"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Sacrificio voluntario con finalidade altruísta.

    2. Concepto bíblico que expresa a negación dun mesmo polo ben dos outros. Este sacrificio tamén se atopa noutras relixións e filosofías. Así, no hinduísmo constitúe o cuarto estado de perfección, que implica un estado de total renuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Supresión ou extinción dun costume, uso, institución ou práctica xurídica ou social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que propugna a abolición dunha lei ou semellante.

    2. Doutrina que propugnaba a abolición da escravitude. Ao termo do s XVIII, os británicos iniciaron campañas abolicionistas. Polo Tratado de Viena (1815) suprimiuse a escravitude. Os plantadores do Sur dos EE UU enfrontáronse á política abolicionista do Norte na Guerra de Secesión (1861-1865). En España foi defendida polos sectores máis demócratas que fundaron a Sociedad Abolicionista (1845). Durante a Primeira República Española, a escravitude aboliuse en Porto Rico (1873). En Cuba, o proceso será gradual (dende o 1880), a causa dos intereses económicos que estaban involucrados coa escravitude; durante as guerras da independencia a xente de cor loitou a favor dos insurrectos cubanos a raíz da supresión da escravitude contida no programa destes.

    3. En Galicia o concepto abolicionismo posúe un significado propio aplicado á loita contra o sistema foral. Representa a variante máis radical propugnada para a superación do réxime foral xa que non recoñece aos perceptores (dominio directo) o dereito a seren indemnizados polos pagadores (dominio útil), unificándose deste xeito ambos os dous dominios. Dentro do agrarismo galego, o abolicionismo vai ser unha opción minoritaria fronte ao redencionismo ata o fin da Primeira Guerra Mundial, cando se constitúe en tese predominante dentro do societarismo non confesional, trala frustración dos sucesivos proxectos de redención forzosa levados ao Parlamento español. O abolicionismo supuña unha lectura de clase do conflito foral e, para os medios máis conservadores, un ataque inadmisible contra o dereito de propiedade. Con todo, o abolicionismo desenvolvía tamén unha versión moderada, que propugnaba que os rendistas fosen indemnizados con cargo ao Estado, non ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao abolicionismo.

    2. Partidario do abolicionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Horror ou xenreira que orixina unha persoa, un acto ou calquera cousa abominable.

    2. Calquera persoa ou cousa abominable.

    3. Expresión bíblica que designa algún feito considerado sacrilexio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade cultural fundada en Ribadavia en decembro de 1969. Orientada especialmente á xuventude, desenvolve un amplo abano de actividades: conferencias, debates, concursos literarios, artísticos ou deportivos. Celebra recitais musicais, organiza exposicións de cerámica, serigrafías, pintura e representacións teatrais. Entre 1973 e 1980 organizou a Mostra de Teatro Galego e o Concurso de Obras Teatrais en Galego. Entre os gañadores do concurso destacan Manuel María, Euloxio Rodríguez Ruibal e Xose Luís López Cid coas obras O meu mundo non é diste reino, Zardigot e Eilbrief, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abreviar.

    2. Breve exposición, oral ou escrita, do máis substancial dunha materia, xa exposta por extenso, na que se di a maior cantidade de cousas posibles co mínimo de palabras.

    3. Representación reducida dunha palabra ou grupo de palabras pola supresión dalgunha(s) das súas sílabas ou letras seguindo os mecanismo da síncope, aférese e apócope. As principais abreviacións lingüísticas son a abreviatura, o acrónimo, a sigla, o símbolo e o truncamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de abrogar. OBS: as dúas consoantes b-r pronúncianse separadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura consistente na supresión violenta da transición entre dúas ou máis ideas con obxecto de imprimirlle máis viveza ao diálogo.

    2. Fractura transversal dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de absolver.

      1. Resolución xudicial pola cal se decide a non actuación da pretensión punitiva e a de resarcimento, no seu caso. Dedúcese polas partes acusadoras porque o feito xulgado non é constitutivo de delito ou porque non existe relación entre este e o imputado, ou ben por insuficiencia de probas ou por concorrencia de causas de inimputabilidade, xustificación ou excusa absolutoria.

      2. absolución da demanda

        Feito de ditar o xuíz ou tribunal, nun pleito civil, sentenza denegatoria de todas as peticións efectuadas polo actor no seu escrito inicial ou demanda.

      3. absolución de peticións

        Declaración perante o xuíz e baixo xuramento á que está obrigado todo litigante, acerca das preguntas formuladas por outro litigante, previa aprobación destas polo xuíz dentro da proba de confesión en xuízo.

      4. absolución libre/libre absolución

        Resolución dun proceso xudicial cun pronunciamento que declara inocente ao acusado, eximíndoo de toda condena.

      1. Acción de perdón dos pecados, dada polo sacerdote en nome da comunidade eclesiástica despois dun acto sacramental de penitencia, xa sexa individual, cunha confesión oral, ou colectiva.

      2. absolución xeral

        Absolución outorgada, en forma deprecatoria, despois dunha confesión xenérica ou despois dun acto penitencial feito en comunidade; ten valor sacramental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida da absorción da enerxía radiada pola materia. A radiación emitida por un foco faise pasar alternativamente a través dunha mostra de materia dun grosor dado (por exemplo, unha solución) e dunha substancia supostamente non absorbente do mesmo grosor (por exemplo, o disolvente daquela solución). As intensidades da radiación emerxente en ambos os dous casos mídense polo detector axeitado. A absorciometría é unha importante técnica de análise química cuantitativa, que se realiza con aparellos chamados colorímetros ou absorciómetros, ou espectrofotómetros cando se traballa con radiación monocromática. Pódese empregar radiación de diversas zonas do espectro; a infravermella, a visible, a ultravioleta e os raios X, son as de uso máis xeneralizado.

    2. Técnica de diagnose baseada na irradiación corporal de fotóns procedentes dun radioisótopo que, ao atravesar o organismo, son absorbidos especialmente polos tecidos mineralizados. Proporciona un bo índice do contido mineral óseo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á absorciometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello para medir a solubilidade dos gases.

    2. Aparello que serve para efectuar análises por absorciometría dentro dunha banda espectral máis ou menos ampla. Os absorciómetros comparan intensidades luminosas, ben visualmente, ben mediante células fotoeléctricas: colorímetro, fotómetro, fotocolorímetro, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra a nivel molecular, con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química. O caso máis frecuente é o da absorción dun gas ou vapor por un líquido.

    3. Transferencia de enerxía entre dous sistemas mecánicos oscilatorios.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno, intracelular ou extracelular, de substancias procedentes do medio externo. Efectúase por medio de fenómenos eléctricos, de membrana, de tensión superficial, de presión osmótica, etc. Segundo os casos cómpre distinguir entre absorción por difusión simple, difusión facilitada ou transporte activo.

      2. Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos. A absorción pasiva débese á presión negativa producida pola transpiración; e a absorción activa, menos importante, resulta das propiedades osmóticas das células radiculares.

      3. absorción cutánea

        Paso de certas substancias disoltas a través da pel.

      4. absorción dixestiva

        Incorporación ao sangue ou á linfa dos produtos procedentes da dixestión como a auga, sales minerais, aminoácidos, ácidos graxos, monosacáridos e outros; fundamentalmente, prodúcese a través das pilosidades intestinais e secundariamente, a través da mucosa gástrica e do intestino groso.

      5. absorción respiratoria

        Paso do osíxeno ou doutro gas, a través dun epitelio respiratorio pulmonar, branquial ou cutáneo.

    4. Propiedade que posúen determinados medicamentos e algúns tecidos de permitir a penetración de substancias exteriores, disoltas ou aeriformes, e de retelas no seu interior.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de absterse de calquera cousa.

    2. Feito relacionado con non exercer o dereito de voto.

    3. Separación obrigatoria dun xuíz do coñecemento dunhas actuacións polo feito de considerar que concorren motivos de recusación legalmente establecidos como parentesco, amizade, relación profesional, inimizade ou oposición xurídica.

    4. Facultade concedida aos herdeiros, sui et necessarii, de absterse de aceptar a herdanza, a condición de que antes non realizasen actos considerados incompatibles co posterior exercicio deste dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude de abstención sistemática nalgún proceso electivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario do abstencionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abstraer ou abstraerse.

    2. Algo que é resultado da imaxinación e que non ten contacto coa realidade obxectiva.

    3. Proceso mental mediante o cal certos elementos constitutivos dunha realidade concreta son separados dos outros e considerados illadamente. Máis particularmente, chamase así o proceso que separa os aspectos accidentais, individuais ou continxentes dos esenciais, universais ou necesarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baixeza moral dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Negación ou retractación dunha idea ou dunha crenza, xeralmente ao ter cometido algún erro.

    2. Acción de retractarse, solemnemente e baixo xuramento, dunha crenza relixiosa profesada ata o momento.

    VER O DETALLE DO TERMO