"Chas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 66.

    1. Impresión que se sofre cando algunha cousa resulta de xeito diferente a como se esperaba.

    2. Burla ou engano que se lle fai a alguén. Ex: Meteume un bo chasco ao dicirme que resucitara o morto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos túrdidos, de peteiro fino e cunha plumaxe, nos machos, de cores vivas e contrastadas, e nas femias, con deseños similares pero con cores máis apagadas. As máis das especies presentan a mitra de cor branca. A cola ten forma cuadrangular. Adoitan pousarse nun punto elevado, como unha pedra ou a punta dun arbusto, cunha postura ergueita e a cola levantada ou abaneante. Aniñan principalmente no chan.

    2. Ave que constitúe unha especie endémica do arquipélago canario e da que existiron dúas subespecies: unha en Fuerteventura e outra na illa de Lanzarote que se extinguiu. Habita en ambientes áridos, esteparios e volcánicos con matogueiras e arbustos.

    3. Ave de 16 cm de lonxitude. Ten as partes superiores de cor cincenta, a cella de cor branca, un grande anteface negro, a gorxa e o peito de cor ocre, o ventre e a mitra de cor branca e as alas negras. De distribución paleártica, está presente nas costas de Grenlandia, Alasca, nordeste de Canadá e Eurasia. As poboacións que aniñan en Europa retornan, ao rematar a cría, á rexión de Sudán. Na Península Ibérica habita en zonas desarboradas da metade norte peninsular; no centro e no sur a súa presenza é menor e aparece asociada a montañas. En Galicia é unha especie común como ave de paso, aínda que ás veces aniña en pastos e sistemas de dunas.

    4. Ave de ata 12,5 cm. Presenta a cabeza e a gorxa de cor negra, o colar e a mitra de cor branca, e o peito rubio. Vive en medios abertos con monte baixo e no medio agrícola. Distribúese pola rexión etiópica e paleártica, dende Irlanda, Marrocos e a Península Ibérica ata Xapón. Está practicamente ausente de Escandinavia e de Europa central e oriental. No norte de África e na maior parte de Europa está presente a subespecie S. torquata rubicola, mentres que en Galicia, na Bretaña e nas illas Británicas a subespecie S. torquata hibernans. Tamén recibe o nome de cabeciña negra.

    5. Ave de 14 cm de lonxitude. De cor ocre, ten a mitra branca e a cola negra. Vive en chairas areosas ou rochosas dos desertos norteafricanos e do Oriente Próximo. Aparece como ave divagante en Europa.

    6. Ave de 14,5 cm de lonxitude. O macho ten o dorso de cor loura clara, cara e gorxa de cor negra, mitra branca e alas negras. Distribúese nas zonas mediterráneas en chairas, pastos, oliveirais, viñedos e bosques moi clareados da rexión do Sudán e no circunmediterráneo. En Galicia localízase no cuadrante suroriental, entre os 600 e os 1.200 m de altitude, en chairas extensas e matogueiras con rochedos.

    7. Ave de ata 17,5 cm de lonxitude. Ten a plumaxe totalmente negra agás a mitra, e os laterais da base da cola de cor branca. Vive en rochedos e canóns moi áridos, e compórtase como unha especie sedentaria excepto as poboacións máis nórdicas que realizan desprazamentos cara ao S no inverno. Distribúese pola Península Ibérica e polo N de África onde, limitada polo deserto, se estende pola costa do Sáhara e o N de Mauritania, e polo L chega ata o NO de Libia. Na Península Ibérica está presente na zona mediterránea cunha maior densidade no litoral e val do Ebro.

    8. Ave de 12,5 cm de lonxitude. Presenta as meixelas escuras bordeadas de branco e unhas manchas brancas a ambos os dous lados da base da cola. O macho ten o peito e a gorxa de cor laranxa. Presenta unha distribución paleártica e aniña dende a Península Ibérica, Italia e o Cáucaso ata o N de Escandinavia en prados húmidos, gándaras e brañas, ademais de pradeiras subalpinas. Despois da época de cría retorna ás sabanas e ás estepas etiópicas. Na Península Ibérica ten un núcleo poboacional cantábrico e outro no Sistema Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco comercial constituído en Nova York en 1955 como resultado da fusión do Bank of Manhattan Company (fundado en 1799) e o Chase National Bank (1877), estreitamente ligado á familia Rockefeller desde 1929. A fusión entre o Chase Manhattan Bank e o Chemical Bank orixinou un dos bancos máis importantes dos EE UU. Con presenza en cincuenta países e dotado dunha extensa rede de oficinas, sucursais, bancos afiliados e especialistas financeiros, o seu volume de activos equivale a preto da metade da banca comercial española. É o membro máis importante da Chase Manhattan Corporation (hólding fundado en 1969). O Chase Manhattan Bank España naceu da fusión de tres bancos estranxeiros que actuaban neste país desde 1979: Manufacturers Hanover Trust, Chemical Bank e Chase Manhattan Bank.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e actor cinematográfico norteamericano. Traballou con Chaplin como actor a partir dos anos vinte. Entre outras películas dirixiu The Hunt (A caza, 1915), Jack Frost (1923), Halfway to Hollywood (A medio camiño de Hollywood, 1938), It Happened One Day (Aconteceu un día, 1934) ou Saved by the Bell (Salvado pola campá, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan No Orchids for Miss Blandish’ (Non hai orquídeas para Miss Blandish, 1939), Lady, Here’s your Wreath (Señora, aquí ten o seu ataúde, 1940) e The World in my Pocket (O mundo no meu peto, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina norteamericana. Debutou en 1937 co Mordkin Ballet e en 1939 fundou, xunto con Richard Pleasant, a compañía Ballet Theater que dirixiu dende 1941 ata 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor norteamericano. Formouse en Nova York e Múnic. Instalado en Nova York desde 1878, foi profesor no Art Student’s League e na Chase School of Art fundada por el mesmo en 1896. Pertenceu ao grupo de pintores de Os Dez desde 1902 e realizou paisaxes, bodegóns, retratos e escenas de interior. Entre as súas obras destacan No estudio (1880-1883), A muller do chal branco e Retrato dunha dona vestida de negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de acabado aplicado aos tecidos de algodón que consiste en facelos pasar varias veces pola calandra ata conseguir que presenten un tacto suave e brillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Soporte de determinados dispositivos, instrumentos ou máquinas.

      2. Soporte sobre o que se montan os elementos dun aparato electrónico.

    1. Estrutura metálica situada na parte inferior do automóbil que soporta o motor e a carrocería.

    2. Parte posterior dunha cámara fotográfica onde se dispón a película.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor de xeodesia e mecánica aplicada na Escola Politécnica e de xeometría superior na Sorbonne. Creou a xeometría proxectiva moderna independentemente de Jakob Steiner. É autor de Traité de géométrie supérieure (Tratado de xeometría superior, 1852) e Traité des sections coniques (Tratado das seccións cónicas, 1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito francés. Foi catedrático de Literatura Comparada no Collège de France. Da súa produción destaca a obra Études de la littérature comparée (Estudios da literatura comparada, 1846-1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da suborde dos proterosuquios de ata 2 m de lonxitude. Presenta un corpo alongado e as patas pequenas e fortes de cinco dedos, dispostas en ángulo respecto ao corpo. Pasaban a maior parte do tempo nos ríos onde se alimentaban principalmente de peixes. Propios de principios do Triásico, os xacementos máis importantes están en Sudáfrica e China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 5,2 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo. Na fronte presentaban un par de grandes cornos revirados cara a arriba, outro máis pequeno no fociño e unha gran gola ósea dende a parte posterior do cranio que cubría o pescozo e a parte superior dos ombreiros. Os principais xacementos localízanse no N de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que recibían en Perú, México, Ecuador, Arxentina e noutros países americanos os primitivos indios que realizaban o servizo de correo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído que produce unha cousa ao estalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso de danza no que se fai escorregar suavemente unha perna sobre unha das posicións abertas ata dobrala, de xeito que descanse nela o peso do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. En 1831 comezou a asistir ao obradoiro de Ingress en Roma, onde realizou Lacordaire (1840). Nas súas obras intentou compaxinar o clasicismo de Ingress co colorido de Delacroix. En 1846 viaxou por Alxeria e, desde entón, cultivou a temática oriental (Toilette d’Esther, 1841). Atraído pola figura feminina, realizou nus dunha delicada elegancia (Ninfa durmida, 1850). Entre 1844 e 1848 decorou con alegorías da paz e da guerra a Cour des Comptes do Palais d’Orsay en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura neolítica homónima da localidade francesa de Chassey, no departamento de Saône-et-Loire, onde se descubriu o primeiro xacemento no ano 1864. Corresponde ao grupo do segundo Neolítico do Occidente europeo e ocupou a maior parte do territorio do actual estado francés. Era unha sociedade fundamentalmente agrícola que tamén practicaba a gandería. É típica dela un tipo de peza de cerámica de asa horizontal, con diversas perforacións, coñecida como frauta de Pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Foi profesor na Escola Práctica de Altos Estudios da Sorbonne (1957-1970) e na cátedra do Collége de France (1970-1984). Discípulo de Raenudet e de Focillon, especializouse no estudo do Renacemento italiano. Exerceu como crítico de arte no xornal Le Monde e fundou diferentes revistas especializadas como Art de France e Revue d’Art. É autor, entre outras obras, de Art et humanisme à Florence au temps de Laurent le Magnifique (Arte e humanismo en Florencia na época de Lourenzo o Magnífico, 1959), Marsile Ficin et l’art (Marsilio Ficino e a arte, 1975), Fables, formes, figures (Fábulas, formas, figuras, 1979), L’image dans le miroir (A imaxe no espello, 1980), L’art italien (A arte italiana, 1982) e Le sac de Rome: 1527 du premier maniérisme à la Contre-reforme (O saqueo de Roma: 1527 do primeiro manierismo á Contrarreforma, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO