Balduíno I de Bélxica (1993). O 21 de xullo de 2013 abdicou en favor do seu fillo, o actual rei de Bélxica Filipe I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou de Trenza (Viena 1349 - Laxenburg, Austria 1395) Duque de Austria (1365-1395) da familia Habsburgo, fillo de Alberte II. Gobernou xunto co seu irmán Leopoldo III; as diverxencias xurdidas entre eles conduciron á división de Neuberg (1379), orixe dos bandos “albertino” e “leopoldino” no seo dos Habsburgo. Alberte conservou a Alta e a Baixa Austria. Morto Leopoldo (1386), Alberte acordou unha tregua cos suízos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Paciente (Viena 1377 - Klosterneuberg, Baixa Austria) Duque de Austria (1395-1404) fillo de Alberte III. Agrupouse no bando albertino dos Habsburgo. Polo Tratado de Hollenburg (1395), gobernou xunto con Guillem, fillo do seu tío Leopoldo III.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alberte II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Pródigo (Innsbruck, Tirol 1418 - Viena 1463) Duque de Austria, do bando leopoldino dos Habsburgo, fillo do duque de Estiria, Ernesto I. Obtivo a parte occidental dos estados do seu pai, mentres o seu irmán Federico V (o futuro emperador Federico III) recibiu Estiria, Carintia e Carniola. Fíxose coa Alta Austria (1458) e a Baixa Austria (1462) trala morte de Ladislao I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle de Bélxica que vai de Anveres a Liexa e comunica o Escalda co Mosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente da confluencia de varios nomes preexistentes ao igual que Afonso. As formas anteriores serían Adalberto/Adelberto composto de adhal ‘nobreza’ e berth ‘claro, ilustre’ e Alberth composto de al ‘todo, moi’ e berth. A forma galega Alberte xa aparece no s XIV, aínda que posteriormente tamén se rexistra a forma Albertos que evoca un nominativo latinizado Albertus, coma Domingos, Xesús ou Paulos. Entre os santos que levan este nome, cómpre citar: Alberte o Magno ou o Grande (1206-1280), Alberte de Liexa (1116-1192), Alberte de Xerusalén (1150-1214), Alberte de Sicilia ou de Mesina (s XIII). O antropónimo masculino presenta a variante Albertos e o hipocorístico Berto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Alberte de Sisteron Trobador provenzal de principios do s XIII, cliente das cortes de Catalunya e Aragón, de Savoia, de Montferrat, de Malaspina e outras. Consérvanse unha quincena de cancións a miúdo dedicadas á condesa de Malaspina, seis ou sete tenzóns, e un sirventés de tema amoroso.
-
GALICIA
Poeta e avogado. Pertenceu ao grupo dos precursores do rexurdimento literario galego. Vinculado ás actividades da Academia Literaria, colaborou con artigos e poemas na prensa galega (El iris de Galicia, El Miño, El Porvenir, La Aurora de Galicia, etc) e non galega (La Antorcha e La Esperanza). A súa obra poética, en parte destruída trala súa morte por mandato do propio autor e en parte perdida, insírese na estética do romanticismo. Os seus poemas en galego de maior difusión foron “O desconsolo” e “Nai chorosa”. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre os anos 1848 e 1849. En castelán escribiu, entre outras obras, o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1831-1849). Fillo de Carlos Manuel de Savoia, príncipe de Carignano. Participou no levantamento de marzo de 1821; trala abdicación do seu primo, Víctor Manuel I, instituíuse rexente do reino e proclamou a constitución das Cortes de Cádiz do 1812. Ante a intervención de Austria e a entronización de Carlos Félix no 1821, tivo que retirarse. Loitou xunto cos Cen Mil Fillos de San Luís fronte aos liberais españois en 1823. En 1831 foi proclamado rei e adoptou unha actitude ambigua respecto ao movemento do Risorgimento: reprimiu a axitación mazziana (1833-1834) e adoptou medidas liberais. Encabezou a guerra pola unidade e foi derrotado en San Donato, no 1848, e en Novara, no 1849. Abdicou a favor do seu fillo Víctor Manuel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Activo en Santiago de Compostela a finais do s XVI, en 1585 realizou unha cruz de prata para a igrexa de Santa María de Aguións (A Estrada) e outra, en 1592, para Santa María de Frades (A Estrada), coas imaxes de Cristo, os catro evanxelistas e a Virxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito en Santiago de Compostela, fundou e dirixiu as publicacións La Pluma, La Semana e La Defensa de Galicia, e colaborou en O Tío Marcos da Portela e El Derecho. Da súa produción destacan Luchar por la patria, Gritos del alma, Volvoretas (1887), Chorimas (1890), Leenda de groria (1891) e Follas de papel (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Licenciado en Belas Artes, na década de 1990 foi o responsable en Lugo do fanzine experimental Kedeké. Colaborou en O Fanzine das Xornadas, Ovo e Semana de Banda Deseñada. En 2001 coordinou a exposición colectiva Microclimas. Dirixe a librería especializada Tótem de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e narrador. Membro das Redes Escarlata, participou na obra colectiva Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (2003) e publicou O lobo da xente (Premio Narrativas Quentes, 2003), ademais de coordinar a revista literaria Espasmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Guitiriz. Construíuse en estilo gótico, ten unha soa nave rectangular e ábsida case cadrada, con cuberta de lousa. O arco triunfal é apuntado. A primitiva cuberta da nave era un artesoado que se ocultou polo teito de madeira. A ábsida cóbrese cunha bóveda nervada sexpartita. No interior destacan os capiteis das columnas, decorados con motivos vexetais, harpías e cabezas humanas. No exterior, os muros, de cantaría, reforzáronse con contrafortes. A fachada principal é do s XVIII e ten porta arquitrabada e espadana dun van con remates neoclásicos. No lado sur consérvase unha das portas da construción orixinal cun arco de medio punto lixeiramente apuntado.
-
GALICIA
Deseñador gráfico. Formouse na Escuela EINA de Barcelona e en 1992 creou Permuy Asociados SA. O seu traballo esténdese aos campos da identidade corporativa, o deseño de marcas e logotipos, o deseño de publicacións e o deseño editorial, empresarial e institucional. Destacan, entre outras, os traballos realizados para o Xacobeo 99, o Consorcio de Santiago de Compostela, a Fundación Eugenio Granell, o Centro Dramático Galego e Galicia Terra Única. Participou, entre outras, nas mostras Barcelona 92, la creativitat gráfica a l’esport olímpic (1989), Galicia: tradición y diseño (1991) e Signos del Siglo. 100 años de Diseño Gráfico en España (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras de orixe galega. Traballou con Xoán López Freire no convento da Compañía de María, no consistorio e nos cárceres de Santiago de Compostela (1767). Tamén participou nas obras da Universidade de Santiago de Compostela, na construción da fachada nova da catedral de Lugo e nas obras de reedificación da igrexa de Santiago de Pontedeume. O seu irmán Melchor Ricoy traballou no santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades en Silleda (1765-1787), foi o encargado de construír a vía pública entre Ponte Sampaio e Santiago de Compostela e realizou pontes como a de Valga e a de Malvar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo BNG (1990-2001) e membro do consello nacional de BNG. Foi avogado da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e da Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) e participou, en 1992, na creación do partido Esquerda Nacionalista, do que foi secretario xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Parga, en Roca (Guitiriz). Trátase dunha ponte de dous arcos oxivais e tallamar triangular realizada en cantaría e laxes no s XIV. Atópase nun ramal do Camiño Real de Madrid á Coruña.