"Aw" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 264.

  • PERSOEIRO

    Escritor exipcio. Moi prolífico, as súas obras, reflexo dos costumes e da vida dos fellah, deben enmarcarse no eido do realismo contemporáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Paquistán, á beira do río Sutkej (180.263 h [1981]). Foi capital do principado homónimo, que se liberou do dominio afgano a finais do s XVIII. A comezos do s XIX os sikhs e os británicos recoñecéronlle a independencia. Forma parte do Paquistán desde 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Portas decoradas con relevos e inscricións de bronce alusivas ás campañas reais, que pechaban o pazo do Rei Salmanassar III de Asiria, en Imgur-Enlil (actual Balawat, ao L de Mosul, Iraq), preto de Nimrud. Foron descubertas en 1878 e constitúen un documento fundamental (iconográfico e textual) para coñecer os exércitos asirios do s IX a C. Consérvanse no British Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Colaborou coa administración británica e influíu na adopción do federalismo como modelo de organización do seu país. Foi primeiro ministro dende o ano 1957, e coa independencia de Nixeria (1960) nomeárono primeiro ministro da federación (1961-1966). Participou na organización do OUA. Morreu asasinado en 1966, no transcurso dun golpe de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Brunei e do distrito de Brunei e Muara (45.867 h [1991]). O seu carácter capitalino reflíctese na importancia dos sectores comercial e administrativo, exercendo unha atracción funcional que abrangue todo o territorio nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro mineiro de Myanmar con reservas de prata, chumbo, estaño, volframio, cinc, cobre e níquel. A explotación dos xacementos de prata e de chumbo comezou no s XIX. Abandonados no 1855, foron abertos de novo en 1907 pola British and Burma Corporation Limited. A produción acadou o seu máximo apoxeo no ano 1935 e diminuíu fortemente a partir da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Waclaw Rawicz .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārāstra, provincia de Deccan, na presindecia de Bombai, India (132.146 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na resistencia polaca. En 1933 foi condenado a sete anos de prisión. Foi Presidente da República (1947-1952) e no 1954 pasou a encabezar o comité central do Partido Obreiro Unificado polaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Destacou como poeta coa súa obra Lyric poems (Poemas líricos, 1894), e escribiu varios dramas nos que introduciu técnicas do teatro xaponés como en The Young King (O Rei mozo, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe da tribo india dos sauks, nos EE UU. En 1812 combateu ao lado dos ingleses; en 1831, á fronte das tribos síux e fox, fixo fronte aos colonos brancos establecidos nas terras de Illinois, onde foi derrotado e feito prisioneiro en 1832.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, principal teórico da escola austríaca. Exerceu como ministro de Finanzas e profesor de Economía na Universidade de Viena. Foi un dos principais críticos da teoría económica de Marx. A súa achega principal foi a introdución do tempo na teoría da produción. O tempo presenta rendementos decrecentes: o período de produción implicado pola utilización de capital crece máis á présa ca a cantidade e a calidade do produto. Os bens presentes valen máis ca os futuros, segundo a formulación da súa teoría do interese. A súa obra principal é Kapital und Kapitalzins (Capital e intereses do capital, 1884-1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e actor polaco. Traballou inicialmente en Moscova con Stanislavski, para logo dirixir filmes de propaganda vermella como Khleb (1918). Viaxou por Alemaña, Francia e finalmente os EE UU, onde dirixiu a actores destacados como Gary Cooper en Operator 13 (O espía nº 13). Foi coñecido sobre todo polo filme The garden of Allah (O xardín de Alá). Dirixiu tamén The last of the lone wolf (O último lobo solitario, 1930), Les miserables (Os miserables, 1935) e The last of Mrs. Cheyney (A última conquista da señora Cheyney, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés, fillo de William Henry Bragg. Traballou co seu pai, con quen estableceu a lei de Bragg. Substituíu a E. Rutherford como profesor na Universidade de Manchester e como director do laboratorio Cavendish de Cambridge. Recibiu o Premio Nobel de Física xunto co seu pai en 1915. É o autor de The Crystalline State (O estado cristalino, 1934), Electricity (Electricidade, 1936) e Atomic Struture of minerals (Estrutura atómica dos minerais, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta polaco. Inspirado primeiro na revolución, como dan mostra as súas obras Wiatraki (Muíños de vento, 1925), Krzyk ostateczny (O último berro, 1939) ou Bagmet na broń (Baioneta calada, 1943), evolucionou logo cara a un lirismo intimista que reflicte en títulos como Anka (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Morto na Primeira Guerra Mundial, transformouse en símbolo da xuventude desaparecida na guerra. Publicou Poemas (1911) e, postumamente, 1914 and other poems (1914 e outros poemas,1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo do Neolítico recente e do Calcolítico (IV milenio a C) de Wloclawek (Polonia). Os seus asentamentos caracterízanse polos longos edificios trapezoidais con fosas e tumbas. Tanto pola composición dos enxovais como pola disposición dos corpos, interprétase que existía unha división social por sexos. A metalurxia local estaba desenvolvida, como demostran a presenza de crisois de cerámica nos xacementos, non obstante non se coñecen minas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Zimbabwe que constitúe a provincia homónima (479 km2; 620.936 h [1992]). É o segundo centro comercial e o primeiro núcleo industrial do país, baseado no sector metalúrxico do ferro e do estaño. Hai minas de ouro e asbesto nos arredores. Encrucillada de comunicacións terrestres, ten aeroporto internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política estadounidense. Casou en 1902 con Taddeus H. Caraway, congresista e senador por Arkansas. Cando este morreu, en novembro de 1931, foi designada para substituílo no Senado e converteuse na segunda muller senadora dos EE UU. En xaneiro de 1932 gañou a votación convocada ao efecto e, posteriormente, foi reelixida nas eleccións dese ano e nas de 1934. Abandonou o cargo en 1945. Foi a primeira muller en presidir unha sesión e en dirixir un comité do Senado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés da cidade india de Kānpur.

    VER O DETALLE DO TERMO