"Aman" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
-
Que amaña.
-
Quen se dedica a poñer no seu sitio os membros escordados.
-
-
-
Dispor algo de modo correcto ou axeitado.
-
Resolver ou preparar algo por medio dun acordo ou amaño.
-
Reparar e pór en bo estado algo que estaba estragado.
-
Preparar por medio de influencias, artimañas ou subornos algo, de xeito que semelle legal aínda que non o sexa.
-
Facerse cos medios ou o enxeño precisos que conduzan á resolución dun problema ou para dar feito algo.
-
Asear, vestir, peitear e arranxar unha persoa para que teña un bo aspecto.
-
Prepararse unha persoa para ter un bo aspecto físico.
-
Facer as cousas dun xeito individual e sen axuda, principalmente cando presentan unha dificultade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de amancebarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntarse con outra persoa, xeralmente tornándose en amante desta ou mantendo unha relación determinada de parella sen estaren casados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amancio Amaro Varela.
-
PERSOEIRO
Fora convertido por santo Honorato e chegou a ser o primeiro Bispo desta cidade francesa. Cóntase que grazas á súa oración un lóstrego esnaquizou un ídolo, deixando cegos aos seus adoradores. É o patrón de Rodez, aínda que as súas reliquias están na igrexa de Santa Fe de Conques.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín Amantius e este derivado do participio de presente do verbo amare, isto é, amantem ‘que ama’. Existen sete celebracións diferentes para santo Amancio de Rodez (s V): 10 de febreiro, 19 de marzo, 8 de abril, 6 de xuño, 10 de xuño, 26 de setembro e 4 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de dispor o liño en feixes unha vez que secou.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da Terra de Lemos, na diócese de Lugo, que comprende as parroquias do concello de Sober.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área produtora do viño do mesmo nome, integrada polas parroquias de Doade, Amandi, Lobios, Pinol e Santiorxo, no concello de Sober, hoxe incluída na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, cunha superficie de cultivo de 400 hectáreas e cunha produción de 350.000 litros, dos que o 70% son de tinto, e o 30% de branco. O cultivo da vide na Ribeira Sacra foi introducido polos romanos, a principios do s I d C, ao decatáranse da excepcionalidade da localización xeográfica para a produción de viño, na solaina dos canóns do Sil. Para a plantación do viño o traballo foi enorme polo forte desnivel da ribeira, que fixo precisa a gradación dos bancais de pedra para evitar os arrastres e a erosión da pequena capa de solo que tiñan para acadar o encaixamento das cepas cuns mínimos de profundidade. Nesta magna obra, que aínda perdura tras case dous mil anos de historia, traballaron 5.000 escravos trasladados para a mesma dende os complexos mineiros das Médulas e Montefurado. Na Idade Media, viuse incrementado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina vexetal presente nas améndoas.
-
GALICIA
Pintor establecido en Vigo. Nos anos oitenta a súa obra baseábase en actitudes expresionistas, pero posteriormente a natureza e a arquitectura pasan a mesturarse sen vontade de esteticismo. Ten a súa obra en coleccións públicas. Foi promotor e comisario da exposición Medievo (1995), no castelo de Soutomaior, onde entre outros estaban, Hernández Pijuán, Nacho Criado, Eva Lootz, Menchu Lamas e Antón Patiño. É fundador e editor da revista Microfisuras, que coodirixe cos filósofos Ignacio Castro, Francisco Jarauta e o pintor Antón Patiño. Escribiron sobre a súa obra entre outros, Miguel Fernández Cid, Antón Castro e Fernández Castro Flórez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi Bispo desta vila belga, frade na illa de Yeu e despois en Tours e Bouges; tamén Apóstolo de Flandres, pois evanxelizou a rexión de Gante e fundou varias abadías. Era moi devoto de san Pedro. A lenda di que estando en Roma pasaba as noites na basílica vaticana; unha vez que o expulsaron dela quedou nas escaleiras, onde se lle apareceu san Pedro para ordenarlle volver á Galia. Tamén se conta del que librou de serpes a illa de Yeu facendo un burato no chan; lenda semellante á de santo Adrián en Galicia e a de san Patricio en Irlanda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe de Yeu e Bispo. Foi o evanxelizador de Bélxica e o propagador do monacato tanto na Galia como nos países nórdicos. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín amandus ‘que merece que o amen’. Un antigo Amando sería o que lle daría nome ás terras de Amandi, da Ribeira Sacra, de gran sona polos seus viños; unha vez máis, como adoita acontecer un antropónimo convértese en topónimo. A festa de santo Amando de Maastricht (s VII) celébrase o 6 de febreiro.
-
-
Abrir o día, aparecer a luz do sol pola mañá.
-
As primeiras horas do día.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico quincenal, voceiro da “Unión Socialista Galega”, que apareceu en Santiago de Compostela no mes de xullo de 1933. Foi dirixido polo avogado Xoán Xesús González, e tivo de colaboradores a destacados galeguistas como Francisco Fernández del Riego ou Eduardo Blanco Amor. Durou apenas seis meses e estivo redactado parcialmente en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo poético formado na Coruña en 1953 composto por Alfonso Gallego Vila, Xosé Guillén, Manuel Álvarez Torneiro e Antón Avilés Vinagre, tralos que estaba a figura de Miguel González Garcés. Organizaban recitais e conferencias nos locais da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo. Promoveron a publicación duns cadernos de poesía co mesmo nome do grupo, editados polo Club Imperio del Frente de Juventudes da Coruña, presidido por Ricardo Fernández Castro. O director desta publicación, da que saíron á luz catro números entre 1957 e 1958, parece que foi Pantaleón de Escalante. Desapareceu en 1960.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista nada en marzo de 1957 na Coruña e editada pola Delegación de Educación Nacional da Universidade de Santiago. Cesou en marzo de 1958. Promovida por Miguel González Garcés e polo Club Imperio do Frente de Juventudes da Coruña, contén composicións poéticas de temática amorosa e relixiosa de autores pertencentes ao grupo Amanecer, como Manuel Álvarez Torneiro, Avilés de Taramancos, Rosario Barros, Urbano Fernández e Xulio Seijas, entre outros.