"Daniel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 97.
-
PERSOEIRO
Debuxante polaco. Comezou pintando esmaltes no obradoiro do pintor Haid. Ilustrou numerosas edicións de obras literarias de Ariosto, Cervantes e Lessing, entre outros. Retratou a vida familiar e cotiá do pobo e da pequena burguesía. Foi nomeado en 1797 director da Academia de Berlín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. En 1959 instalouse coa súa familia en Alemaña, de onde procedía a súa familia; en 1965 regresou a Francia e comezou os estudios de socioloxía na Université de Nanterre. En 1968, xunto con Jacques Sauvageot e Alain Geismar, fundou o Mouvement du 22 mars, que xogou un papel moi activo nos sucesos revolucionarios de maio de 1968. Por mor destas actividades, as autoridades expulsárono a Alemaña o 25 maio dese ano; e non se lle permitiu a entrada no país galo ata 1978. Instalado de novo en Alemaña, colaborou activamente na articulación dos Verdes. En 1989 foi designado adxunto do alcalde de Frankfurt para as relacións multiculturais (o 25% da poboación da cidade non é alemá de orixe) e en 1994 foi elixido deputado ecoloxista no Parlamento europeo, onde desenvolveu os cargos de presidente do comité para as relacións con Turquía da UE e de coordinador do comité para os Asuntos Estranxeiros, Dereitos Humanos, Seguridade Común e Política de Defensa. Entre outros, é autor dos libros:...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e físico. Profesor de mecánica na Escola de Artes de París e na Universidade de Xenebra. No ano 1828, mediu, xunto con Sturm, a velocidade do son na auga (1.435 m/s) e a compresibilidade dos fluídos. Demostrou as vantaxes do aire comprimido na transmisión de forza das bombas de compresión que aplicou na construción de túneles como o de Sant Gotard e o de Mont-Lein. Traballou sobre a electricidade atmosférica e sobre a propulsión das rodas de pas nos barcos de vapor.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e dramaturgo. É autor dunha extensa produción dramática que se constitúe ao redor da idea fundamental da necesidade dun drama nacional que teña como base a revisión da historia de Galicia, case sempre dende a óptica da loita de clases e de esquerdas. Así, á parte dos primeiros textos, Nicolas Flamel (1960) e O renarte Ciprián (1960), o resto da súa produción insírese dentro do teatro histórico: Prisciliano (Premio Villar Ponte do Centro Galego de Bos Aires, 1970). No ano 1973 publicou Xelmírez, ou a groria de Compostela, representada en 1999 polo Centro Dramático Galego; Os irmandiños (1978), representada polo grupo Tespis en 1980 e Pedro Madruga (1981). En 1986 creou unha tetraloxía denominada xenericamente Castelao ou a paixón de Galicia, que se compón dos seguintes volumes:...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Fundou o Colegio de México (1938), a editorial Fondo de Cultura Económica (1948) e as publicacións Revista de Historia Mexicana e Trimestre Económico. Dirixiu La Historia Moderna de México (1955-1972), obra en dez volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse con Il Cerano na Accademia Ambrosiana. A súa obra sitúase entre o manierismo lombardo e o realismo romano. Da súa produción cómpre salientar A cea de San Carlos Borromeo de Santa Maria della Passione (1621?) e as Escenas da vida dos beneditinos das cartuxas de Caregnano (1629) e Pavía (1630).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo hebreo composto do substantivo dayâm ‘xuíz’ ou do perfecto do verbo dan ‘xulgar’ e mais -el, forma abreviada de Elohim ‘Iavé, Deus’. Presenta os hipocorísticos Meluco e Melencho. Daniel, un dos grandes profetas bíblicos, celébrase o 21 de xullo, e san Daniel o Estilita (410-490) o 11 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Profeta bíblico, personaxe central do libro que leva o seu nome. Procedente dunha familia nobre de Xudá, foi desterrado a Mesopotamia trala invasión de Nabucodonosor no 587 a C, e alí permaneceu nas cortes babilónica e persa. Aparece representado no Pórtico da Gloria da catedral compostelá con faciana riseira. Represéntase, xeralmente, coma un mozo imberbe, con túnica curta e cun gorro frixio na cabeza (ó estilo dos personaxes orientais), e leva como atributos, un par de leóns deitados aos seus pés, un carneiro de catro cornos e un pergamiño coas profecías gravadas.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Moscova (?1280-1303), fillo de Alexandre Nevskij. En 1302 anexionou o principado de Perejaslav e sentou as bases da posterior unificación das terras rusas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro profético do Antigo Testamento, incluído na colección dos escritos (Ketubim). É obra dun autor anónimo, posiblemente do s II a C (cara ao 170-160 a C). Consta dunha parte narrativa e outra de visións, que pertencen aos xéneros profético e apocalíptico. Parte dos capítulos 3, 13 e 14, conservados en grego, son deuterocanónicos. O libro organízase en tres ciclos. No ciclo narrativo destacan tres historias: a da casta Susana e os vellos que a espiaron bañándose espida e despois a acusaron de adulterio; a dos mozos hebreos botados nun forno ao non adoraren o ídolo de ouro de Nabucodonosor, pero que Daniel salva como símbolo da graza de Deus; e a de Daniel no foxo dos leóns por violar un decreto do Rei Darío, onde consegue amansar as feras. Ao ciclo onírico pertencen: a interpretación dos soños de Nabucodonosor (o coloso de pés de barro, a pedra caída a rolos da montaña e a árbore abatida, símbolos da temporalidade dos imperios da terra); e dos de Baltasar, que...
