"Asio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • Esmagamento cirúrxico, mediante o basiotribo, da cabeza do feto morto dentro do útero, para facilitar a súa extracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde visigodo. Dominou a zona navarro-aragonesa do Ebro. Ao producirse a invasión musulmá de Mūsà ibn Nu ṣ ayr, pactou con el e renegou do cristianismo. Os seus descendentes formaron a familia Banū Qasī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano. Durante a guerra civil (49-46 a C) foi prefecto da flota pompeiana. Despois de Farsalia reconciliouse con Xulio César, pero foi un dos líderes principais na conspiración que preparou o seu asasinato (44 a C). Posteriormente, foi gobernador de Siria e aliouse con Bruto contra o triunvirato. Foi vencido en Filipos e un liberto deulle morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, monxe e político romano. Ao principio do s VI tivo unha importante actividade política; no 533 chegou a prefecto pretorial e influíu poderosamente na reconciliación de Teodorico coa Igrexa romana. Cara ao 550, fundou o mosteiro de Vivarium, preto de Scylacium (Squillace), de liña beneditina, onde se dedicou á transmisión da cultura grega mediante a copia de manuscritos e pergamiños. Ademais, empregaba no ensino algunhas das súas obras e no seu programa de estudios incluía as Sagradas Escrituras e as artes liberais. Como político escribiu Variae (Varias), conxunto de cartas con referencias a decretos e editos imperiais. Dos seus escritos filosófico-teolóxicos destacan De anima (Da alma), Institutiones divinarum et saecularium litterarum (Disposicións sobre as letras divinas e profanas) e Historia ecclesiastica tripartita (Historia eclesiástica tripartita). Tamén escribiu unha recompilación titulada De orthographia (A ortografía),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller de Cefeo, rei de Etiopia, e nai de Andrómeda. Fachendosa coa beleza da súa filla, atreveuse a rivalizar coas Nereidas. Poseidón castigouna pola súa vaidade e enviou un monstro mariño contra o seu país. Para calmar a cólera divina, Andrómeda houbo de ser entregada ao monstro, pero Perseo logrou matalo e quedou coa princesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada ao N da Andrómeda e ao O da Xirafa. Constituída por unhas 30 estrelas visibles a simple vista, a máis brillante (α) ten unha magnitude de 2,1 a 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. De formación neoclásica, é un dos precursores do romanticismo. A súa obra poética recolleuse, por orde de Fernando VII, en dous volumes co título Obras poéticas (1816). Escribiu tamén traxedias e publicou unha serie de artigos que motivaron a súa deportación a Francia en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción erosiva exercida por partículas areosas e pequenos fragmentos de rocha que transporta o vento nas áreas onde teñen lugar fenómenos de deflación. Ao chocar contra as rochas núas fan un lento traballo de abrasión, particularmente intenso ao nivel do chan, onde a concentración de area transportada é máxima; deste xeito, orixinan formas peculiares como relevos residuais ou rochas en forma de fungo e covas nas masas rochosas de consistencia desigual. Nos solos arxilosos dalgúns desertos forma típicos relevos con arestas inestables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • frei (Vitoria s XVI - Madrid?) Monxe cisterciense. Doutor en Teoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, predicador xeral, e abade do Colegio de Alcalá de Henares. Foi nomeado por Filipe IV abade dos mosteiros de Iranzu, Fitero e La Oliva. Escribiu De traslatione episcoporum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ximnasta. Comezou a practicar a ximnasia na escola e con 11 anos ingresou no Centro de Alto Rendimiento (CAR) de Sant Cugat del Vallès. De alí pasou ao CAR de Madrid e en 1995 debutou co equipo español de ximnasia artística. Especializouse no exercicio de chan, do que se proclamou campión de Europa júnior (San Petersburgo 1998), subcampión mundial absoluto (Tianjin 1999) e subcampión europeo absoluto (Bremen 2000); sen embargo, na súa primeira participación olímpica, nos Xogos de Sidney 2000, non se clasificou para a final da súa especialidade. Pola contra, obtivo a Medalla de Ouro e o título de Campión Olímpico na competición de salto, disciplina na que, ao remate dese ano, ocupou o primeiro posto da clasificación mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de inflorescencia na que cada flor presenta outras dúas laterais por baixo dela. Esta organización floral é común na familia das cariofiláceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul e historiador de orixe grega. Chegou a Roma logo do ascenso ao trono do Emperador Comodo (180) e accedeu ao Senado romano. Nomeado pretor durante o goberno de Pértinax, foi cónsul con Septimio Severo e máis tarde acompañou a Caracalla na súa expedición a Oriente (216). Durante o goberno do Emperador Severo Alexandre (222-235), administrou o proconsulado de África, as provincias imperiais de Dalmacia e Panonia Superior, e foi cónsul (229). Despois abandonou a vida pública e retirouse a Bitinia. Escribiu unha Historia Romana en oitenta volumes, dos que se conservan vintecinco, que abranguen o período comprendido entre o 69 a C e o 47 d C, e entre o 216 e o 219. Empregou, entre outras fontes, os antigos anais romanos, e dende o libro 36 en adiante, as obras de Tito Livio e Tácito. Destacan os capítulos que adica á súa época e nos que analiza a clase senatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disuadir.

