"Brera" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 55.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca natural que se estende pola Serra do Teleno, drenada polo río Cabrera, afluente do Sil. Situada ao L de Valdeorras e ao S do Bierzo, está integrada no partido xudicial de Ponferrada e, polo tanto, na provincia de León e na comunidade autónoma de Castela e León. Abrangue os municipios de Encinedo e Castrillo de Cabrera. Durante o Antigo Réxime constituía unha xurisdición baixo o señorío do marqués de Villafranca del Bierzo.
-
PERSOEIRO
Militar. Como comandante da guarnición da Coruña, apoiou o alzamento que encabezou Juan Díaz Porlier o 19 de setembro de 1815 para reinstaurar a legalidade constitucional. Non obstante , a pesar da súa intervención neste pronunciamento, non chegou a cumprir a pena imposta trala derrota do exército sublevado debido a que logrou fuxir.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1905 na que se reagruparon as cinco sociedades obreiras definidas como “apolíticas” xurdidas da entrada da Federación de Trabajadores de Vigo na UGT co reforzo da súa dirección por parte do PSOE local. Alentado polas Sociedades de Pintores y Albañiles, de Carpinteros y Ebanistas, e de Canteiros, duplicou con posterioridade o número de entidades federadas e acadou 1.500 socios no ano 1909. Ao mesmo tempo, iniciou un achegamento ao anarcosindicalismo da man de militantes anarquistas, como Luís Plaza ou Federico Sánchez. Como consecuencia, as Sociedades de Carpinteros e de Mecánicos estiveron representadas por Plaza no Congreso fundacional da CNT de 1910. En marzo de 1911, o Centro impulsou a creación da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia, á imaxe da Solidaridad Obrera catalana, xunto coa totalidade do anarcosindicalismo coruñés. Para refrendar a influencia libertaria no societarismo vigués apolítico, esta institución delegou a súa presenza no I Congreso...
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Introduciu a métrica clásica na poesía italiana. Cultivou a anacreóntica, as odas pindáricas, etc, cunha lingua altisonante e dunha gran musicalidade: Canzonette (1591), Il rapimento di Cefalo (1600) e Gelopea (1604).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Confederación sindical española constituída en 1977. Ten por obxectivo a defensa dos intereses dos traballadores do territorio español.
VER O DETALLE DO TERMO
Órganos e estrutura
A Confederación de Comisiones Obreras, que reúne os diferentes sindicatos nacionais, ten dous tipos de órganos: os de dirección formados pola Comisión Ejecutiva Federal, Consejo Confederal e Secretarías Confederales; e os órganos de dirección e control formados pola Comisión de Garantías e a Comisión de Control Financiero. CC OO ten unha estrutura sectorial e territorial. A estrutura sectorial ten un sentido vertical e integra os traballadores en federacións segundo o posto de traballo que desempeñan e segundo o sector laboral ao que pertenzan. A estrutura territorial, de sentido horizontal, integra os traballadores segundo o criterio de territorialidade do seu posto de traballo, é dicir, nas comunidades autónomas. No ámbito internacional intégrase na Confederación Europea de Sindicatos (CES) e na Confederación... -
VER O DETALLE DO TERMO
Cooperativa fundada en Vigo en 1907 por militantes socialistas encabezados polo canteiro Xosé Araújo Pérez. O seu obxectivo era elaborar e comercializar pan a prezos accesibles á capacidade adquisitiva das clases populares. En 1910, coa intención de construír fornos propios, adquiriu uns terreos que logo serviron para edificar a Casa do Pobo da cidade olívica.
-
PERSOEIRO
Político, conde de Castellar. Foi embaixador en Venecia e Alemaña e membro do Consello de Indias. En 1673 foi nomeado vicerrei do Perú, cargo desde o que intentou poñer fin á corrupción dos funcionarios e regular a recadación dos impostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de carácter obreirista editado en Vigo no ano 1913.
-
PERSOEIRO
Bispo. Membro da congregación da Santísima Trindade, foi nomeado bispo de Mondoñedo o 26 de novembro de 1618. Na súa única visita á diocese celebráronse catro sínodos. Estableceu reparticións gratuítas de cera para a Candelaria e o pago dunha milicia para a defensa de Ribadeo contra os ingleses. No verán de 1630, Filipe IV promoveuno como bispo de Tui, aínda que non chegou a ocupar este cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro periódico obreirista do Estado español que apareceu en Madrid o 5 de agosto de 1855 e que cesou en febreiro de 1856. Xurdiu nunha época de revoltas políticas que, trala revolución de xullo de 1854, remataron con dez anos de goberno moderado.
