"CEDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 63.
-
PERSOEIRO
Monxe galego. Posiblemente foi curmán de san Rosendo e sobriño de santa Aragonta, segunda esposa de Ordoño II, a quen acompañou como confesor no mosteiro de Salceda. No arquivo da catedral de Tui testemúñase a súa santidade e dise que está enterrado na Capela da Raíña do mosteiro de Salceda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Maceda, onde se atopa á capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Allariz-Maceda situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 42° 16’ 00’’ de latitude N e 7° 38’ 40’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Esgos (Ourense), Xunqueira de Espadanedo (Allariz-Maceda) e Montederramo (Terra de Caldelas), co que tamén limita ao L; ao S co de Vilar de Barrio (A Limia); e ao O cos de Baños de Molgas e Paderne de Allariz, ambos os dous na comarca de Allariz-Maceda. Abrangue unha superficie de 101,9 km 2 cunha poboación de 3.146 h (2007) distribuída nas parroquias de Asadur, Castro de Escuadro, As Chás, A Costa, Covas, Foncuberta, Maceda, Piúca ou Araúxo, Santiso, Tioira, Vilardecás e Zorelle. A súa capital está na vila de Maceda, na parroquia homónima, que dista 139 km de Santiago de Compostela e a 28 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense, arciprestados de Maceda e Montederramo, e á xurisdición do partido xudicial de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un grifón de ouro; bordo de prata cargado de oito pintas de armiños de sable. Outra variante leva, en campo de goles, unha torre de prata, cunha doncela asomada a unha fiestra; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi alcalde de Betanzos, e copiou do arquivo do mosteiro bieito de Meira (Lugo) un Cronicón ou Historia de Galicia, do que fixo un cotexo en 1704.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido polo Rei Filipe IV en 1654 ao cabaleiro de Santiago, Alonso de Lanzós e Novoa, Andrade e Soutomaior , vizconde de Laiosa. Herdou o título o seu fillo primoxénito, Bernardino de Lanzós e Andrade . O III conde foi o fillo do anterior, Antonio de Lanzós Montenegro e Soutomaior pero pasou cedo ao seu irmán Xosé Bieito de Lanzós Novoa e Andrade en tempos de Filipe V (1710). O seu fillo, Antonio Pedro Nolasco de Lanzós e Taboada , herdou o condado, pero á súa morte (1754), e sen deixar descendencia, o título pasou ao seu irmán Baltasar de Lanzós e Taboada . O VII posto sucesorio ostentouno outro irmán, Francisco Xabier e despois a última dos irmáns, María Ignacia . O seu fillo foi o IX conde de Maceda, Gonzalo Manuel de Lando e Lanzós. Os títulos que acumulou pasaron ao xeneral Baltasar Pardo de Figueroa e Sarmiento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Maceda. De planta cuadrangular, data cara ao s XII, e está encaixada nunha muralla que aínda presenta restos de dous torreóns redondos, barbacás e un corpo trapezoidal. O acceso era por unha porta en arco e o corpo tiña unha ampla solaina de balaústres e balconada. Foi utilizada basicamente como residencia, e entregada a María Fernández, filla de Tareixa de Portugal e Pedro Froilaz, conde de Traba, polo seu casamento con Xoán Ares de Novoa (s XIII). Na Segunda Guerra Irmandiña (1467), o castelo de Maceda foi asaltado e derrubado en parte por Diego de Lemos, fillo de Afonso López de Lemos. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Foi coordinador de galego da Dirección Xeral de Política Lingüística. Publicou Vocabulario galego de Formación Profesional (1984), Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), Escolma poético musical galega (1989) e Lingua e publicidade (1994). Ademais tamén colaborou nos volumes colectivos Lugo e a lírica medieval galego portuguesa (1985) e Poemas e contos da muralla (2001). Recibiu o Premio Buril das Letras Galegas (1986), o Premio Grugalma de Artigos (1990) e o Premio Rosalía de Castro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Compostela. Encargóuselle a obra ao arquitecto Diego de Romay (1674-1683). Construíuse fóra das murallas da cidade, ante a porta de Mazarelos. Ten planta rectangular con tres alturas. A fachada, de estilo neoclásico, está flanqueada por pilastras corintias e na parte central, entre escudos, destaca un relevo da Anunciación, obra de Mateo de Prado (1674). A igrexa ten planta de cruz latina cunha soa nave e capela maior rectangular. Cóbrese con bóveda de canón e cúpula no cruceiro. No interior consérvase o sepulcro do fundador do convento, o arcebispo Andrés Girón, rematado en arco de medio punto. Sobre a porta destaca o campanario rematado en cúpula, realizado por José Crespo en 1740, a imitación do de San Fiz de Solovio.
-
-
Relativo ou pertencente aos mercedarios ou á súa orde.
-
Membro da orde da Mercé.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Verín. A orixe da orde mercedaria que nela se alberga, remóntase ao s XV en Monterrei, lugar onde permaneceron os relixiosos ata que se tiveron que trasladar a Verín a principios do s XVII. A igrexa, do s XVIII, presenta torre barroca con balaustrada no segundo corpo e remate en bóveda de media laranxa. A fachada, sinxela, ten porta de medio punto flanqueada por columnas anexadas e o escudo da orde sobre a clave do arco, ademais de pináculos e frontón triangular partido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de grupos xuvenís autónomos dentro do Partido Galeguista (PG), creada en marzo de 1934, que tiña entre os seus obxectivos a galeguización da universidade e a autodeterminación de Galicia. En xuño de 1934 celebrouse a I Asemblea da Federación de Mocedades Galeguistas, da que saíron elixidos como secretario xeral Francisco Fernández del Riego, como secretario de organización Xaime Isla Couto, X. L. Fontenla de secretario técnico, e Xohán Luís Ramos Pérez-Colemán de secretario de propaganda. A partir da II Asemblea, celebrada en 1935 e na que foi elixido secretario xeral Xosé Velo Mosquera, as súas posturas radicalizáronse. Na III Asemblea, celebrada en Ourense en maio de 1936, triunfou o grupo nacionalista radical e acordouse a modificación dos estatutos e do seu nome polo de Federación de Mocedades Nacionalistas. Despois da asemblea en xuño de 1936 confirmouse a separación do PG. A Guerra Civil supuxo a súa fin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación constituída o 22 de agosto de 1953 no Centro Ourensán de Bos Aires liderada por Vidal Pérez Graña e coa colaboración de Antón Moreda e Antón Santamarina. Entre os seus obxectivos estaba coñecer e espallar a cultura e a realidade galega nos eidos da cultura, a historia, a xeografía, a economía e a lingua. Integrouse na Irmandade Galega e contou co apoio de galeguistas como Bieito Cupeiro Vázquez e Manuel Pedreira. Entre os seus socios destacaron Xosé Neira Vilas, Manuel Cordeiro e Xosé Casal. Impulsaron unha renovación do pacto Galeuzca, coordinándose con entidades xuvenís catalás (Juventut Catalana) e vascas (Acción Vasca).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-