    2. Estratexia política internacional fundamentada na construción e acumulación de armamento co fin de desanimar os adversarios en potencia de tomar a iniciativa dunha agresión armada, que provocaría unha resposta máis destrutiva.

    3. Termo que alude a unha das dúas opcións ou finalidades que persegue o xénero deliberativo, un dos tres xéneros oratorios recoñecidos desde Aristóteles xunto ao xudicial e ao epidíctico. Un discurso pertencente a este xénero ten como obxectivo argumentar a conveniencia ou non dunha determinada acción, atendendo, principalmente, á súa maior ou menor utilidade para a comunidade. Así se se aconsella levala a cabo, o discurso será suasorio e, no caso contrario, disuasorio. A base da disuasión está na acumulación de exemplos que ilustren a posición en contra adoptada polo orador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da socioloxía política que estudia os partidos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Hispania. Segundo o Misal Romano de Galicia foi bispo de Illiturgi, vila na que sufriu martirio. No s VII o Rei Sisebuto levantou sobre o seu sartego un templo. En tempos da persecución sarracena trasladouse o seu corpo ao Val do Mao (O Incio), onde se venera dende aquela. A súa festividade celébrase o 18 de maio no Val do Mao, aínda que no Misal Romano de Galicia figura o 16 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo latino, xentilicio da comarca do río Éufrates en Mesopotamia, que significa ‘persoa alegre’. O nome feminino corresponde a un substantivo grego, euphrasía (ε ὐϕ ρασία) ‘alegría, sentimento festivo’. Santo Eufrasio (s I) foi un dos primeiros bispos que os cristiáns de Roma mandaron a Hispania. Santa Eufrasia (380-410?) foi unha virxe de Constantinopla que se retirou á Tebaida exipcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui. Mártir no 82, segundo o episcopoloxio do beneditino san Prudencio de Sandoval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de evadir ou evadirse.

    2. Fuxida dun preso ou un condenado do establecemento penal no que estaba recluído.

    3. Saída ilegal de diñeiro ou doutros activos líquidos dun país cara a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é produto da fantasía ou que contén moitos elementos procedentes dela.

    2. Que se deixa levar moito pola fantasía e a imaxinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús (1736) e estudiou filosofía e teoloxía en Palencia e Valladolid (1740-1743). En 1746 foi enviado como misioneiro a Filipinas, onde tamén exerceu como profesor de matemáticas no colexio de San Ignacio de Manila. En 1767, en virtude do decreto de expulsión dos xesuítas dos territorios da monarquía hispánica, trasladouse a Italia. Foi o autor de Galicia. Reino de Cristo Sacramentado y primogénito de la Iglesia entre las gentes: [...] (1750).

    VER O DETALLE DO TERMO