"BS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 258.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de absolver.
-
-
Acción e efecto de absolver.
-
-
Resolución xudicial pola cal se decide a non actuación da pretensión punitiva e a de resarcimento, no seu caso. Dedúcese polas partes acusadoras porque o feito xulgado non é constitutivo de delito ou porque non existe relación entre este e o imputado, ou ben por insuficiencia de probas ou por concorrencia de causas de inimputabilidade, xustificación ou excusa absolutoria.
-
absolución da demanda
Feito de ditar o xuíz ou tribunal, nun pleito civil, sentenza denegatoria de todas as peticións efectuadas polo actor no seu escrito inicial ou demanda.
-
absolución de peticións
Declaración perante o xuíz e baixo xuramento á que está obrigado todo litigante, acerca das preguntas formuladas por outro litigante, previa aprobación destas polo xuíz dentro da proba de confesión en xuízo.
-
absolución libre/libre absolución
Resolución dun proceso xudicial cun pronunciamento que declara inocente ao acusado, eximíndoo de toda condena.
-
-
-
Acción de perdón dos pecados, dada polo sacerdote en nome da comunidade eclesiástica despois dun acto sacramental de penitencia, xa sexa individual, cunha confesión oral, ou colectiva.
-
absolución xeral
Absolución outorgada, en forma deprecatoria, despois dunha confesión xenérica ou despois dun acto penitencial feito en comunidade; ten valor sacramental.
-
-
-
-
Modo de gobernar no que predomina a vontade dunha soa persoa.
-
Forma de goberno en que ningunha lei constitucional limita os poderes e facultades do soberano ou corporación dirixente. O absolutismo prevaleceu como forma de goberno na Europa da Idade Moderna, entre os ss XVI e XIX. O monarca posuía todos os atributos da soberanía: promulgaba leis, administraba xustiza, mantiña un exército permanente, nomeaba os funcionarios e recadaba impostos no seu nome. A monarquía absoluta estaba teoricamente subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do estado. Para garantir a paz e a seguridade facíase preciso un acordo contractual entre o estado, que aparecía como a suma dos intereses particulares, e os súbditos, que lle transferían os seus dereitos. O absolutismo desenvolveu a unificación territorial e a centralización estatal dos estados modernos, ao tempo que tendeu a igualar a sociedade estamental nun mesmo réxime de obediencia. O absolutismo alicerzábase nunha doutrina teolóxica que parte do suposto de que hai dous poderes no mundo: o temporal,...
-
Sistema filosófico que se basea naquilo que é por si mesmo, onde o absoluto é causa e efecto de todo. Dun modo ou doutro, autores como Platón, Aristóteles, Plotino, Spinoza, Kant ou Schopenhauer, trataron o tema do absoluto. De feito, á hora de concebir unha lei do Universo como lei natural, pártese do concepto do absoluto.
-
-
-
Relacionado ou pertencente ao absolutismo.
-
Partidario do absolutismo.
-
-
-
Que non implica restrición, limitación ou condición.
-
Que exclúe toda relación con outra cousa, considerado en si mesmo.
-
Que non tolera oposición.
-
Designa, por oposición ao fenómeno ou apariencia, o ser, a cousa en si -tal e como existe en si mesma, con independencia do coñecemento que se poida ter dela-. A tradición filosófica occidental, sobre todo a idealista, desígnao de diferentes xeitos: Idea (idealismo absoluto); Eu (Fitche); Espírito (Hegel), que se caracterizan por reabsorber ou subsumir todos os momentos parciais do real.
-
Camiño ou ruta a través de directorios que debe percorrer unha aplicación para recuperar os datos arquivados nun ficheiro.
-
-
Dise da forma, uso ou significación autosuficiente ou non relacionada con ningunha outra.
-
construcción absoluta
Construción formada por un substantivo e un participio que concorda con el, coma un inciso, desligada gramaticalmente do resto da frase, á que engade xeralmente determinacións de tipo instrumental, temporal ou outras.
