"Chad" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
PERSOEIRO
Político e militar alxeriano. En 1955 ingresou nas guerrillas antifrancesas. Entre 1963 e 1979 foi xefe da segunda rexión militar da Alxeria independente e, en 1965, membro do Consello Revolucionario. No ano 1979 foi elixido secretario xeral da Front de Libération Nationale (FLN), Presidente da República, comandante en xefe das forzas armadas e ministro de Defensa. Durante o seu goberno reprimiu a corrupción administrativa e multiplicou os acordos económicos con Occidente; así mesmo, excarcerou a Ben Bella en 1980. Dimitiu de todos os seus cargos en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lance da rede ou do aparello chamado boliche.
-
Pesca que se colle dunha vez co boliche.
-
-
-
Percorrido sen interrupción, ou trazo continuo, feito cun só golpe de brocha chea de pintura ou verniz.
-
Cantidade de pasta pitórica que retén a brocha ao ser mollada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste en arrincar limaduras coa brocha, para obter buratos dunha sección determinada (brochado interior) ou perfís exteriores (brochado exterior). O brochado emprégase na fabricación en serie de pezas pequenas ou medianas e permite obtelas con pouco tempo de mecanización, polo xeral cunha soa pasada. O brochado interior efectúase para facer buratos cadrados ou hexagonais, rañuras para acanalados, etc; e o brochado exterior, para facer o acabado dos lados das bielas, as bocas de certas ferramentas, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina-ferramenta empregada para efectuar o brochado, que se caracteriza por unha velocidade de corte reducida e na que a ferramenta, denominada brocha, está dotada, mediante un mecanismo de cremalleira ou por accionamento hidráulico, dun movemento lonxitudinal. As brochadoras poden ser horizontais ou verticais; as primeiras teñen un campo de aplicación máis amplo, e as segundas teñen un rendemento máis elevado e permiten poñer e sacar a brocha automaticamente. Adoitan traballar a tracción, pero tamén o poden facer a compresión.
-
-
Monte ou terreo inculto que se cava ou ao que se lle queima a broza para sementar nel.
-
Lume feito ao ar libre con leña ou con outros materiais combustibles que arden e levantan labaradas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Ribadavia. As súas armas levan, sobre campo de azul, unha cachada.
-
PERSOEIRO
Escultor. Comezou a súa formación no obradoiro do seu pai ata que, con quince anos, marchou a Lisboa; alí traballou con Nicolás Pinto e despois con Giusti de Almeida en Mafra. Realizou, entre outros, os programas escultóricos da basílica da Estrela (1777-1783), do pazo de Ajuda e do pazo do Marqués do Pombal en Oeiras. Entre 1771 e 1775 esculpiu a estatua ecuestre de D. José, situada na Praça do Comércio de Lisboa. Destacou na elaboración de beléns nos que seguiu o estilo desenvolvido no sur de Italia, caracterizado por mesturar as escenas relixiosas coas populares, tratadas dun xeito realista e anecdótico. Entre eles destaca o da catedral de Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago endorreico de Sudán, África centro-tropical, situado entre os estados de Chad, Nixeria, Níxer e Camerún. De marxes incertas e moi variables, sobre todo no L, a súa superficie oscila entre os 10.000 km2 na estación seca e os 16.300 km2 na estación de chuvias (outubro-decembro). De escasa profundidade (mínima 2 m e máxima 5 m), as súas ribeiras están cubertas de canavais espesos e contan con numerosos illotes, habitados só por pescadores. Está alimentado por diversos ríos, entre os que destacan o Chari e o Logone ao S, e o Komadugu Yobe ao O. Ten unha fauna moi rica: hipopótamos, crocodilos, londras, manatís e aves acuáticas; a pesca é moi abundante. N’Guigmi, no SL de Níxer, é o núcleo de poboación máis importante da súa beira. Desde 1970 a súa superficie está en continua regresión, por mor da seca e do avance do deserto do Sáhara.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de África tropical, que se estende polas lonxitudes centrais do continente dende o Sahara ata Sudán, entre os 23°-8° de latitude N e os 14°-24° de lonxitude L (1.284.000 km2; 7.270.000 h [estim 1998]). Limita ao N con Libia, ao L con Sudán, ao S coa República Centroafricana, ao SO con Camerún e Nixeria e ao O con Níxer. A capital é N’Djamena.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O país esténdese pola parte occidental da vasta cubeta do Chad, formada por unha depresión do zócolo antigo, cunhas marxes elevadas que forman unha serie de macizos: o Tibesti, ao N, altiplano primario cuberto por depósitos de materiais volcánicos, que culmina no Emi Koussi, de 3.415 m de altitude; o Ennedi, ao NL, altiplano sucado por desfiladeiros, que chega aos 1.450 m; o Ouaddaï, ao L, de relevo anárquico no que sobresaen picos volcánicos, que se prolonga ao O ata Hadjerai, onde culmina no pico de Guéra; e os contrafortes do macizo de Yade, ao... -
-
Relativo ou pertencente ao Chad, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante do Chad.
-
Familia de linguas (ó redor dunhas 50) faladas ao N de Nixeria e Camerún e ao S de Chad. As linguas máis importantes desta familia, de O a L, son o hausa, o angas, o ron, o bola, o tangale, o margi, o musgu, o mubi, etc. Caracterízase, sobre todo, polo uso dos pronomes febles diante do verbo que, en parte, son idénticos aos prefixos e aos sufixos persoais das linguas afroasiáticas. Outras trazos lingüísticos que o emparentan con esta lingua son a desinencia feminina a, o uso do pronome feminino ta, o emprego da partícula de anexión n, etc. Por iso, algúns lingüistas, como J. Lukas, cren que se trata dunha banda que se desborda cara ao S. Tamén se denomina chádico ou chado-camítico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ivan Dimitrievitch Ivanov.
-
PERSOEIRO
Físico inglés. Traballou con Rutherford no estudo da desintegración artificial e da carga dos núcleos. En 1932 identificou a natureza do neutrón, traballou nas reaccións en cadea e en 1943 colaborou, como delegado do goberno británico, no desenvolvemento da bomba nuclear en Los Alamos (EE UU). É coautor, xunto con E. Rutherford e C. D. Ellis, do libro Radiations from Radioactive substances (Radiacións das substancias radioactivas, 1930). En 1935 recibiu o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formado como arquitecto, traballou entre 1933 e 1939 como delineante en Londres. Participou na Segunda Guerra Mundial como piloto da Fleet Air Arm. En 1945 comezou a realizar construcións e móbiles en metal e cristal, e en 1947 instalouse en Gloucestershire. As súas primeiras obras eran pesadas estruturas metálicas sostidas por patas finas e delgadas. A partir dos anos setenta realizou esculturas de carácter monumental e, posteriormente, obras coas superficies moi pulidas. Instalou na súa casa, Lypiatt House, unha mostra permanente da súa obra e un obradoiro de fundición, Pangolin. Recibiu en 1956 o premio internacional de escultura da Venice Biennale. Entre as súas obras destacan Dragonfly (Cabaliño do demo, 1951), Moon Series (Series lunares, 1965-1966) e Two Winged Figures (Dúas figuras aladas, 1968-1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de chanchar.
-
Porción de alimento que se pode arrincar dunha soa vez cos dentes.
-
-
-
Acción e efecto de chuchar.
-
Cousa de pouco valor e importancia. Ex: Por unha chuchada enfadouse coa súa nai e non lle falou nunca máis.
-
Xoguete para nenos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
chupadela.