"BUN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 128.

  • Caucho sintético obtido por polimerización do 1,3-butadieno (buna 85, buna 115, etc) ou por copolimerización deste con outros monómeros (con estireno: buna S; con acrilonitrilo: buna N, etc). O nome do produto formouse coas partículas ‘bu’, de butadieno, e ‘Na’, símbolo químico do sodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e diplomático. Traballou na Oficina de Servicios Estratéxicos entre 1941 e 1944 e no ministerio de Interior estadounidense en 1944. En 1947, como membro da comisión da ONU en Palestina, mediou nas negociacións que remataron co recoñecemento do Estado de Israel. En 1950 recibiu o Premio Nobel da Paz, trala súa participación no armisticio que finalizou a guerra árabe-israelí de 1948-1949. En 1969 foi nomeado subsecretario xeral da ONU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido socialdemócrata dos traballadores xudeus fundado en Rusia en 1897. En 1898 tivo un papel importante na organización do Partido Socialdemócrata Obreiro Ruso; sen embargo, enfrontouse cos bolxeviques a causa da súa estrutura organizativa, polo que foi eliminado logo da Revolución de Outubro (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro relixioso dos zoroastristas escrito en lingua pahlavi que contén unha recompilación de crenzas cosmolóxicas, mitolóxicas, históricas e xeográficas persas da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica da India central, entre os estados de Uttar Pradesh e de Madhya Pradesh, desde os contrafortes da cordilleira de Vindhya, cubertos de xunglas, no S, ata as terras pantanosas do val do río Jamnā, no N. A superficie é unha gran chaira, atravesada por montes baixos que non sobrepasan os 600 m de altitude. Posúe unha rede hidrográfica formada por pequenos ríos case todos afluentes do Jamnā. A economía baséase na agricultura, os principais produtos son a cana de azucre, o algodón, o trigo e diversas clases de grans. Pequenas fábricas de alfombras son a súa principal industria. No que se refire aos recursos mineiros destacan as minas de diamantes, como a de Gadasia, que produciu o diamante máis grande do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banca federal de Alemaña. Creada pola lei o 26 de xullo de 1957, foi dotada dunha grande autonomía. Foi a base do sistema monetario e bancario alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que habitualmente se coñecen oficialmente os estados federais (länder) da República de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nos estados federais xermánicos, órgano federativo con funcións lexislativas, administrativas ou gobernativas formado por representantes tanto dos gobernos como dos órganos de representación popular dos estados membros. O Bundesrat foi unha das cámaras lexislativas na Confederación de Alemaña do Norte entre 1866 e 1871 e no Imperio Alemán de 1871 a 1918. A partir de 1949 foi a cámara alta da República Federal de Alemaña e da Alemaña reunificada desde 1990. Na República de Austria, entre 1918 e 1938 e desde 1945, recibe tamén o nome de Länderrat. En Suíza é o nome alemán do Consello Federal que, a diferenza de Alemaña e de Austria, ten carácter executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea lexislativa da República Federal de Alemaña ata finais de 1990 e da Alemaña unificada dende o mesmo ano. Os seus membros son elixidos por un período de 4 anos por sufraxio universal directo. Está composta por 662 membros que elixen o chanceler a proposta do Presidente da República e controlan o poder executivo. Na Confederación Xermánica (1815-1866) (Bundesversammlung) a Asemblea Federal recibía o nome de Bundestag; tamén na República de Austria foi o nome dado ao Nationalrat. Foi o órgano lexislativo da República Federal de Alemaña (1949-1990) e, posteriormente, da Alemaña reunificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ivenda pequena de madeira, cun só andar, rodeada de corredores e situada en lugares destinados ao descanso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das brasicáceas, que se caracteriza por presentar un froito cuadrangular. En Galicia está presente como planta espontánea nos campos de cultivo a especie B. erucago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. En 1889 publicou os seus primeiros poemas e, posteriormente, cultivou o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do s XIX. Contrario ao réxime soviético, exiliouse en París en 1920. Galardoado co Premio Puškin polo seu labor como poeta e como tradutor, foi membro honorario da Academia Rusa (1909) e recibiu tamén o Premio Nobel de Literatura (1933). Entre as súas obras destacan Khram solnca (O templo do sol, 1907-1911) e Gospodin iz San Francisco (O señor de San Francisco, 1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das apiáceas, que se caracteriza por ter un talo florífero pouco ramificado que nace dun tubérculo, follas basais co pecíolo en parte subterráneo e limbo dividido, pétalos de cor branca e froito acostelado e sen alas nin aguillóns. As especies máis características da Península Ibérica son: B.alpinum, propia da montaña, e B. pachypodum, propia de cultivos e baldíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recinto fortificado pequeno.

    2. Acubillo militar escavado parcial ou totalmente na terra, utilizado sobre todo polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial para se protexeren dos bombardeos. Xeralmente se constrúe con cemento armado, e ás veces é de grandes dimensións, como o do Tiergarten de Berlín.

    3. Grupos políticos ou sociais máis inmobilistas, resistentes a calquera cambio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba de Paul-Bunnell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne do xénero Carex, da familia das ciperáceas, de talo sólido, triangular e sen articulacións e follas lineais. As flores, dispostas en espigas mestas, son unisexuais; as masculinas están formadas por dous ou tres estames e as femininas por un ovario, que dará lugar a un froito en aquenio, protexido nun utrículo. En Galicia están presentes máis de 40 especies, sendo as máis comúns: C. laevigata, C. paniculata, C. remota e C. viridula, en lugares húmidos; C echinata, C. muricata e C. ovalis, en prados; C. binervis e C. durieui, en brañas (a segunda especie e endémica do noroeste da Península Ibérica); C. arenaria, en areais; C. extensa, en areas, rochas e marismas da beiramar e C. broteriana, especie endémica das ribeiras pedregosas dos ríos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Cambás no concello de Aranga, ao L do encoro de San Xoán. O seu cumio máis elevado é Pena de Ece con 734 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de santo Estevo. A boa calidade dos barros deste lugar permitiu o desenvolvemento dunha rica olería. Nesta actividade, que se remonta ao s XVI, empréganse dous tipos de barro, un de maior calidade plástica ou barro de corpo, e outro usado como desengraxante ou barro areoso. Durante o s XIX os oleiros constituíron unha alta porcentaxe da poboación de Buño, non obstante ao longo do s XX o seu número foi diminuíndo; na actualidade asístese a unha recuperación do oficio. No ano 1969 os oleiros de Buño crearon o seu gremio sindical. Os artesáns non levaban a cabo a comercialización dos seus produtos, para esta función existían os exportadores que percorrían as feiras e que recibían o nome de xalleiros, se procedían da comarca de Xallas, e arrieiros, se procedían de Buño; posteriormente, o artesán comezou a vender por si mesmo. As formas creadas son moi variadas; dende hai máis de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Padrón. As súas armas levan, en campo de azul, varios buños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os municipios de Guitiriz e Aranga. No seu cumio atópase Pena Marcada con 726 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO