"Coruña" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 103.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade irregular aparecida na Coruña na década dos anos oitenta; concretamente, consérvanse exemplares de 1984. Continuou a editarse ata o número especial dedicado ao primeiro de maio, no ano 1986. Cómpre salientar o labor dos tres presidentes que fixeron posible a existencia e continuación deste boletín: Pablo Uriel Díaz, o maxistrado Claudio Movilla Álvarez e o avogado coruñés Guillermo Díaz Gómez. Só ocupaba unha folla que non acostumaba levar cabeceira. Esta publicación estivo profundamente vinculada ao Ateneo da Coruña, asociación que naceu en febreiro de 1977 co apoio de persoas que pertencían a distintos sectores sociais. Tendo en conta o gran número de actividades que levaban a cabo crearon comisións de cine, fotografía, política, muller, música, deseño, lingua, etc. Colaborou xente como Pablo Castellanos, Fernando Morán, Francisco Fernández Ordóñez, Juán Luis Cebrián, Javier Solana, Camilo Nogueira, Rafael Dieste, Xosé Luís Aranguren, Cristina Alberdi, Celso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter técnico aparecida na Coruña despois de 1975. De periodicidade bimensual, chegaba a todos os asociados da provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu á luz na Coruña en xaneiro de 1956 e deixou de publicarse en 1965. A pesar de que esta publicación contou con poucas firmas, entre os colaboradores están A. Couce Doce, Enrique Señoráns, M. Suárez Perdigueiro ou Pedro González. Estaba dividido en catro seccións tituladas “Opiniones”, “Noticias y avisos del colegio”, “Disposiciones oficiales” e “Última hora”. Ofrecía, ante todo, información sobre as noticias e actividades que realizaban os médicos da provincia. Cando a ocasión o precisaba editaban un suplemento ou folla informativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu na Coruña en maio de 1988 e o último número rexistrado é de 1991. Dentro do sumario incluíanse seccións como “Licencia fiscal”, “Noticias del colegio”, “Seguridad ciudadana”, “Audiencia provincial” e “Tribunal Superior de Justicia de Galicia”. No editorial do primeiro número, titulado “Nueva etapa”, podíase ler que se trataba dunha reaparición marcada por un novo estilo informativo, á marxe do labor que realiza outra revista ligada ao propio Colexio e titulada Foro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu o 2 de xuño de 1834 e pasou por diferentes etapas. Nun principio incluía como todos os periódicos oficiais da época, non só información local, senón tamén datos de carácter xeral, anuncios e artigos varios. Contaba con seccións como “Artículos de oficio”, “Real decreto”, “Ministerio de lo interior” ou “Anuncios”. Pola década dos anos corenta só prevalecían “Artículos de oficio”, “Anuncios oficiales” e “Anuncios”. Neste último apartado introducíronse debuxos para ilustrar os anuncios varios, como casas, barcos, carruaxes, etc. Chegou mesmo a incluír poemas patrióticos e de circunstancias. Deste xeito, podemos salientar o número 147, con data do 6 de xullo de 1836, onde aparecía o “Diálogo entre Gorecho e Mingos”. Trátase dun dos primeiros textos galegos en prosa, texto que formou parte dos diálogos de sátira política que tanto proliferaron no século XIX. Nun principio ao abeiro da loita contra os franceses, e despois no marco das liortas entre liberais e absolutistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu na Coruña en 1901, e que continuou ata xuño de 1905. Este boletín en castelán dirixido a profesionais estaba dividido en tres seccións principais: “Sección oficial”, “Sección de intereses profesionais” e “Nacementos e defuncións”. Editouse na imprenta de Ferrer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña o 1 de xaneiro de 1958. As principais seccións deste diario en castelán eran “Administración Central”, “Administración de Justicia”, “Administración Provincial”, “Administración Municipal” e “Parte no oficial”. Non obstante, este boletín tivo dúas etapas anteriores, a primeira en 1834 e a segunda en 1883.