"Dora" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rella da sachadora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundouse en xuño de 1905 na Habana co obxectivo de financiar e apoiar a creación dunha Academia Gallega. En 1905 publicouse nos xornais da illa de Cuba un artigo de Manuel Murguía no que incitaba á fundación da Real Academia Gallega, co fin de evitar a desaparición do idioma galego, e que esta se encargase da elaboración dun dicionario e dunha gramática. Tal iniciativa foi acollida con aceptación por parte das asociacións e galeguistas da illa, especialmente Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. Ao mesmo tempo traballaba dende América na recuperación da cultura galega recollendo cantos e tradicións populares, e contemplando no seu regulamento a creación de tres seccións culturais dentro da asociación (Historia, Literatura e Belas Artes, e Ciencias). A achega da asociación cubana foi tan importante que, en outubro de 1905, se formalizou a constitución da Real Academia Gallega, con sede na cidade da Coruña. Na súa declaración estatutaria, a asociación declaraba non ter ideoloxía política...
-
PERSOEIRO
Mezzosoprano. Despois de estudar en Trieste e Florencia, debutou en Florencia (1940) con Il matrimonio segreto (O matrimonio secreto), pero máis tarde orientouse cara aos papeis verdianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación que barloventa ben, gañándolle camiño ao vento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arma arreboladiza consistente en diversas bólas, xeralmente de pedra, ligadas con correas por grupos de tres ou catro, que se lanza ao pescozo ou ás patas dun animal para inmobilizalo. É o método tradicional de caza no Chaco, na Pampa arxentina, e entre os araucanos, así como tamén entre os esquimós e os chukchis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina-ferramenta empregada para efectuar o brochado, que se caracteriza por unha velocidade de corte reducida e na que a ferramenta, denominada brocha, está dotada, mediante un mecanismo de cremalleira ou por accionamento hidráulico, dun movemento lonxitudinal. As brochadoras poden ser horizontais ou verticais; as primeiras teñen un campo de aplicación máis amplo, e as segundas teñen un rendemento máis elevado e permiten poñer e sacar a brocha automaticamente. Adoitan traballar a tracción, pero tamén o poden facer a compresión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina ou dispositivo para trenzar os fíos ou os cordóns que constitúen un cable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun antropotopónimo, probablemente nun lugar localizado na parroquia de Santiago de Cerreda, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín. Este topónimo está composto a partir do substantivo casa e mais o antropónimo feminino Aldora. Documéntase no s XIV: “Maria Dominguez de Cachaldora” (doc ano 1362 en Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 315). Aínda no ano 1478 se atesta como Casaldora (E. Rivas Quintas “O tema latino ‘casa’ e a Rivoira Sacrata”, Boletín Auriense 11, 1981, p 234).
-
-
Continuadamente ou sen pausa.
-
En calquera hora ou momento.
-
-
PERSOEIRO
Pintora británica. Entre 1910 e 1914 estudiou na Slade School of Art de Londres, onde coñeceu a Mark Gertler, quen a introduciu no grupo de Bloomsbury. Nas súas obras empregou diferentes soportes como o cristal, os azulexos e os enreixados.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Chaqueta forte que usan os cazadores, os excursionistas ou calquera persoa que realice unha actividade semellante.
-
Chaqueta de la, de coiro ou doutro material, xeralmente aberta por diante, subida ata o colo e cinxida na cadeira e nos pulsos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de carpintería empregado para pulir, alisar e aplanar superficies de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que serve para recoller unha colleita, especialmente de cereais. Ex: Entre os veciños compraron unha colleitadora para non ter que alugala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma política creada o 9 de xaneiro de 1983 por representantes de México, Venezuela, Colombia e Panamá. Naceu coa finalidade de buscar, mediante negociacións multilaterais, unha solución pacífica e negociada aos conflitos de índole política, económica e social de América Central. Reunidos na illa de Contadora (Panamá), asinaron a Acta de Contadora para la Paz y la Cooperación en América Central, que acadou o apoio de diversas organizacións rexionais e internacionais, como o Consello de Seguridade das Nacións Unidas. En 1985 creáronse Grupos de Apoyo en Arxentina, Brasil, Perú e Uruguay que comezaron a reunirse cos conselleiros do grupo. En 1984 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana e en 1985 o Premio Internacional Simón Bolívar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano colectivo creado entre os anos 1978 e 1979, que agrupou distintas organizacións feministas de Vigo (AGM, ADMG, FIGA e MDM). A organización autónoma das mulleres foi un dos seus sinais de identidade, e as súas actividades recolleron desde a mobilización polos dereitos específicos das mulleres ata a reivindicación pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres na lexislación. No ano 1980, a FIGA desligouse da Coordinadora Feminista, que pasou a converterse nunha soa organización, legalizada no ano 1984. Desde 1981, formou parte da Coordenadora Nacional de Organizacións Feministas de Galicia (CNOF), aínda que mantivo unha dinámica propia. Froito da diversidade das ideas e dos proxectos feministas e políticos das mulleres que a compuñan: diferencias sobre o lugar de traballo institucional, marcos socio-políticos de actuación, orientación das campañas, etc, algunhas integrantes desta organización sumáronse nos anos 1985 e 1986 á formación doutros grupos feministas como Alecrín e Donicela....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de organizacións autónomas de mulleres de ámbito local creado por iniciativa da AGM en 1981, na que participaron as AGM de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol, as asembleas de mulleres de Arousa, A Coruña e Pontevedra, e a Coordinadora Feminista de Vigo. A CNOF comezou a publicación da revista Andaina, e levou adiante campañas en defensa do dereito ao aborto libre, contra as agresións ás mulleres, polo dereito ao traballo e contra a discriminación, polo dereito a unha sexualidade libre e elixida, etc. Combinou diferentes xeitos de actuación, desde a realización pública de abortos ilegais, autoinculpacións e asesoramento a mulleres, ata diversas campañas de denuncia, mobilización e sensibilización social sobre estes temas. En 1984 organizou os II Encontros Feministas de Galicia, celebrados en Vigo, e en 1987 participou nas Xornadas Contra as Agresións, celebradas en Santiago de Compostela e organizadas pola Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas (CEOF).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina que se utiliza para debullar cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que serve para depilar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instalación ou instrumento onde ten lugar a depuración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo que separa as fibras dun material fibroso. Baséase na erosión do material por fricción contra elementos rotatorios máis duros ou ben cortantes.