"Bras" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 57.
-
ENTRADA LARGA
Estado da América meridional. Limita ao N coa Guyana Francesa, Surinam, Guyana e Venezuela, ao O con Colombia, Perú e Bolivia, ao S con Paraguay, Arxentina e Uruguay, e ao L co Océano Atlántico (8.511.996 km2; 165.851.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 5° e os 34° de latitude N e os 74° e 35° de lonxitude O. A súa capital é Brasília.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
En xeral, Brasil presenta un relevo monótono, de altitudes pouco marcadas (o 40% da superficie está sobre os 200 m e só o 7% sobre os 800). Predominan as formas compactas, os relevos tabulares e as superficies horizontais. Pódense diferenciar claramente, dende un punto de vista morfoestrutural, dúas grandes unidades: ao N a Amazônia, vasta área de subsidencia e sedimentación, drenada polo río Amazonas e os seus afluentes, que abrangue case a metade da superficie do Brasil; o resto do país, onde o relevo está dominado polo zócolo... -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión, palabra ou xiro propio do Brasil.
-
-
Relativo ou pertencente ao Brasil, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Habitante ou natural de Brasil.
-
Variante da lingua portuguesa falada en Brasil.
-
Arte desenvolvida no Brasil. A arte precolombina do Brasil ten pouco interese en comparación coa das grandes culturas amerindias xa que se reduce á produción de cerámica e tecidos. Os primeiros monumentos artísticos feitos polos portugueses foron igrexas. Estas construcións xunto coas súas imaxes e decoracións constitúen o inicio da arte colonial. No s XVII os xesuítas introduciron o Barroco. Os núcleos artísticos coloniais son tres: Recife, São Salvador de Baía e Minas Gerais. Destacan as igrexas da Conceição e São Francisco en Recife, a catedral de São Salvador de Baía, no estado de Minas Gerais, a igrexa de Ouro Preto en São Francisco, e en Rio de Janeiro, as igrexas dos mosteiros de São Bento e São Francisco. A figura máis destacada do barroco colonial foi o escultor mulato António Francisco Lisboa, coñecido como o Aleijadinho, figura lendaria da arte sudamericana. Na etapa neoclásica destacan o escultor Valentim de Fonseca e os pintores Sepúlveda e Ricardo do Pilar. O traslado...
-
Cine producido no Brasil. A primeira longametraxe importante da cinematografía brasileira, O crime de Banhaos (1913), é representativa da etapa de vangarda de Vítor Capellaro, Luís de Barros e José Medina, que a principios de 1926 abriron unha corrente vangardista moi influída polas experiencias europeas. Con Humberto Mauro (Ganga bruta, 1933) comezou o desenvolvemento dun cine culturalmente autóctono. A fundación da produtora Veracruz deu unha serie de posibilidades para facer unha ampla variedade de documentais. Nos anos sesenta apareceu o Cinema Novo: Nelson Pereira dos Santos, Roberto Santos, Paulo César Saraceni, Rui Guerra, Carlos Diegues, Glauber Rocha, Walter Lima e Joaquim Pedro de Andrade representan o máis grande esforzo cultural do país e do seu contorno. A principios dos anos setenta os mesmos realizadores anunciaron a fin do Cinema Novo. A finais da mesma década, o intento de reestruturar a situación da industria cinematográfica no país mediante...
-
As primeiras manifestacións literarias brasileiras están documentadas na obra do xesuíta canario José de Anchieta (1534?-1597), establecido no Brasil dende 1553. Foi autor da primeira gramática do tupí (Coimbra, 1595) e de numerosos traballos sobre a flora e fauna autóctona do Brasil. Os seus escritos están recollidos nos volumes Cartas, informações, fragmentos históricos e sermões (1933) e Poesias (1954). As letras brasileiras non colleron forza ata o s XVIII, cando aparecen, co neoclasicismo, poetas que cultivan as églogas á maneira de Virxilio como Claudio Manoel da Costa (1729-1789) e Tomás António Gonzaga (1744 - 1810), autor do poema amoroso Marilia de Dirceu (1792); José Basílio da Gama (1741-1795) atacou as misións xesuíticas no poema épico O Uruguai (1769), e José de Santa Rita Durão (1722-1784) tratou o tema da colonización no poema épico O Caramurú (1781), obra considerada en Brasil como a epopea nacional. O romanticismo,...
-
A música brasileira, como a súa cultura en xeral, é mestura de formas africanas e portuguesas que se complementan coas raíces populares dos pobos indios, reflectido na produción musical, nas danzas populares (batuque, capoeira, luindu, samba, choro, balaio, lambada, etc) e na bossa nova, resultado deste compendio de culturas e ritmos. A partir do s XVI introducíronse na produción musical brasileira ritmos e instrumentos de percusión africanos que se converteron nun dos compoñentes de maior incidencia nos ritmos da música popular do Brasil, xunto coa achega dos colonizadores portugueses que introduciron moitos instrumentos de Europa e a música litúrxica da Igrexa Católica. Aínda que do s XVII hai escasa documentación musical, no s XVIII houbo grande actividade no eido musical, sobre todo en Minas Gerais. Por outra banda, ao longo do s XIX constatouse unha gran riqueza musical no Brasil como consecuencia do traslado da Corte de Portugal a Brasil, feito...
-
-
CAPITAIS
Capital de Brasil e do distrito federal de Brasília (5.814 km2) situada nun altiplano da rexión nordeste (1.803.478 h [1989]). A súa situación cara ao interior mostra o espírito dos seus promotores de dirixir Brasil cara á colonización dun continente practicamente baldeiro. Brasília foi oficialmente inaugurada no ano 1959. Ao ano seguinte foi declarada capital dos Estados Unidos do Brasil. O seu crecemento acelerouse debido á grande afluencia de man de obra e de funcionarios. En 1961 fundouse a Universidade de Brasília. O plano urbanístico de Brasília é obra de Lúcio Costa, discípulo directo de Le Corbusier. Costa ideou Brasília como unha cidade funcionalmente diferenciada e zonificada, aplicou os principios do máis ríxido racionalismo urbanístico mediante unha organización dos seus barrios, prestando atención ás funcións profesionais, feito co que asentou un principio de desintegración clasista. A cidade, de planta triangular, estende dous dos seus lados de xeito paralelo a...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Brasília ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Brasília.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio colorante extraído da madeira do brasil. Emprégase en tintas e en tinguiduras de tecidos.
-
PERSOEIRO
Escritor. A partir de 1934 comezou a practicar unha política activista con certos trazos fascistas. Chegou a ser un dos xornalistas máis coñecidos da colaboración con Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial. Foi director do semanal Je suis partout (1937-1943). Foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conxunto de adornos que leva un escudo como distintivo dunha liñaxe, dunha persoa, dun lugar, etc. A orixe do brasón está na necesidade de diferenciar os escudos de armas dos cabaleiros medievais. O escudo divídese en campos e cuarteis, normalmente rectangulares. As cores máis usadas son o amarelo ou ouro, o vermello ou goles, o azul, o negro ou sable e o verde ou sinople.
-
Cada figura sinal ou peza que se pon nun escudo de armas.
-
Arte de explicar e describir os escudos de armas de cada liñaxe, cidade ou persoa.
-
-
Motivo de honra ou gloria.
-
Xénero poético que describe unha realidade, animada ou inanimada, louvándoa ou degradándoa. Distínguense dous tipos: o descritivo exclusivamente e o que introduce elementos satíricos. Na literatura galega o libro Trópico de lúas (1992), de Miguel Anxo Fernán-Vello, describe o corpo da muller con elementos propios do brasón.
-
-
-
Dispoñer ou preparar os escudos de armas segundo as regras e terminoloxía propias da arte heráldica ou brasón.
-
Presumir ou alardear dalgunha calidade.
-
Falar con soberbia.
-
-
-
Persoa que se dedica a pintar brasóns.
-
Persoa versada en heráldica.
-
-
CAPITAIS
Capital do judeţ homónimo, en Transilvania, Romanía (317.772 h [1997]). É un núcleo industrial e turístico dos Alpes de Transilvania. Fundada en 1211 polos cabaleiros da orde Teutónica, converteuse nun dos centros de colonización xermánica en Transilvania. Posteriormente se transformou nun centro cultural de grande importancia, sobre todo a partir do s XVI, cando se instalaron as primeiras imprentas. En 1918 pasou a formar parte de Romanía. A cidade recibiu o nome de Stalin entre 1950 e 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía (5.363 km2. 636.434 h [estim 1990]). A súa capital é Braşov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gyula Halász.
-
PERSOEIRO
Cantautor. Autodidacta, coñecía a fondo a poesía francesa, que musicou con frecuencia (Villon, Verlaine e Victor Hugo, entre outros). Militou en grupos anarquistas (1946), e a temática da súa obra conservou un ton ácrata, arremetendo en contra da orde establecida; as súas posicións pacifistas, anticlericais, contrarias á pena de morte, fan que a súa obra sexa comprometida e con gran difusión durante a década dos setenta. Compuxo música de raíz popular e as súas letras, caracterizadas pola tenrura e a ironía, teñen un gran rigor técnico baixo unha aparencia ás veces vulgar, empregando a miúdo palabras das xergas; os temas tratados son o amor, a morte, a amizade, a existencia de Deus ou a violencia que deben soportar os seres marxinados. Destacan os títulos La mauvaise réputation (A mala reputación, 1952), Les amoreux des bancs publics (Os amantes dos bancos públicos, 1952) ou Margot (1952). Publicou a peza teatral Les amoureux qui écrivent sur l’eau (Os...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre-Albert Espinasse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas da familia das brasicáceas, de flores con catro pétalos brancos ou amarelos e froito en silicua con bico. En Galicia son comúns: B. nigra, coñecida co nome de xebra; B. oleracea, da que se coñecen varias formas cultivadas englobadas baixo a denominación de col; e os nabos das especies B. rapa e B. napus.
-
ILLOTES
Illote da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Palmeira (concello de Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral da parroquia e concello de Burela, ao SL do porto de Burela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame teatral convocado por primeira vez en decembro de 1972 pola Asociación Cultural Abrente de Ribadavia. Celebrou a súa primeira edición no ano 1973 e acompañou as Mostras de Teatro Galego Abrente. Ata 1980, ano de peche tanto da mostra de teatro coma do concurso literario, a súa importancia foi medrando e constituíuse nun dos motores fundamentais de produción dramática do teatro contemporáneo galego con nomes, entre os premiados, dos máis destacados homes de teatro das últimas décadas. Os títulos premiados son os seguintes: Zardigot, de Euloxio Ruibal (1973), O meu mundo non é deste reino, de Manuel María (1º premio ex aequo, 1973) e Eilbrief, de X. L. López Cid (premio da Asociación A Nosa Galiza de Xenebra a unha obra que tratase o tema da emigración, 1973); A tola xuiciosa, de M. Domínguez (1974), e A volta de Edipo, de A. Penas (1º premio ex aequo, 1974); O cabodano, de Euloxio Ruibal (1975); Laudamuco,...