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio neoclásico construído por Juan Vergel en 1748. Foi concibido como vivenda do capitán xeneral e sede da Audiencia. A súa planta é cadrada e está organizado ao redor dun patio central. Ten planta baixa e dúas alturas. A fachada amosa a horizontalidade coa que foi concibido o edificio. O corpo central remata nun tímpano semicircular no que se atopa un reloxo e o escudo real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • “Boletín informativo” bilingüe que se editou na Coruña. Estaba dividido nas seccións “Presentación”, “Cine galego”, “Colaboración” e “Filmografía”. A súa primeira etapa abrangueu dende 1974 ata 1975, anos nos que publicou varios monográficos en castelán sobre directores como Berlanga, Kurosawa ou Orson Welles, así como un estudo sobre o cine francés. Trátase de reportaxes documentadas con biografías, filmografías e gráficas. Máis tarde, na segunda época, que comezou en febreiro de 1976, o boletín converteuse en bilingüe, ao tempo que engadiu as seccións “O cine na Coruña”, “Crítica”, “Cine-club”, “Cine gallego”, “Lib cine” e “Televisión”. No apartado de colaboradores figuraban Eugenio Alonso Correa e Enrique Alonso Quintás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1847 co nome de Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos. O seu primeiro presidente foi Jorge José Yáñez. No momento fundacional concibiuse como unha sociedade de socorros mutuos formada só por artesáns, mentres que co paso do tempo a sociedade abriuse á burguesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo fundado na Coruña o 24 de febreiro de 1966. Dedicado fundamentalmente á promoción do tenis, ten como obxectivo fundamental proporcionarlles aos seus asociados a infraestrutura precisa para a práctica deportiva. Entre o 17 e o 19 de xullo de 1998 acolleu a eliminatoria de cuartos de final da Copa Davis que disputaron os equipos de España e Suíza, que rematou co triunfo español por 4-1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1989. Os seus fins son a promoción das actividades empresariais dos seus membros. Realiza conferencias, cursos, seminarios, reunións de traballo, entre outras actividades de carácter recreativo e social. Presidido por Salustiano Carro Páramo e dirixido por José Cantorna Agra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter profesional que comezou a publicarse en outubro de 1990 na cidade da Coruña. Subtitulado “Órgano informativo de los agentes comerciales coruñeses”, ofrecía documentos propios do sector cunha elaboración coidada, estaba ilustrada con fotografías. Dirixiuna Ezequiel Pérez, e coordinouna I. Martínez Murás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Consulado da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña o 1 de xaneiro de 1855 e que cesou en xullo do ano seguinte. Imprimiuse nos obradoiros de Míguez, e o seu redactor xefe foi Xoán Pedro Vicenti. Incluía novas de carácter comercial, industrial, agrícola e do mar. Xurdiu como continuidade de El Coruñés, xornal do ano 1850, nome que recuperou a partir de 1856.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun castelo de prata; segunda partición, en campo de azul, con cinco estrelas de ouro, colocadas en aspa; bordo de goles, con oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu o 12 de maio de 1895 baixo o subtítulo de “Semanario festivo coruñés”. Cesou ao mes seguinte da súa saída. Entre as súas páxinas hai composicións de Enrique Labarta, Xenaro Mariñas ou Eladio Rodríguez González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista gratuíta en castelán que apareceu na Coruña no ano 1930. Tivo dous subtítulos “Órgano oficial del Centro de Protección Chauffeurs” e “Órgano del Centro Protección Chauffeurs de La Coruña. Revista mensual de automovilismo, mecánica, turismo, datos útiles y deportes”. Dirixiuna Ángel Antón e entre os seus colaboradores figuraban Antonio Rey Sousa e Juan Rey Castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña en decembro de 1985, subtitulada “Boletín informativo municipal”. Como manifesta no seu primeiro número o director do servizo municipal de deportes, Eduardo Blanco Pereira, o seu principal obxectivo era informar os cidadáns sobre a programación deportiva do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que apareceu o 6 de marzo de 1905 e que cesou en xaneiro de 1906, despois de publicar 44 números. Informaba sobre a actualidade política da Coruña e de Madrid, especialmente do goberno dirixido por Maura. Entre as seccións figuraban “De cocina”, “Memorándum de la semana” e “Marinedina”, que contiña artigos sobre temas de actualidade mesturados con ironía e composicións poéticas, case sempre asinados polo pseudónimo El ciego de la esquina. Colaboraron, entre outros, Eduardo Pondal, Valle-Inclán -que publicou nesta revista un fragmento da Sonata de Otoño-, Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta e W. Fernández Flórez.

    VER O DETALLE DO TERMO