"Domínguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo entre 1756 e 1790. Foi autor de diversos retablos, entre os que destacan o maior (1756) e o da capela do Rosario (1757) en San Domingos de Ortigueira, e o retablo maior da confraría do Rosario na igrexa de San Domingos en Santiago de Compostela (1767). Dende 1770 traballou no retablo da igrexa monacal de Santa María de Sobrado, segundo as trazas de Luís de Lorenzana, aprobadas pola Real Academia de San Fernando, pero foi substituído por Manuel Álvarez. Con Francisco de Lens realizou os retablos colaterais de Santa María de Dodro (1771), nos que as imaxes debían ser esculpidas por Xosé Gambino ou por Antonio Fernández. En 1790 realizou o retablo maior de San Francisco de Ferrol, no que destacan as tallas atribuídas a Xosé Ferreiro. Realizou tamén o monumento ao Xoves Santo trazado por Miguel Ferro Caaveiro para a igrexa de Santo Andrés en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, foi arquitecto provincial da Coruña (1846-1887). Entre outros cargos, ocupou a cátedra de Física Experimental na Sociedad Económica de Amigos del País e foi vogal e vicepresidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos. Fixo, entre outros, os proxectos dos cárceres de Arzúa, Betanzos, Muros, Ribadeo e Tui. Entre as obras realizadas na Coruña destacan a praza de María Pita (1859), na que tamén fixo un proxecto para a Casa do Concello, a fachada da igrexa de San Nicolao (1861) e o edificio da Deputación Provincial (1862). Fóra da cidade herculina presentou un proxecto para un teatro en Santiago de Compostela (1840), con Manuel de Prado y Vallo, e trazou os planos das igrexas de Santiago de Viveiro e Santa Eulalia de Valdoviño. Como teórico da arquitectura deixou escritos nos que reflectiu o seu ideario estético clasicista. Foi redactor e editor do xornal El Vigilante e publicou a lenda El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Redactor da Enciclopedia Galega Universal (EGU), centra o seu traballo investigador no eido da lexicografía, xunto co ensino do galego para estranxeiros. Desde 1992, traballou no Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, onde participou na redacción do Pequeno dicionario da lingua galega (1993) e do Dicionario Manual Castelán-Galego (1996), e colaborou no Manual Básico de Economía en Galego (1996), no Dicionario Italiano-Galego (2000) e no Dicionario Galego de Termos Médicos (2002). Tamén é autor de varios traballos entre os que cómpre destacar “A fauna en Cunqueiro. As aves” (1993), en colaboración, “Algunas notas aproximativas a los lais de Bretanha: las dos ‘bailadas’” (1999) e “Reflexións sobre terminoloxía e léxicos específicos. Traducións, adaptacións e integracións léxicas” (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comerciante e militar. Embarcou en Cádiz con destino a Montevideo e trasladouse a Bos Aires, onde se estableceu como comerciante. Durante o ataque dos ingleses á cidade (1806), enrolouse no Tercio de Gallegos e foi nomeado tenente da Compañía de Granaderos. Foi capitán (1807) e membro do cabido de Bos Aires (1808). A Junta Superior del Reino confirmouno no cargo o 13 de setembro de 1809, pero foi cesado o 17 de outubro de 1810 e desterrado a Ranchos. Logo da independencia, volveu a Bos Aires e dende 1821 continuou coa súa actividade comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Colaborou con Carlos Arniches (1924-1936) e en 1928 acadaron o premio do concurso do Patronato Oficial de Turismo e construíron unha ducia de hoteis. Entre as súas obras destacan os edificios denominados Altos del Hipódromo, da rúa Serrano de Madrid (1930), e a sala de conferencias e as bibliotecas da Residencia de Estudiantes (1932-1933). En 1936 exiliouse a Cuba, onde combinou formas tradicionais con elementos de vangarda. Entre as súas obras cubanas destaca o edificio FOCSA (1953-1956) en La Habana. Dende 1960 exerceu como docente na facultade de Arquitectura da Cornell University en Ithaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e deseñador. Iniciou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e de audiovisuais na facultade de Arte da Universidade de Vicennes. Residiu en Inglaterra entre 1971 e 1973 e, ao seu regreso, comezou a traballar no terreo da moda masculina. Coa súa familia creou a firma Adolfo Domínguez en 1976. Realizou varias incursións no mundo audiovisual, coa creación dos figurinos para a montaxe da obra A Lagarada, posta en escena polo Centro Dramático Galego (1992), e a produción do filme La Moños, dirixida por Mireia Ros en 1995; e no mundo literario, coa publicación da novela Juan Griego, en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote, arqueólogo e historiador. Doutor en Teoloxía, foi profesor no Seminario de Tui, capelán das carmelitas da Guarda, párroco do Rosal, de San Francisco de Vigo e da Guarda, e cóengo nas catedrais de Burgos, Ourense e Tui. Foi profesor da Universidad Pontificia, da Sociedad