"Arta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • Boletín aparecido no segundo trimestre de 1990 na Coruña e subtitulado “Boletín informativo de la sociedad de montaña Artabros”. Nesta publicación difundíanse as actividades da asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada o 6 de maio de 1998 en Narón, baixo a presidencia de Mauricio Castro Lopes. Declarada de interese galego, desenvolve actividades socioculturais encamiñadas ao estudio, defensa e divulgación das tradicións galegas. Realiza exposicións, espectáculos teatrais, proxeccións de vídeo; organiza conferencias, obradoiros de etnografía, recitais de poesía, concertos, cursos de danza, de música e de lingua. Editou os libros Manual de iniciaçom à língua galega, de Mauricio Castro e GONG, de Carlos Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo aos ártabros.

    2. Individuo do pobo ártabro.

    3. Pobo índixena (populus) da Gallaecia, no convento xurídico lucense que, segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba as rías de Ferrol, Betanzos e A Coruña. Adobriga e Flavium Brigantium semella que eran dous importantes núcleos na súa área de influencia; sen embargo, os únicos que se adscriben de xeito único a este pobo son, entre outros, Buro, Olina e Vica. Debido ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon dos pobos indíxenas este pobo aparece, ás veces, co nome de arrotrebas (arrotrebae).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, na Terra de Tafalla (1.676 h [1996]). A súa actividade industrial baséase nos seus recursos agrarios (cereais e vides). Cómpre salientar entre o seu patrimonio cultural as igrexas de San Pedro e San Saturnino (ss XII-XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte. A súa obra é froito dun dilatado proceso de reelaboración de imaxes e signos con preferencia polo debuxo, empregando técnicas de moita precisión, como o aerógrafo. O resultado son obras que transmiten unha serenidade case mística. A súa investigación teórica céntrase na semiótica das artes icónicas. Foi profesor invitado nas Universidades de Madrid, Zaragoza e Santiago de Compostela. Expuxo en diferentes salas de España e Francia. En 1980, xunto con María José Moreno, fundou a Academia de Belas Artes de Vigo, onde se formaron moitos pintores vigueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. É autora dunha obra de tendencia realista, aínda que empregue referentes surrealistas en creacións como As Caracolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, no val de Artana (1.909 h [1996]). A súa actividade industrial está baseada en recursos naturais, destacando o aceite, famoso pola súa calidade. Os restos do seu castelo conservan parte dunha antiga construción romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, actor, director e teórico teatral. Creador de diversas compañías de teatro de desigual fortuna, as súas achegas máis interesantes hai que situalas no eido da reflexión e das propostas de carácter teórico, sobre todo aquelas nas que enunciaba o Teatro da Crueldade, nas que reclamaba a recuperación dunha teatralidade renovada ou nas que mostraba a transcendencia doutras tradicións teatrais. Foi membro do grupo surrealista de Breton (1924), pero axiña rompeu con este para atacalo. Desta época son dous libros de poesías: L’ombilic des limbes (O embigo dos limbos, 1925) e Le Pèse-Nerfs (O Pesa-Nervios, 1927). Publicou L’art et la mort (A arte e a morte, 1929) e Le manifest du théâtre de la cruauté (O manifesto do teatro da crueldade, 1932), onde expuña a súa utopía dramática de influencia oriental. A única concreción das súas concepcións teóricas é Les Cenci, que foi un fracaso (1935). O seu libro El teatro y su doble, publicado orixinalmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador persa (464-424). Apoderouse do trono, impoñéndose ao seu irmán Histaspes, despois da morte do seu pai, Xerxes I. Axudou a Esparta contra Atenas, sen embargo, logo da Paz de Cimón (449), volvéronse ambas as dúas contra Persia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Persia (404-358). Fillo de Darío II e de Parísatis, e irmán de Ciro o Novo, que se alzou en contra del e conduciu un exército de mercenarios gregos ata Babilonia, onde foi derrotado e morreu, en tanto que os gregos, comandados por Xenofonte, fuxían