-
PERSOEIRO
Diplomático. Almirante de Castela, duque de Medina de Rioseco e conde de Melgar. Foi mestre de campo en Lombardia en 1671, embaixador extraordinario no Vaticano para a elección do Papa Inocencio XI e gobernador e capitán xeneral do Milanesado desde 1678. En 1688 nomeárono vicerrei de Catalunya. Designado tenente xeneral do rei sobre Andalucía, Extremadura, Canarias, as posesións africanas e o Mediterráneo, foi despoxado de todos os seus títulos e cargos tralo Motín dos Gatos. En 1702 Filipe V nomeouno embaixador en Francia, pero fuxiu a Portugal, desde onde apoiou o arquiduque Carlos de Austria na Guerra de Sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guatemalteco. Avogado, foi ministro de Gobernación no gabinete de J. M. Reyna Barrios. Á súa morte, asumiu a presidencia do país o 9 de febreiro de 1898. Durante o seu mandato producíronse crimes políticos e aplicou a lei de fugas. Fundou a primeira universidade de obreiros en Guatemala. Tralos tiroteos producidos durante unha manifestación popular o 11 de marzo de 1920, aumentou a oposición ao seu goberno e restrinxíronlle os seus dereitos ao declarar que tiña as súas facultades mentais alteradas. Renunciou ao poder o 14 de abril de 1920 e foi encarcerado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en 1932 coa finalidade de impulsar o deporte e a cultura popular. Tivo como principais animadores a militantes comunistas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e, sobre todo, Pontevedra. Na primavera de 1936 cobrou especial protagonismo coa creación na cidade olívica do Comité Regional Pro-Olimpiada Popular de Barcelona, paralela aos Xogos Olímpicos que se ían celebrar en Alemaña e que se presumían manipulados polo réxime nazi. Trala suspensión da Olimpiada Popular de Barcelona por causa da Guerra Civil, os deportistas galegos e a expedición cultural, na que figuraban os gaiteiros de Soutelo, pasaron a contenda na zona republicana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo federativo das sociedades obreiras de Ferrol, fundado en xaneiro de 1919 e no que figuraban tanto sindicatos de carácter socialista como anarcosindicalista ou sen orientación definida. Foi coetáneo coa época de achegamento entre a CNT e a UGT, trala folga xeral de 1918, na que ambas centrais sindicais actuaron conxuntamente. En decembro de 1919 varios delegados de sociedades vinculadas á Federación participaron no Congreso da CNT en Madrid, no que esta organización se amosou contraria á fusión coa UGT, optando por tratar de absorber o sindicato socialista. En Ferrol xurdiron tamén diferencias entre anarcosindicalistas e socialistas, que remataron coa creación do Sindicato Único de Obreros Metalúrgicos en febreiro de 1920, xermolo da CNT ferrolá. No II Congreso da Federación, en abril do mesmo ano, decidiuse por maioría o ingreso na UGT. A maior parte dos seus afiliados pertencían aos diferentes gremios de traballadores da construción naval, sumando un total de 2.063 afiliados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en Madrid en 1900 coa finalidade de coordinar as sociedades de resistencia que se reclamaban do espírito da Federación Regional Española da AIT. Trasladou o seu comité á Coruña logo do seu V Congreso celebrado en 1905. O Comité Federal, designado na Coruña, estaba composto por Juan No, Santiago Serapio, Sabino Alfonsín, Coronel e Ricardo Cotelo, e tentou manter os vínculos mediante un boletín mensual nun ambiente desfavorable ocasionado polas continuas persecucións das autoridades. Abandonado polas diversas seccións afiliadas, o comité deixou de funcionar en 1908 e desapareceu a federación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en novembro de 1871 a partir dos núcleos iniciais da AIT en Galicia que perdurou ata a Guerra Civil. Nos seus comezos contou coa adhesión de catro seccións de oficio (carpinteiros, canteiros, zapateiros e xastres) e máis de 150 afiliados. Realizaron os primeiros paros xerais a prol da xornada de 8 horas en 1890 e 1891 e convocaron unha folga xeral de 1901. En 1910 adheriuse á CNT. Exerceu o liderado cidadá na folga antimonárquica de 1917, e, no comezo dos anos 20, nas loitas dos estibadores. Disolta polas autoridades cara ao 1927, reapareceu en 1930. Durante a Segunda República duplicou os seus efectivos logo da convocatoria, entre outras, da folga da construción de 1933 na que se reivindicaba a xornada laboral de seis horas e o subsidio de enfermidade.
-
PERSOEIRO
Político, conde de Chinchón e marqués de Bobadilla del Monte. Tesoureiro xeral do consello de Aragón, era vicerrei de Perú (1629-1639) cando prohibiu o comercio entre os vicerreinados de Perú e México, feito que acabou provocando unha grave crise económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Alburquerque. Participou nas guerras contra Francia e nas guerras de Flandres. Capitán xeneral de Catalunya, Flandres e das galeras reais, participou no sitio de Barcelona e venceu os franceses en Cambrils (1650). Vicerrei de Nueva España (1653-1660), durante o seu goberno fundou a vila de Alburquerque e os ingleses apoderáronse de Xamaica. Membro do Consello de Estado, exerceu como vicerrei en Sicilia entre (1667-1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Villena e duque de Escalona. Foi lugartenente de Catalunya (1693-1694) e vicerrei de Aragón (1694-1695), de Sicilia (1701-1702) e de Nápoles (1702-1707). De volta a Madrid, propúxolle a Filipe V a creación da Real Academia Española de la Lengua (1714), da que foi o primeiro presidente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1943). Na Coruña foi profesor na Escola de Náutica e Máquinas (1948), no Instituto Masculino (1950), na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios Artísticos (1957), da que foi director. Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1969), foi dende 1980 vogal do padroado do Museo de Belas Artes da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1952-1953). Realizou numerosas exposicións individuais na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO