"Chan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 202.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nas representación heráldicas, dise da peza ou figura colocada enriba ou sobreposta a outra, pero sen pecharse nela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato hidratado de cobre, de fórmula Cu4(SO4)(OH)6. É unha variedade de cor verde esmeralda da calcantita, frecuente nas zonas de oxidación dos xacementos de minerais de cobre. Cristaliza no sistema monoclínico; ten dureza 3,5-4 e peso específico 3,8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo territorio do L de Escocia, parte do actual Aberdeenshire, que se estende desde o río Ythan ao Deveron. Foi un dos sete antigos mormaorships escoceses. Convertido en condado, no s XII foi rexido polos Comyn, que o perderon na loita cos Bruce. Foi entregado entón a Alexandre o Raposo de Bandenoch cara ao 1382. O rexente, o duque de Albany, cedeullo ao seu fillo John Steward, morto sen fillos. En 1469 foi concedido a James Steward, pasando aos seus descendentes e, por liña feminina, aos Douglas en 1580 e aos Erskine en 1617.
-
PERSOEIRO
Avogado, escritor e político. Desde 1935 foi gobernador de Canadá. É autor de novelas de aventuras como Prester John (1910) e The Thirty-nine Steps (Os 39 chanzos, 1915); de poemas, biografías como Walter Scott (1932), ou Cromwell (1934) e de estudios de historia: History of Great War (Historia da gran guerra, 1921-1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista escocés. Educado nas universidades de París e de Saint-Andrews, foi profesor entre 1528 e 1552 en París, Bordeos e Coimbra. Polas súas sátiras relixiosas foi obxecto de persecucións. En Escocia exerceu cargos académicos, públicos e palatinos e foi preceptor do futuro Xaime VI de Escocia e I de Inglaterra dende 1570. Foi partidario do calvinismo e un duro adversario de María Estuardo, axudando a preparar a acusación que se leu no seu proceso, a Detectio Mariae reginae (Acusación contra a Raíña María, 1571). Así mesmo, foi autor dun tratado teórico sobre a soberanía popular e contra o absolutismo, escrito para o seu discípulo Xaime VI e titulado De jure regni apud Scotos (Sobre o dereiro real ante os escotos,1579). Autor de obras satíricas, históricas e didácticas, foi tamén un notable poeta en latín, traduciu Medea e Alcestis de Eurípides e escribiu dúas traxedias bíblicas Jephthes e Baptistes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Comezou a súa carreira política en 1820 ao acceder ao Congreso co Partido Demócrata, renovando a súa acta ata 1831. Entre 1831 e 1833 foi ministro plenipotenciario en San Petersburgo e senador. De 1856 a 1860 foi o décimo quinto presidente dos EE UU, tolerando a política escravista e defendendo a autonomía de cada estado. O final do seu mandato coincidiu coa separación da Unión de sete estados sudistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Entre 1957 e 1969 dirixiu na Universidade de Virginia un centro de estudios de economía política e filosofía social. As súas investigacións céntranse no eido da economía pública. En 1986 concedéuselle o Premio Nobel de Economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Val-de-Marne, na île-de-France, Francia (24.226 h [1990]), situada ao S de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen porfía nas súas ideas ou actitudes, incluso en contra da evidencia.
-
Ser imaxinario que representa o mal.
-
Diaño luxurioso.
-
Home luxurioso e mullereiro.
-
-
MONTES
Monte que serve de límite entre as parroquias de Rececende (concello da Pontenova), Vilapena e Vilaformán (concello de Trabada). O seu cumio acada os 776 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Variante do apelido galego Chao.
