"Asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou o filósofo aragonés (Pedrola, Aragón 1525 - Zaragoza 1581) Nobre e erudito. Conde de Ribagorza, duque de Luna e de Vilafermosa, casado con Luísa de Borja e de Aragón (1541). Foi educado en Santiago de Compostela e na corte como meniño da Emperatriz Isabel e do Príncipe Filipe, a quen acompañou a Flandres, onde tomou parte na Batalla de San Quintín (1557). Escribiu: Memorias Históricas de los Condes de Aragón, Historias de los reyes, condes y obispos de Ribagorza, Gistau, Pallás..., Vida del conde de Luna don Lope y de su hermano el arzobispo e Diálogos de medallas antiguas y de otros monumentos raros.
-
PERSOEIRO
Parapsicólogo e director de cine. Está especializado en fenómenos paranormais e ocultismo en xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor vasco. Director do museo de Arte Moderna de Bilbao (1924-1927), dedicouse preferentemente á pintura mural. A súa produción evolucionou dende un Sintetismo (corrente pictórica postimpresionista) ata un Realismo social de raíz étnica, emparentado co Fauvismo e co Cubismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Operación cirúrxica que ten por obxecto construír unha nova articulación mediante a interposición de próteses para substituír outra destruída ou anquilosada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1980 por unha trintena de artistas, críticos e persoeiros do eido da cultura baixo a presidencia de Xulio Maside. O seu fin prioritario é promover o desenvolvemento e perfeccionamento da cultura artística galega entre os seus membros e no ámbito social, así como a defensa e pulo da arte na escultura, na ornamentación ambiental, no gravado, na arquitectura, etc. Xunto coa Asociación de Artistas de Pontevedra e a Asociación de Artistas de Ourense, constituíu a Federación Galega de Artistas Plásticos en 1990 coa presidencia de Miguel Mosquera. Froito do dinamismo cultural promovido por esta asociación, creouse o Grupo Nome integrado polos pintores X. Maside, X. G. Pardiñas, Morquecho, Bibian, Anselmo Lamela, Quintana Martelo e a escultora Mª Xosé Díaz. Actualmente está obsoleta, só ten existencia a nivel enunciativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
iño italiano, preparado con uva moscatel branca, vendimado nos arredores da cidade de Asti (Piemonte).
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Asti, no Piemonte, Italia, próxima ao río Tanaro (73.373 h [1997]). Centro agrícola e comercial dunha fértil área vitivinícola. Antigo centro ligur e despois colonia romana chamada Hasta Pompeia, converteuse durante o s VI en feudo dun condado longobardo. No s XII erixiuse en municipio libre. Sometida aos Visconti de Milán (s XIV), formou parte do dote de Valentina Visconti (dona de Luís de Orleáns) e quedou en poder de Francia ata 1529, data na que foi cedida ao Emperador Carlos V polo tratado de Cambrai. En 1575 incorporouse a Savoia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Piemonte, Italia (1.511 km2; 209.934 h [1997]). A súa capital é Asti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego. Fillo de Héctor e Andrómaca. Despois da caída de Troia e a morte do seu pai, foi precipitado, sendo meniño, dende o alto dunha das torres da muralla de Troia por decisión dos xefes gregos, en especial Ulises. A súa morte foi obxecto de representacións pitóricas (vasos áticos) e tema literario (traxedias de Séneca e, posteriormente, Racine).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade estratigráfica do Pliocénico superior, seguida polos depósitos lacustres do Vilafranquiano, e situado enriba do Plasenciano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Astiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Media (584-555 a C), fillo de Ciaxares. Casou a súa filla con Cambises I de Persia, e tiveron un fillo, Ciro o Grande, co que Astiaxes entrou en guerra. Problemas fronteirizos enfrontárono ao seu neto, que o venceu sucesivamente en dúas batallas. Uniu os reinos de Media a Persia.
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Gipuzkoa, no País Vasco, bañado polo río Urumea (3.178 h [1996]). En 1987 segregouse de Donostia, capital do territorio e cidade coa que mantén estreitos vínculos funcionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade romana correspondente á actual Écija. Capital do convento xurídico de Astigita, na provincia da Bética. O río Genil era navegable ata ela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao astigmatismo.
-
Afectado de astigmatismo.
-
Que corrixe o astigmatismo.
-
-
-
Alteración da refracción do ollo, como consecuencia de que as distancias focais dos diferentes meridianos do globo ocular, principalmente os da curvatura córnea, non son iguais.
-
Aberración dun sistema óptico que consiste no feito de que a imaxe dun punto obxecto non é un punto senón dúas rectas (rectas focais de Sturm), perpendiculares entre si. Preséntase tanto en sistemas de revolución como noutros sistemas (lentes cilíndricas e tóricas, ou o ollo astigmático). A causa desta aberración consiste en que a superficie da onda emerxente do sistema óptico non é esférica, senón que ten dous centros de curvatura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello empregado para medir os graos de astigmatismo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidade Autónoma de Cantabria, na ribeira do Mar Cantábrico (13.010 h [1996]). Localizado nas inmediacións de Santander, mantén estreitos vencellos funcionais con esta cidade. As principais actividades económicas son a industria metalúrxica, alimenticia e de construción e reparación de navíos (Astilleros de Santander). No tempo de Carlos III, ao remate do s XVIII, establecéronse alí os estaleiros da armada real, dándolle o nome ao lugar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de construcións navais, creada en 1969 en Madrid ao fusionarse a Sociedad Española de Construción Naval, Euskalduna e Astilleros de Cádiz. Posúe instalacións no País Vasco, Galicia, Andalucía e València. É a cabeza dun grupo de filiais entre as que destacan Astander, Juliana e Celaia, todas elas relacionadas coa construción naval. Segunda empresa do seu sector en 1984, estivo moi afectada pola baixa de pedidos a nivel internacional. Pertence totalmente ao INI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movementos das plantas causados exclusivamente por estímulos internos, polo tanto sen a intervención de estímulos de fóra.