"Dios" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

  • Aplícase á substancia ou ao composto químico empregado para combater os coccidios, como por exemplo o amprolio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao compendio.

    2. Aplícase ao que resume algunha cousa de maior extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade irregular aparecida en Santiago de Compostela en 1944 e subtitulada “Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Instituto Padre Sarmiento”. Dirixírona Sánchez Cantón e Filgueira Valverde ata que en 1981 se escolleu a Francisco Río Barja como director e a Carlos Baliñas como vicedirector. Contou coa colaboración de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Ramón Cabanillas, Bouza-Brey, Taboada Chivite, Menéndez Pidal, Dámaso Alonso, Rodrigues Lapa e outros intelectuais. Contén artigos en galego, castelán, portugués, inglés, francés, italiano e catalán. Dividiuse inicialmente nas seccións “Artículos”, “Textos y Documentos”, “Miscelánea” e “Bibliografía de Galicia”, nas que inclúe información sobre prehistoria, arte, crítica literaria, lingüística, historia e etnografía. Os apartados especializáronse co tempo: “Arqueoloxía, prehistoria e antropoloxía física”, “Historia da arte”, “Etnografía” e “Lingua e Literatura”. Inseriu diversos traballos relacionados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que apareceu en 1980 na localidade do Barco de Valdeorras e que desapareceu coa chegada do seu terceiro número en 1983. Avalada polo Instituto de Estudios Valdeorreses, incluía información de carácter cultural e, á parte, algúns monográficos como o dedicado ao abade de Vilamartín de Valdeorras, da autoría de Ramón López Caneda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1972 editada por Ediciós do Castro. Inclúe diversos traballos sobre cultura material en Galicia e sobre arte e industria. No seu número 88, de xuño de 2001, realizouse unha homenaxe á figura de Lois Tobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa que ten desidia.

    2. Aplícase á cousa que denota desidia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se asentou en Bamio, Vilagarcía de Arousa. As súas armas levan, en campo de prata, un castelo de goles, aclarado de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Mestre especialista en Ciencias Sociais, licenciouse en Xeografía e Historia (1997). Durante a súa etapa universitaria, na Ditadura, participou no movemento estudiantil, nos Comités de Curso, xermolos sindicais clandestinos, militando en Larga Marcha e en Información Obreira, para logo confluír no proceso de unificación no Partido de Traballo. Sindicalmente foi secretario xeral da UTEG, da Federación de Ensino da Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG), da súa comisión executiva, e da Confederación Intersindical Galega (CIG), e presidente da CIG ensino. Representou o profesorado galego en varias lexislaturas, tanto no Consello Escolar de Galicia como no Consejo Escolar del Estado. Tamén formou parte da dirección do PSG-EG e de UG. Non obstante , dende 1996 abandonou toda militancia sindical e política para dedicarse ao seu labor educativo como membro fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, dende o que promove a celebración do Día Escolar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Dende neno actuou como enlace das guerrillas. Incorporado en 1948 á guerrilla de choque, participou en diversas accións en distintos puntos de Galicia. Foi un dos integrantes do grupo que tentou liberar os guerrilleiros retidos na cárcere da Coruña en 1948. Capturado en Ourense o 18 de novembro de 1949, conmutáronlle a pena de morte por unha cadea de trinta anos. Nos anos sesenta organizou as Comisións Campesiñas de Xinzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e decorador. Comezou a súa carreira artística baixo as ensinanzas de Guillermo Smyth. Cando comezou os estudios de medicina na Universidad de Valladolid, permaneceu ligado á pintura ao integrarse no departamento de debuxo anatómico. Abandonou a medicina pola pintura e graduouse en artes aplicadas e oficios artísticos en Zaragoza. Nos anos setenta regresou a Pontevedra, onde se dedicou á creación plástica, á docencia nas especialidades de modelado, cor e composición, e ao oficio de decorador. O seu interese polo estudo da figura humana foi unha constante na súa produción artística e converteuse na principal protagonista da súa obra, expresada a través duns volumes rotundos. Participou en diversas mostras colectivas, entre as que destacan diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, a I Bienal Nacional de Arte Ciudad de Oviedo (1976) e a mostra Colectivo de pintores pontevedreses (Burgos, 1986). Realizou exposicións nas principais vilas galegas e en cidades como Valladolid e Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de música e literatura na Universidade Laboral e de galego e lingua e literatura española no instituto Otero Pedrayo de Ourense ata a súa xubilación. Cursou os primeiros estudios musicais con sor Luísa Galiano e despois continuounos no seminario de Ourense e con Antonio Jaunsarás. Foi mestre do coro masculino do instituto de Ourense e director da Coral Ruada (1955-1990), para a que compuxo música e letra de diversos temas populares e polifónicos. Colaborou no Boletín Auriense, con traballos como “Cinco villancicos del siglo XVI” ou “O primitivismo do alalá”. Parte da súa obra poética está contida en Sete poetas ourensáns (1992) e en Ourense craro río verde val, e moitas das súas composicións musicais editadas en traballos discográficos de diferentes artistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Ourense con Luís Fernández Xesta. En 1961 trasladouse a Madrid, onde estudiou na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Pertenceu a Os Artistiñas, grupo vangardista de Ourense dos anos sesenta. Nos seus inicios, a súa obra baseouse no debuxo cun colosalismo de formas ciclópeas, emparentadas cun certo concepto de muralismo que logo deixou paso a unha pintura expansiva, colorista e fragmentada, que se relacionou cos futuristas italianos. Considerado como un artista neofigurativista, o seu posterior barroquismo desembocou no azar, no automatismo, unido a un forte cromatismo, aínda que non abandonou o concepto debuxístico. A fragmentación da súa obra evoca o caos e a deshumanización nunha visión, en certo modo, pesimista da realidade. Co paso do tempo foi abandonando a representación da figura humana. Ilustrou a versión galega da Divina Commedia de Dante (1990). Destacan, entre outras obras, O xardín de Penélope (1985), Demiurgo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación dixital que comezou a súa edición o 30 de setembro de 2000 en Ourense. Subtitulada como “Web independiente de la actualidad de Ourense”, dende xaneiro de 2002 publica unha edición diaria. Dirixida e coordinada por Xosé Domínguez González, conta coa colaboración de Mario Morán, Txavi Vales e Manuel Rego, entre outros. Trátase dun medio informativo que mestura a crítica e a ironía, e que centra os seus artigos en diversos persoeiros políticos, en irregularidades cometidas polas distintas administracións públicas, e que analiza aspectos dos diferentes partidos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das dioscoreáceas, ao que pertence o ñame.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dioscoreáceas.

    2. Herbácea da familia das dioscoreáceas.

    3. Familia de liliáceas integrada por herbáceas gabeadoras, de raíces e rizomas tuberosos. Algunhas especies de dioscoreáceas tamén se cultivan, como o ñame. A familia comprende máis de 670 especies, as máis delas de distribución tropical, que en Galicia está representada pola saltasebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador de camafeos. Atribúenselle o gran camafeo chamado Gemma Augustea, de Vienne do Delfinado e a Gemma Blacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego. Viviu e elaborou a súa obra durante o goberno de Nerón (54-68). Foi médico da armada romana en tempos de Claudio e Nerón. Estas circunstancias déronlle a oportunidade de viaxar e coñecer moitas provincias do Imperio Romano. A súa obra Peri hylesiatrikes (De materia médica), constitúe un tratado básico de farmacopea. De obrigada consulta en todo o mundo grego, latino e­ árabe dende o século II ata a Idade Moderna, influíu decisivamente na Idade Media, principalmente na medicina islámica e na renacentista. Baséase, ademais de na experiencia do autor como profesional, nos coñecementos anteriores, concentrados arredor de Alexandría. Nesta obra descríbense máis de 600 especies de plantas, 90 minerais e 30 produtos procedentes de animais; cada un deles reprodúcese por medio dun debuxo, acompañado dunha descrición das súas propiedades terapéuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Alexandría (444-451). Seguiu as doutrinas do monxe Eutiques, quen consideraba que a unión das dúas naturezas de Cristo era tan estreita que a súa humanidade era pura aparencia. Cando condenaron este monxe, reuniu un concilio en Éfeso (449), no que conseguiu rehabilitar as formulacións monofisitas. No Concilio ecuménico de Calcedonia (451), rexeitaron a súa doutrina e foi deposto e enviado ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos xemelgos Cástor e Pólux. Froito das unións que a súa nai, Leda, mantivo nunha mesma noite co deus Zeus e co seu propio home Tíndaro. Destas dúas diferentes unións naceron dúas parellas de xemelgos, Pólux e Helena, fillosdo primeiro, e Cástor e Clitemnestra, fillos do segundo. Segundo a tradición participaron na expedición dos argonautas.

    VER O DETALLE DO TERMO