cara ao mar Negro, segundo a Anábase. Chegou a dominar as cidades da Xonia, defendidas por Arxesilao de Esparta, e proclamou a chamada Paz do Rei ou de Antálcidas. Durante o seu mandato, Exipto separouse do poder real, sendo recuperado polo seu fillo, que o sucederá como Artaxerxes III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador persa (358-338). Asasinou os seus irmáns trala morte do seu pai, Artaxerxes II, e conseguiu ser coroado Rei. Reconquistou Exipto, perdido dende a época do seu pai, e negociou con Filipo de Macedonia e cos atenienses. Morreu envelenado; logo del, o Imperio Persa Aquemérida iniciou a súa decadencia definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe vasca que se asentou en Muros, onde teñen casa e capela brasonadas. A esta vila chegou Juan Antonio de Artaza y Olaguíbel, natural de Górliz, quen estableceu casa e capela brasonadas logo de obter hábitos e de probar a súa nobreza. Ascendentes desta familia serviron aos reis españois na batalla do Salado e na conquista de Granada. A nobreza desta liñaxe consta nunha Real Provisión de Carlos IV, do ano 1806. As súas armas levan, en campo de azul, unha torre con homenaxe de ouro e, saíndo por enriba das ameas, medio corpo dunha aguia voante de sable coas ás despregadas e linguada de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Dereito. Foi cronista oficial da súa vila natal e escribiu varias obras, sobre todo de carácter histórico. Publicou El Serafín de Asís y su Orden Tercera (1910), Reconquista de Santiago en 1809, Muros: Páginas de su historia (1922) e Da nosa terra. Folklorismo e historia (1936), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a síntese dos acordos tratados no IV Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM), de 1933. Tivo un carácter de manifesto e prevaleceron as ideas urbanísticas de Le Corbusier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración asinada o 14 de agosto de 1941 por Franklin Delano Roosevelt, Presidente dos EE UU, e polo Primeiro Ministro británico Winston Churchill, onde se expresaban principios comúns das súas políticas nacionais que se seguirían durante o período da posguerra. Defendía o dereito de todos os pobos a elixir a súa propia forma de goberno, a non imposición de novas fronteiras, o desexo de cooperación económica entre as nacións e a mellora das condicións de vida para os traballadores. Recoñecía o principio de liberdade dos mares e expresaba a convicción de que a humanidade debía renunciar ao uso da forza nas relacións internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Cartago (393-430). Como dirixente da Igrexa africana afrontou, xunto con santo Agostiño, os problemas donatista e pelaxiano, defendendo a ortodoxia perante os pelaxianos. Convocou os grandes sínodos do 411. Enfrontouse ao Papa Zósimo, quen non aceptaba as accións dos bispos africanos. Introduciu o canto dos salmos nas celebracións litúrxicas e otorgou aos presbíteros a facultade de predicar substituíndo os bispos. Aurelio Agostiño foi colaborador seu. No martiroloxio xeromiano conmemórase o 20 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista italiano. Gañador do Tour de Francia nos anos 1930 e 1948 e do Giro de Italia nos anos 1936, 1937, 1943 e 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillaume de Saluste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Estudiou Arquitectura e Leis na Universidade de Medellín. Membro do partido conservador, foi ministro de Traballo no gabinete de Guillermo León en 1963 e embaixador en España en 1964. Presidente do 1982 ao 1986, o seu goberno caracterizouse polos intentos de deter a actividade guerrilleira en Colombia. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ximnasta. Campiona de España en diversas ocasións e en distintos aparatos, foi membro do equipo español de ximnasia rítmica e participou nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Tras abandonar a práctica deportiva, principiou a súa carreira como técnica e teórica da súa especialidade. Licenciada en Educación Física pola Universidade de Toronto (Canadá), acadou ademais o título de adestradora nacional de ximnasia rítmica. É profesora do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia. Foi adestradora do equipo nacional canadense de ximnasia.

    VER O DETALLE DO TERMO