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. Traduciu a Tasso e imitou a súa poesía en Delia (1592) e Complaint of Rosamund (O lamento de Rosamunda, 1592). Escribiu ensaios en defensa da cultura, traxedias clásicas e traxicomedias pastorais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Henri Petiot.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Daniele Riciarelli.
-
PERSOEIRO
Meteorólogo e químico. Inventou a pila eléctrica (1836) e o higrómetro (1820) que levan o seu nome, e o pirómetro (1830). Desenvolveu un sistema de iluminación con gas baseado no aproveitamento de resinas naturais que se empregou durante bastante tempo en Nova York. Entre as súas obras cómpre salientar Meteorological Essays (Ensaios meteorolóxicos, 1823), Essay on Artificial Climate Considered in Its Applications to Horticulture (Ensaio sobre o clima artificial considerado nestas aplicacións para a horticultura, 1839) e Introdution to the Study of Chemical Philosophy (Introdución ao estudo da filosofía química, 1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e xesuíta francés. Foi un dos impulsores da nova teoloxía, movemento de renovación teolóxica que propuña o retorno ás fontes do cristianismo. Xunto a Henri de Lubac fundou a colección Sources Chrétiennes (Fontes do cristianismo). As súas principais obras son Sacramentum futuri (Sacramento futuro, 1950) e Essai sur le mystére de l’historie (Ensaio sobre o misterio da historia, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Kirk Douglas, estudiou letras na Saint Lawrence University e interpretación na American Academy of Dramatic Art. A principios da década dos corenta debutou en Broadway con papeis secundarios. Comezou no cine con pequenas aparicións en The Strange Love of Martha Ivers (O estraño amor de Martha Ivers, 1946) e Out of Past (Retorno ao pasado, 1947). Durante os anos cincuenta e a primeira metade dos sesenta protagonizou gran cantidade de películas, entre as que destacan Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), The Big Carnival (O grande entroido, 1951), The Big Sky (Río de sangue, 1952), Man Without a Star (A pradería sen lei, 1955), Lust for Life (O tolo de pelo vermello, 1956), Paths of Glory (Sendeiros de gloria, 1957) ou Spartacus (1960). Tamén participou noutros títulos como The Arrangement (O compromiso, 1969), The Fury (A furia, 1978),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. De orixe obreira, denunciou as desigualdades sociais en Suecia. Dirixiu o movemento obreiro do sur de Suecia e foi o ideólogo do partido socialdemócrata. Fundou o diario Arbetet en Malmö.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político finlandés. Ensinou na Universidade de Helsinqui. Foi membro do Parlamento finlandés (1907-1914) e defendeu a independencia de Finlandia. Escribiu diversas obras sobre a historia do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Publicou baixo o pseudónimo de Nikolaj Aržak varias obras de crítica ao réxime soviético polo que o condenaron a traballos forzados. Os seus Poemas da prisión reactivaron en 1972 a polémica sobre os disidentes soviéticos. Volveu publicar en 1990 coa apertura da Perestrojka.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz francesa. Actuou tanto en cine como en teatro. Comezou a súa carreira cinematográfica con Le bal (O baile, 1931), de W. Thiele. Alcanzou a popularidade con Mayerling (1936), de Anatole Litvak. Entre outras películas destacan La ronde (A rolda, 1950), Le plaisir (O pracer, 1951), Madame de... (Señora de..., 1953), Le rouge et le noir (Vermello e negro, 1954), Les demoiselles de Rochefort (As señoritas de Rochefort, 1966), Vingt-quatre heures de la vie d’une femme (Vintecatro horas de vida dunha muller, 1968), Une chambre en ville (Unha habitación na cidade, 1982) e Le jour des rois (O día dos reis, 1991). Os seus últimos traballos son A Chef in Love (1996) e Ça ira mieux damain (2000). En teatro foi protagonista de O vestido malva de Valentina (1963) de F. Sagan e Os amantes terribles (1973) de N. Coward, en París; Coco (1969), en Broadway, e Ambassador...
VER O DETALLE DO TERMO