Arqueológica de Santander e conservador do Museo Provincial de Ourense. No apartado histórico e arqueolóxico, cómpre destacar as escavacións no monte Santa Tegra, a colaboración con Florencio Cerviño, bispo de Ourense, na restauración do mosteiro de Oseira, o descubrimento do arquivo da catedral de Tui, oculto nunha bóveda desde 1808 e o seu traballo na Comisión Provincial de Monumentos de Ourense. Colaborou, entre outras publicacións, en La Voz del Tecla, Boletín de la RAG, Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, La Región e Faro de Vigo. Entre os seus estudios destacan “Etimología de la palabra “Panjón”, nombre de un pueblo de la ría de Bayona”, “Turonium. Estudio histórico de esta antigua ciudad”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Xefe dos servicios informativos da Cadena SER en Ourense. Estudiou maxisterio na Escola Normal de Ourense e dedicouse ao xornalismo a partir de 1981. Foi correspondente das axencias Europa Press e AGN, e do xornal El Mundo. Colaborou nos xornais Faro de Vigo e Diario 16 de Galicia, e nas revistas Ocio, Cambio 16, Época e Panorama. Fundou a primeira publicación dixital referida á actualidade local e de Galicia titulada Dios, que PAÍS. Publicou as novelas A cidade dos alemáns (1992), O derradeiro fuxido (1993), Ourense Natural (1995), Alrededor de Ourense (1998) e Maceda al Natural (1998). Tamén é autor, xunto a Lino Blanco, do traballo de investigación O home do unto (Blanco Romasanta, historia real de una leyenda) (1991) e da guía Ourense Etnográfico (1997). Conseguiu o premio Vicente Risco (1984), outorgado polo concello de Ourense, e o José Aurelio Carracedo de Periodismo (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Formouse como enxeñeiro na Escuela de Guadalajara. Viviu en Bordeos, onde ocupou a cátedra de Matemáticas e Lingua Española. En 1955 volveu a España para ingresar no corpo de enxeñeiros da Armada. Ampliou os seus coñecementos en Francia e Inglaterra. Dirixiu as obras civís e hidráulicas de Ferrol, as obras do dique de pedra do arsenal ferrolán e a construción de buques deste estaleiro. Foi director das Escuelas Especiales del Cuerpo y de la Maestranza, comandante de enxeñeiros en Ferrol e La Habana, e presidente da Junta de Exámenes para o ingreso no corpo de enxeñeiros da Armada. Publicou Elementos de geometría analítica (1880). Foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e político liberal. Cursou estudios en Santiago de Compostela e ingresou no convento de San Lourenzo, aínda que antes de profesar trasladouse a Madrid, onde ensinou francés. Participou na política activa e en numerosas sociedades secretas de corte liberal existentes en Madrid, e formou parte da insurrección contra Narváez (1848). Cómpre destacar as súas obras Nueva gramática francesa (1844), Reglas de ortografía francesa (1844), Dicionario nacional o gran dicionario clásico de la lengua española (1846), Dicionario de bolsillo francés-español y español-francés (1846) e Compendio do dicionario nacional de la lengua española (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Docente e político. Estudiou na Universidade de Oxford e foi profesor de francés e inglés no colexio de primeiro e segundo ensino San Tomé de Aquino de Vigo, dirixido naquel momento por Telmo Rotea Osorno. Foi vogal da xunta local de primeiro ensino e presidente do Casino de Vigo e, posteriormente, alcalde de Vigo no trienio 1881-1884. Pertenceu ao partido fusionista de Eduardo Iglesias. Distinguiuse polo seu apoiou ás escolas públicas. Mantivo contactos coa Institución Libre de Enseñanza (ILE) e no verán de 1883 recibiu en Vigo a visita de F. Giner de lo Ríos e M. Bartolomé Cossío. Dende a ILE mandáronse bosquexos para a construción de grupos escolares e de escolas elementais. Durante o seu mandato, ademais doutras obras como a Alameda e o cárcere novo, rematáronse as obras das escolas do Centro e impulsáronse as do Areal. Ao deixar a alcaldía (1884) intentou crear un centro na cidade olívica, seguindo as orientacións institucionistas, polo que mantivo correspondencia epistolar con Giner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Joaquín Domínguez Bécquer, foi tío e mestre de Valeriano Bécquer. Dirixiu as obras dos Reales Alcázares e foi pintor de cámara honorario de Isabel II. Cultivou o retrato e a pintura costumista andaluza. Entre outras obras destacan Feria de Sevilla, Baile de Gitanos e La lonja en día de carnaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como José Domínguez Bécquer, foi pai do poeta Gustavo Adolfo Bécquer e do pintor Valeriano Bécquer. Realizou cadros costumistas andaluces e colaborou nos xornais España artística e Sevilla pintoresca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Doutor en Dereito, colaborou en El Porvenir, El Eco de Galicia, El Heraldo Gallego, La Perseverancia e La Joven Galicia, e foi redactor de El Recreo Compostelano, El Eco Compostelano e El Miño. Dirixiu a Corona