"Deo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 204.

  • Que non ten alantoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo da suborde dos antropoideos.

    2. Suborde dos primates que comprende os platirrinos (macacos do Novo Mundo) e os catarrinos (simios do Vello Mundo, incluíndo os cercopitecos, os hilobátidos e os homínidos). Alén das múltiples diferencias, comparten unha serie de aspectos comúns: unllas planas en todos os dedos; cranio arredondado; ollos frontais; series dentarias (30-36 dentes) verticais; posúen só dúas glándulas mamarias no peito; longos períodos de xestación; e, finalmente, poden sentarse, deixando as mans libres para manipular obxectos axudados por un polgar opoñible, cando menos parcialmente, ao resto dos dedos. En certas taxonomías, empregábase este termo para designar as familias homínida e pónxida demarcadas segundo criterios taxonómicos desacreditados na actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semestral fundada en 1954, órgano de expresión científica da Sociedad Española de Ornitología. O seu primeiro editor foi Francisco Bernis e nela publícanse numerosos artigos dos investigadores galegos membros da SEO. Consta dun “Editorial”, dunha serie de artigos desenvoltos en castelán e inglés, dunha sección de “Notas Breves” e dun apartado de “Artigos Especiais”. Amais vén complementada cun “Noticiario Ornitológico”, cunha “Sección Bibliográfica”, e cun “Índice” na contraportada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arrandear ou arrandearse.

    2. Movemento oscilante producido por un arrandeadoiro ou outro aparello semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arrodear.

    2. Percorrido que non é o máis curto ou desvío do camiño dereito que se fai para dirixirse a un lugar determinado e evitar deste xeito obstáculo ou perigo.

    3. Maneira de dicir algo con expresións pouco claras ou por medio de indirectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. erso da métrica clásica que presenta dúas formas, asclepiadeo maior e menor. Tomou o nome de Asclepíades de Samos, que o empregaba asiduamente.

    2. erso logaédico de tres series: as dúas tripodias do menor e, intercalada entre elas, unha dipodia sincopada.

    3. erso logaédico de dúas series: unha tripodia sincopada e unha tripodia cataléctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asclepiadáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mítico da Biblia. Segundo o Libro de Tobías, demo malvado que matou os sete primeiros homes de Sara, filla de Raquel, antes de que se unisen con ela. O anxo Rafael, enviado de Deus, expulsouno e deste xeito Sara puido casar con Tobías (ou Tobit).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Equinodermo da clase dos asteroideos.

    2. Clase de equinodermos do subfilo dos eleuterozoos, denominados comunmente estrelas de mar. Polo xeral, está integrada por individuos de pequeno tamaño (de 5 a 30 cm de diámetro), de simetría fundamentalmente pentarradiada, co corpo de forma pentagonal ou ben estrelado con cinco brazos que se insiren nunha rexión central ou disco. A boca está situada no centro da cara inferior ou oral, rodeada dunha membrana branda. Ao longo da cara oral de cada brazo hai un suco ambulacral bordeado por fileiras de pés ambulacrais, protexidos por espiñas móbiles; estes pés ambulacrais teñen función basicamente locomotora e de captura de alimento, á parte da excretora e respiratoria. A cara superior ou aboral é normalmente rugosa e con espiñas, e nela atópase o ano. Viven en todos os mares, dende a zona litoral á abisal. Coñécense fósiles dende o Ordoviciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Conde de Quaregna e de Cerreto. Dende o 1820, catedrático de Física na Universidade de Turín. As leis formuladas por Gay-Lussac (1805-1810) suxeriron a Avogadro o seu modelo dos gases, presentado no Journal de Physique (1811). As leis de Avogadro deron solución ao conflito entre a teoría atómica de Dalton e as experiencias de Gay-Lussac. As súas conclusións foron o inicio da química cuantitativa posterior. Se ben Ampère, independentemente, publicou no 1814 conclusións similares, a teoría de Avogadro non foi aceptada ata que Cannizzaro a presentou, no 1860, no congreso de química de Karlsruhe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de baldear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Valdeorras, situado na provincia de Ourense no L da comunidade autónoma (42° 25’ de latitude N e 6° 59’ de lonxitude O). Limita ao N co concello berciano de Oencia (en territorio da comunidade de Castela e León), ao L cos concellos de Rubiá e Carballeda de Valdeorras, ao S cos de Petín e A Veiga e ao O co de Vilamartín de Valdeorras (Valdeorras). Abrangue unha superficie de 85,7 km 2 cunha poboación de 13.943 h (2007), distribuída nas parroquias de Alixo, O Barco, O Castro de Valdeorras, Cesures, Coedo, Éntoma, Forcadela e Nogaledo, Millarouso e Santurxo, A Proba, Santa Mariña do Monte, Santigoso, Vilanova de Valdeorras, Viloira e Xagoaza. Atópase a 112 km ao leste da cidade de Ourense e a 198 km de Santiago de Compostela. A capital do concello é a vila do Barco, que é cabeza do partido xudicial, está adscrito á diocese de Astorga.
    Xeografía física
    Climaticamente o territorio municipal do Barco de Valdeorras está baixo o dominio...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á superorde dos batoideos.

    2. Peixe da superorde dos batoideos.

    3. Superorde de peixes da subclase dos elasmobranquios que comprende individuos de corpo comprimido dorsoventralmente, de cores escuras no dorso e brancas no ventre. É un grupo rico en especies que, nalgúns casos, presentan órganos eléctricos. Os batoideos distribúense por todos os mares e viven polo xeral nos fondos litorais. A ela pertence a orde dos raiformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dumbría baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bombardear.

    2. Ataque con bombas efectuado pola aviación. O primeiro bombardeo tivo lugar en outubro de 1912 durante a Guerra dos Balcáns. Durante a Primeira Guerra Mundial aumentou a importancia dos bombardeos aéreos. Tanto os alemáns como os franceses comezaron a construír avións de bombardeo, que coas súas incursións sobre os principais centros industriais orixinaron o nacemento dos avións de caza. Estes últimos comezaron a transportar bombas, nacendo deste xeito os cazabombardeiros. Tamén se utilizaban os dirixibles como bombardeiros diúrnos. Non obstante , o bombardeo estratéxico perdeu importancia polo posible uso dos grandes mísiles terra-terra e dos submarinos nucleares cos seus mísiles balísticos.

    3. Bombardeo levado a cabo polos grandes avións en voo horizontal.

    4. Fluxo de electróns que inciden sobre o anticátodo dun tubo electrónico.

    5. Bombardeo efectuado pola aviación en traxectoria ascendente.

    6. Bombardeo levado a cabo polos cazabombardeiros que se lanzan desde unha determinada altura contra o obxectivo.

    7. Acción de disparar a artillería dun barco contra a costa. A súa finalidade pode ser reforzar misións terrestres ou anfibias ou destruír instalacións costeiras ou cidades.

    8. Acción de inundar unha conta de correo electrónico con informacións inútiles para quen as recibe.

    9. Bombardeo aéreo efectuado voando a pouca altura -e xeralmente despois dunha aproximación feita tamén en voo rasante- contra obxectivos difíciles de atacar desde máis altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Gironde, na Gascoña, Francia, á beira do río Garonne (213.274 h; 1.009.271 h na aglomeración urbana [1990]). Está baixo un dominio climático oceánico continental, cunha temperatura media anual de 13,6°C e unha grande amplitude térmica (a temperatura media do mes de xaneiro está nos -7°C, mentres que no mes de xullo acada os 34,8°C). En canto aos rexistros de precipitacións, chégase aos 944 mm de media anual, sendo 164 o número de xornadas de chuvia. Centro industrial e comercial, posúe refinerías de petróleo, aceite e azucre, industria metalúrxica e química. O porto, un dos máis importantes de Francia, situado no esteiro do Garonne importa carbón, fosfatos, madeiras tropicais e nórdicas, aceite e azucre, e exporta produtos manufacturados e viños. Co nome xenérico Bordeos coñécense os diversos viños producidos nesta área vitivinícola que é a máis influente e unha das máis prestixiosas do mundo e berce dos tipos de uva tintos máis exitosos e apreciados na actualidade:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Líder da á esquerda do Partido Socialista italiano. Malia polemizar con Antonio Gramsci e cos outros teóricos de l’Ordine Nuovo, aliouse con el para conseguir a escisión de Livorno (1919) e a fundación do Partido Comunista italiano, onde desempeñou o cargo de primeiro secretario (1921-1923). En 1930, acusado de trotskista, foi expulsado do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Polígrafo. En 1752 ingresou na Compañía de Xesús. En 1767 marchou a Italia a consecuencia do decreto de expulsión da orde asinado polo Rei Carlos III. En Roma publicou un catálogo de incunables hispánicos, estudios e diversas obras en defensa da colonización castelá de América.

    VER O DETALLE DO TERMO