"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que hidroliza enlaces amídicos. Teñen acción amidásica a acilamida-amidohidrolasa, a penicilinasa (amidasa bacteriana), a v-amidasa, e a a-oxoácido-v-amidasa. A asparaxinasa e a glutaminasa son dúas amidasas que se caracterizan pola súa acusada especificidade. Os enzimas proteolíticos presentan tamén acción amidásica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos enzimas proteolíticos de orixe gastrointestinal que hidrolizan péptidos, e que se caracterizan por catalizar a hidrólise dos enlaces peptídicos adxacentes ao grupo α-amino libre do péptido sobre o que actúan. Esta propiedade fainas moi útiles para establecer a secuencia dos aminoácidos dunha molécula proteica. Case todas son metaloenzimas. As aminopeptidasas comprenden a aminoacil-oligopéptidohidrolasa, a aminoacil-dipéptidohidrolasa e a leucin-aminopeptidasa.
-
-
Aparello formado por un taboleiro e dúas varas ou paos horizontais para ser sostida ou portada por dúas ou catro persoas. Emprégase para transportar persoas ou cousas, especialmente as imaxes da procesión.
-
Taboleiro moi semellante ao que se leva nas procesións pero en forma de leito portátil. Emprégase para transportar xeralmente feridos ou lesionados. Pode ir provisto de rodas ou pode levarse coas mans.
-
Aparello formado por dúas barras longas, lixeiramente curvadas, unidas por catro barras curtas e cordas formando un tecido que, por unha parte, vai unido á besta de carga e, pola outra, é arrastrada empregándose para transportar feixes de herba, leña, louza, cerámica, etc.
-
Paos longos cunha estribeira ou resalte onde se apoian os pés e que se utilizan como muletas ou pernas para camiñar.
-
Instrumento que se emprega para apertar os aros dos pipotes.
-
-
-
Aparello formado por un taboleiro e dúas varas ou paos horizontais para ser sostida ou portada por dúas ou catro persoas. Emprégase para transportar persoas ou cousas, especialmente as imaxes da procesión.
-
Taboleiro moi semellante ao que se leva nas procesións pero en forma de leito portátil. Emprégase para transportar xeralmente feridos ou lesionados. Pode ir provisto de rodas ou pode levarse coas mans.
-
Aparello formado por dúas barras longas, lixeiramente curvadas, unidas por catro barras curtas e cordas formando un tecido que, por unha parte, vai unido á besta de carga e, pola outra, é arrastrada empregándose para transportar feixes de herba, leña, louza, cerámica, etc.
-
Paos longos cunha estribeira ou resalte onde se apoian os pés e que se utilizan como muletas ou pernas para camiñar.
-
-
PERSOEIRO
Militar e político galego da familia dos Andrade. Foille outorgado o título de conde de Andrade en 1480 polos Reis Católicos e tras vencer aos franceses en Seminara en 1503, gañoulles 13 bandeiras e incorporou o seu emblema ao escudo dos Andrade. Destacou na campaña de Nápoles como Lugartenente do Gran Capitán. Defendeu nas Cortes de Castela convocadas por Carlos I en 1520 a concesión do Voto en Cortes para Galicia que fora suprimido en 1476, ao quedar supeditado ao voto de Zamora. Como consecuencia, parece ser que o Rei o desterrou á Coruña; aínda que, segundo algúns investigadores, o certo é que volveu á cidade herculina como enviado do Emperador para preparar a recepción do Rei. Alí foi nomeado Capitán Xeneral da Armada en Flandres. Promoveu e organizou expedicións da Armada en terras americanas. Na segunda campaña comandada por Pedro de Mendoza en 1535 fundouse a cidade de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo grego peripatético (documentado ao redor do ano 70 a C). Conservou o Corpus Aristotélico levado a Roma por Sula como botín de guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago da costa NO de Francia no Canal da Mancha, pertencente administrativamente a Gran Bretaña (195 Km2; 148.000 h [estim 1995]). Constitúen unha prolongación do macizo da Armórica, e ten un relevo con costas altas e escarpadas. O arquipélago comprende as illas de Guernesey, Jersey, Alderney, Sark, Herm e outras máis pequenas. As principais poboacións son Saint Peter Port en Guernesey e Saint Helier en Jersey. As illas foron ocupadas polos alemáns dende 1904 ata finais de 1945. O dereito baséase no Grand Coutumier de Normandía, elaborado no s XIII, con engadidos posteriores de leis inglesas. As linguas oficiais son o francés en Jersey e o inglés en Guernesey, aínda que no campo se fala un dialecto francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio neoclásico situado no centro urbano de Santiago de Compostela trazado por Miguel Ferro Caaveiro e López Freire para a Confraría das Ánimas (1800). Resolto cunha planta de salón, presenta unha sucesión de capelas laterais unidas por arcos e sobre elas, unha balconada corrida ao longo de toda a nave. No interior consérvanse uns baixorrelevos policromados que representan a Paixón de Cristo, obra de Manuel de Prado, e un Vía Crucis xigante. A fachada é obra de Ventura Rodríguez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Con da ría da Coruña ao S da punta da Estrada. Ao seu carón, ao S, foi construído o dique Barrié de la Maza, abeiro do porto deportivo da Coruña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliñación oroxénica submarina que prolonga os relevos de Terra do Fogo en dirección leste ata os relevos volcánicos das illas Sandwich do Sur. Desde alí, bordeando polo S a fosa do Meteoro (8.264 m de profundidade), ten lugar unha inflexión de 180° para enlazar, polas illas Orkney do Sur, cos relevos dobrados da Terra de Graham, na Antártida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou mar Caribe Parte do Océano Atlántico situada ao N de América do Sur, ao L de América Central, ao S das Antillas e ao O do arquipélago das Pequenas Antillas (1.950.000 km2). Situado ao S do Trópico de Cáncer, entre os 9° e os 22° de latitude N e os 61° e 88° de lonxitude O, únese ao golfo de México polo canal do Yucatán; a través do canal de Panamá xúntase co Océano Pacífico, servindo de paso aos barcos mercantes. O fondo ten unha media de 3.000 m, con puntos de gran fondura, como o Bartlett Trough, ao S da illa do Gran Caimán (7.680 m), ou a fosa de Xamaica (7.238 m) entre esta illa e a de Cuba. Está dividido en dúas concas pola plataforma submarina de Beata (a 200 m de profundidade), que vai dende a costa de Honduras e Nicaragua ata as de Xamaica e Haití. A salinidade é baixa en relación coa do Océano e a temperatura relativamente alta (24°C) e con pouca variación anual. A corrente do Golfo ten parte da súa orixe no mar das Antillas, con augas que penetran...
-
PERSOEIRO
Poeta grego, discípulo de Calímaco, sen dúbida o principal poeta épico da época helenística. Non se conserva íntegra a súa obra completa, aínda que si a máis exitosa: Os argonautas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Nogueira, no concello de Ribas de Sil. Ten 838 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre, escritor e director do museo estradense Manuel Reimóndez Portela. Escribiu as pezas teatrais Os reis de Panchito (1973), Pedriño (1992), O entroido no Ulla (1995), Waldo Álvarez Ínsua (1997), Canteiros de Cuntis (1998) e Emigrantes sobranceiros (1998), entre outros títulos. Recibiu diversos premios de teatro escolar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia e punta do litoral setentrional da península do Grove situada ao L da praia Mexilloeira na parroquia de san Vicente do Grove, concello do Grove.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Punta da ría de Pontevedra situada entre a praia dos Mortos ao L e a praia das Areas ao O na parroquia de Bordóns, concello de Sanxenxo. É un antigo con unido á liña de costa polo depósito de praia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político vasco, conde consorte de Motriko. Militou no bando franquista tralo golpe militar que deu orixe á Guerra Civil española (1936-1939). Foi nomeado alcalde de Bilbao (1937-1938), embaixador en diversas capitais (1947-1964) e dirixiu o secretariado político de Xoán de Borbón, lexítimo sucesor de Afonso XIII no trono español, entre 1966 e 1969. Durante estes anos evolucionou cara a posicións monárquico-liberais e europeístas. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros (1975-1976), fundou o Partido Popular (1976-1977) con Pío Cabanillas, do que cesou por discrepancias con Adolfo Suárez na formación da Unión de Centro Democrático e Acción Ciudadana Liberal (1978), que se integrou na Coalición Democrática (1979). Foi deputado a Cortes (1979) e Presidente do Consello de Europa (1981). En 1992 mostrouse partidario de modificar a Constitución Española para dar cumprimento aos acordos de Maastricht. Escribiu Reivindicaciones de España (1941), en colaboración con Castiella, pola que obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia situada no golfo da Masma ao O da punta da Camposa, na parroquia de Cangas, concello de Foz no límite co de Burela, na Mariña Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Político e escritor boliviano. Fundou en A Paz o diario Los Debates (1915). Foi embaixador en París, Londres e Madrid, líder do Partido Liberal e ministro (1940). Publicou Pueblo enfermo: contribución a la psicología de los pueblos hispano-americanos (1909-1910). Escribiu novelas como Wata-Wara (1904), reelaborada en Raza de Bronce (1919).
VER O DETALLE DO TERMO