fúnebre a la memoria del distinguido poeta gallego Aurelio Aguirre Galarraga (1859). Entre as súas publicacións destacan “Fisionomía del médico gallego rural” (1851), “Outra carta procrama en pro do País en contra de canto se opoña ao engrandecemento do antigo reino gallego” (1858), baixo o pseudónimo Pepe de Mingos Esquerdo, e “Estonces e agora ou coroas e cadeas do fidalgo povo galicián” (1859), que destacaron por formar parte dos primeiros textos en prosa escritos en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Restaurador. Propietario do Restaurante Combarro de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Colar Internacional de Gastronomía, o Premio Nacional de Gastronomía e o Colar Gastronómico da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tenista. O seu primeiro triunfo internacional acadouno no campionato de Europa individual na categoría cadete en xullo de 1997, e nese mesmo ano, coa selección española, foi subcampiona de Europa cadete e medalla de bronce na Continental Cup sub-18 (Miami); ademais, en decembro, proclamouse campioa da Orange Bowl sub-16 de Florida, considerado o campionato do mundo da categoría. Con este palmarés, ao que se sumaron dous títulos do circuíto Challenge WTA en dobres, a Federación Europea de Tenis nomeouna mellor xogadora sub-16 do continente en 1997. En 1998, á parte de 9 campionatos Challenge WTA, individuais e dobres, acadou o terceiro posto no campionato de Europa junior individual e os subcampionatos mundial por equipos e dobres na Orange Bowl sub-18. En xuño de 1999 conquistou o título júnior dos campionatos internacionais de Francia (Roland Garros). Completou ese ano con sete novos títulos Challenge WTA, o campionato de Europa absoluto por equipos e o subcampionato do mundo sub-18 coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Cursou estudios de pintura, escultura e fotografía na facultad de Bellas Artes da Universidad Complutense de Madrid e como alumna invitada na Hochschle der Kunste de Berlín. Empregou as técnicas mixtas no tratamento dos obxectos (Diálogo, 1999), con cadeiras nas que se ven reflectidos corpos fragmentados que inciden na fraxilidade do ser humano. Foi axudante de Paloma Navares na montaxe das súas fotografías e instalacións, e directora artística da curtametraxe El Especialista. Realizou diversas exposicións, entre as que destacan, Rassismus und wurzlen (Berlín, 1993), Doña Luche (Madrid,1996) e Diálogos con el espejo (Pontevedra, 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador internacional de balonmán. Formouse nas categorías inferiores da S D Teucro. Debutou co equipo de División de Honor en 1989. Marchou a Santander en 1993 para xogar no G D Teka (posteriormente, C Bm Cantabria), co que se proclamou campión de Liga (1993-1994) e campión de Europa (1993-1994). Retornou ao Teucro na tempada 1999-2000, para fichar despois polo C D Bidasoa de Irún, ao que se incorporou na tempada 2000-2001. Formou parte da selección española absoluta en 20 partidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, escritor e guionista. Estudiou dereito, filosofía e letras e xornalismo. Foi redactor de diversas publicacións periódicas como La Noche, El Correo Gallego, El Álcazar, Pueblo e El Imparcial; ademais colaborou en ABC, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Triunfo, Gaceta ilustrada, Crítica, La Codorniz, Diario 16, Actualidad Española, Velocidad, El Ruedo, Dígame, Sábado Gráfico, El Caso, El Tiempo de Bogotá, Interviú e Tribuna. Traballou en diversas emisoras como Radio Intercontinental, Radio Nacional de España, Radio Madrid e Radio Barcelona. Exerceu como redactor xefe de Radio España e presentou diversos espacios informativos e de entretemento en TVE. Foi correspondente da Cadena SER en diversos países de África e América, e fundou a axencia informativa Mondial Press. Dirixiu as publicacións Discóbolo e Cine en siete días. Foi xefe de prensa e relacións públicas do Atlético de Madrid SAD e director de Mundo rojiblanco....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidad Complutense de Madrid. Especializouse como investigador en temas de historia social da Idade Moderna. A súa obra superou os catrocentos títulos, entre os que cómpre destacar La sociedad española en el siglo XVIII (1955), La sociedad española en el siglo XVII (1963-1970), Sociedad y estado en el siglo XVIII español (1976) e España. Tres milenios de historia (2000); ademais, redactou manuais como El Antiguo Régimen: Los Reyes Católicos y los Austrias (1973) e dirixiu unha Historia de España (12 volumes, 1987-1994). Colaborou na publicación das Actas de las Juntas del Reino de Galicia (1994-2001). Recibiu o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales de 1982 e o Premio Menéndez Pidal de Investigación Humanística (1987). Membro da Real Academia de la Historia, recibiu os doutorados honoris causa polas universidades de Granada, Barcelona,...

    VER O DETALLE DO TERMO