-
Liñaxe que trae como armas escudo acuartelado: primeiro e cuarto, en campo de goles, con dúas faixas de veiros de prata e azul; segundo e terceiro, en campo de goles, cunha barra de prata.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola budista chinesa de meditación, que se coñece en xaponés co nome de zen. O budismo introduciu en China a forma india de meditación, pero mestres como An Shigao asimilárona axiña á idea taoísta de conservación da enerxía vital.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bisemanal subtitulada “La Revista de los gallegos”, que se editou (1969-1970) en Madrid. Raimundo García Domínguez Borobó foi o seu director e fundador e Jesús Tobío, subdirector. Acollía traballos de colaboradores como Manuel Blanco Tobío, Máximo Sar, Ben-Cho-Shey, Fernando Mon, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Carlos García Bayón, A. Tomé, Lavandeira ou Siro López; os tres últimos deseñaban o humor gráfico. Nesta publicación confluíron varias xeracións de escritores, tanto da preguerra e do exilio, como autores novos. Contaba coas seccións: “Anacos”, “Folloteca”, “Pensando en gallego”, “Economía” e “Actualidad”. A revista daba a coñecer a realidade e a actualidade de Galicia, centrada na economía das “Páxinas económicas, Galicia como empresa” e na política, nacional ou internacional, en “Atlas en el Toral”. No eido cultural acollía traballos sobre música, historia e literatura, nos apartados “Poetas do Chan”, “Biblioteca Gallega” e “Anaquelerías”, e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Marín, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A cámara, de planta poligonal, está formada por sete chantas imbricadas e inclinadas cara ao interior da cámara. En 1975, cando a investigaron Antonio de la Peña Santos e Antón A. Rodríguez Casal, non tiña lousa de cobertura; sen embargo, posteriormente, apareceu sobre a anta unha lousa de cobertura da que non hai certeza que sexa a orixinaria. O corredor, orientado cara ao O, consta de seis chantas sen cubrición. A dimensión total é de 4,20 m no seu eixe maior, dos que 2,30 m son do corredor, e de 2,30 m no eixe menor. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: catorce puntas de frecha de base triangular, dúas láminas de sílex, dúas machadas de sección cadrada, catro bólas de pedras e arxila, un percusor, fragmentos cerámicos e ocre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Moaña e restaurada en 1953 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, quen realizara, xunto con Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real, as escavacións preliminares. Tipoloxicamente pertence ao grupo de mámoas de corredor, sen diferenciación neta entre cámara e corredor, e de forma xeral en V. A cámara, de planta poligonal, está formada por once chantas imbricadas; a tampa, que está partida, ten unhas dimensións aproximadas de 2 m no eixe maior. O corredor, orientado cara ao L, consta de cinco chantas e tres lousas que o cobren. A dimensión total é de 5,20 m no seu eixe maior, dos que 1,70 m son do corredor; a anchura da cámara é de 3,45 m e a do corredor diminúe a medida que se distancia da cámara. As catro lousas de cubrición están montadas de forma ascendente comezando polo extremo do corredor e a altura máxima, no interior da cámara, é de 1,70 m. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: unha machada, un microlito, restos de ocre e varios fragmentos cerámicos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Vilaboa, tamén coñecida como Mámoa do Rei, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A anta, moi deteriorada, está no interior dun túmulo de 3 m de altura e cunhas dimensións de 30 m no eixe maior e 20 m no menor. Conserva catro chantas, unha ao N e tres ao S, que posiblemente configuraron unha planta poligonal. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: cinco puntas de frecha de base triangular, un microlito, un núcleo de sílex, un disco en lousa, unha bóla de granito e un fragmento de limonita. Nunha das chantas do S pódense observar varios gravados a base de liñas horizontais onduladas e outro gravado posterior de tipo cruciforme.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Razo, no concello de Carballo, situada fronte aos illotes das Percebeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Arbo e Cabeiras (concello de Arbo), Cerdeira (concello das Neves) e Luneda (concello da Cañiza). O seu cumio acada os 956 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Sorrizo, no concello de Arteixo, situada ao NO do porto de Sorrizo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe subtitulada “Revista galega de información general”, que apareceu en Caracas en novembro de 1984. Na dirección contou con Manuel Ponte e no grupo de colaboradores destacaron, entre outros, Ramón Coutiña, Manuel Álvarez Quiroga e Noemí Candón. É unha revista de carácter informativo orientada á comunidade galega emigrante na que se incluían, sobre todo, temas culturais.
VER O DETALLE DO TERMO