-
forma absoluta
Forma fonética considerada illadamente do contexto, sen sufrir as modificacións normais no curso da cadea fónica.
-
posición absoluta
Posición dun son que interrompe unha pausa longa ou que a precede inmediatamente.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que absolve.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispensa das obrigas derivadas da servidume ou vasalaxe.
-
-
Eximir dunha pena, dun deber, dunha obriga ou dunha responsabilidade.
-
Perdoar os pecados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de absolver.
-
-
Que é axeitado para absorber.
-
Instalacións e aparellos axeitados para absorber certos compoñentes dunha mestura gasosa por disolución nun líquido.
-
-
Dispositivo dunha instalación frigorífica onde a disolución refrixerante, empobrecida no fervedoiro, absorbe a disolución refrixerante procedente do evaporador, antes de ser devolta ao fervedoiro.
-
absorbedor de ondas
Dispositivo constituído por bobinas de indutancia ou condensadores, empregado para protexer as liñas eléctricas das sobretensións.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Promotor da absorción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de absorber.
-
-
Que absorbe con facilidade pola súa textura ou composición.
-
Que trae cara a si.
-
Que precisa moita atención e tempo para si.
-
-
Substancia capaz de deter e retardar partículas elementais en movemento.
-
Substancia capaz de capturar neutróns, sen xerarse doutras, utilizada para controlar a potencia dun reactor nuclear e como material de protección contra fontes de neutróns. O boro e o cadmio son os absorbentes de electróns máis empregados.
-
-
Medicamento ou substancia que absorbe produtos nocivos, como a creta e a magnesia, empregadas para absorber ou neutralizar os ácidos do estómago cando houbo unha secreción excesiva, ou como o algodón hidrófilo, que é un absorbente de líquidos purulentos.
-
Capacidade de absorción.
-
-
-
Penetrar e reter un corpo na súa masa a outro, que se atopa en estado líquido ou gasoso, cando ambos están en contacto.
-
Atraer unha cousa a outra cara ao seu interior, provocando unha corrente de aire.
-
Ocupar ou reter a atención de alguén por enteiro.
-
Incorporar ou anexionar unha entidade de calquera tipo a outra que soe ter menos importancia.
-
Entregarse completamente a algo abstraéndose do mundo exterior.
-
Facer desaparecer ou consumir por completo unha cousa como se se engulira.
-
Soportar un esforzo, un sistema mecánico, sen que apareza deformación permanente.
-
Atenuar a intensidade dun feixe de partículas ou radiacións ao atravesar certas substancias.
-
Consumir enerxía un sistema.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode absorber.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de absorber.
-
-
Medida da absorción da enerxía radiada pola materia. A radiación emitida por un foco faise pasar alternativamente a través dunha mostra de materia dun grosor dado (por exemplo, unha solución) e dunha substancia supostamente non absorbente do mesmo grosor (por exemplo, o disolvente daquela solución). As intensidades da radiación emerxente en ambos os dous casos mídense polo detector axeitado. A absorciometría é unha importante técnica de análise química cuantitativa, que se realiza con aparellos chamados colorímetros ou absorciómetros, ou espectrofotómetros cando se traballa con radiación monocromática. Pódese empregar radiación de diversas zonas do espectro; a infravermella, a visible, a ultravioleta e os raios X, son as de uso máis xeneralizado.
-
Técnica de diagnose baseada na irradiación corporal de fotóns procedentes dun radioisótopo que, ao atravesar o organismo, son absorbidos especialmente polos tecidos mineralizados. Proporciona un bo índice do contido mineral óseo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á absorciometría.
-
-
Aparello para medir a solubilidade dos gases.
-
Aparello que serve para efectuar análises por absorciometría dentro dunha banda espectral máis ou menos ampla. Os absorciómetros comparan intensidades luminosas, ben visualmente, ben mediante células fotoeléctricas: colorímetro, fotómetro, fotocolorímetro, etc.
-