"EAC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

  • Avión bimotor de reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba de Paul-Bunnell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dismutación dos aldehidos non aldolizables, sen hidróxeno en α, en ácidos e alcois de idéntica lonxitude de cadea, nun medio fortemente alcalino. É unha reacción característica dos aldehidos aromáticos, descuberta en 1853 por S. Cannizzaro ao obter alcol bencílico e ácido benzoico a partir do benzaldehido. Cando se empregan dous aldehidos diferentes ten lugar a reacción de Canizzaro cruzada, como, por exemplo, a oxidación do formaldehido polo benzaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intradermorreacción que utiliza líquido estéril de quiste hidatídico, realizada para determinar a diagnose da hidatidose. Estableceuna o médico italiano Tommaso Casoni (1880-1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indo cara a atrás de costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente as cimodoceáceas.

    2. Planta da familia das cimodoceáceas.

    3. Familia de herbáceas da orde das naxadais, propias de augas superficiais do litoral e marismas de zonas tropicais ou subtropicais. Comprende 18 especies divididas en 5 xéneros. Na Península Ibérica está presente o xénero Cymodocea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación do plano ou do espazo que cambia puntos en puntos, rectas en rectas e planos en planos, que conserva a colinealidade de puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de concrear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retroacción negativa que consiste en tomar unha fracción do sinal de saída dun amplificador e enviala á entrada, de xeito que chegue en oposición de fase co sinal de entrada. Diminúe a ganancia do amplificador, pero introduce unha serie de vantaxes: mellora a curva de resposta, reduce a distorsión, aumenta a estabilidade, etc. Emprégase a miúdo nos amplificadores de alta fidelidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación dunha olefina e dunha hidroxilamina por pirólise dun óxido de amina. É unha reacción de eliminación cis que transcorre a temperatura máis baixa ca a análoga da pirólise dos hidróxidos de tetralquilamonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de crear.

    2. Cousa creada. Polo que respecta á produción humana de bens culturais, particularmente artísticos, musicais ou literarios, adoitan elaborarse a partir dunha realidade anterior que non se manifesta na cousa producida.

      1. Produción divina ou sobrenatural do mundo, da vida e da alma. Os discursos elaborados para explicar esa acción transcendente difiren segundo recoñezan a existencia dunha realidade anterior sobre a que realizar o acto creador (filosofía grega) ou afirmen que o acto se realizou a partir da nada (na tradición xudeo-cristiá). Non obstante , coinciden en identificar ese acontecemento co comezo da existencia e do tempo.

      2. Produción natural dun ser a partir de elementos preexistentes orixinariamente combinados.

      3. creación nova

        Expresión bíblica que indica os efectos renovadores da redención sobre a creación.

    3. Iconografía que amosa a creación do mundo por parte de Deus. Ao longo da historia da arte foi un tema moi utilizado. Destacan as representacións de Cimabue na igrexa de San Francisco de Asís e as realizadas en San Pedro do Vaticano por Michelangelo Buonarroti na Capela Sixtina, e por Raffaello Sanzio na loggia. Entre as representacións elaboradas na Península Ibérica destacan o tapiz da creación conservado no museo da catedral de Girona, obra de finais do s XI ou comezos do s XII.

    4. Proposta colectiva de traballo que pretendía superar o protagonismo do autor e do director de escena, substituídos pola totalidade dos integrantes do grupo ou da compañía teatral. Esta tendencia de colectivización das diversas funcións e roles propias da creación teatral tivo unha considerable implantación en América e Europa durante as décadas de 1960 e 1970, coas experiencias desenvolvidas por grupos como Living Theatre ou Performance Group dos EE UU, Théâtre Du Soleil en Francia, ou La Candelaria e o Teatro Experimental de Calí, de Venezuela e Colombia, respectivamente. Un dos máis importantes promotores do método foi Enrique Buenaventura que, amais da publicación de moi diversos materiais e da presentación de espectáculos e outras mostras de traballo, potenciou a relación entre a creación colectiva e a denuncia de situacións de opresión sociocultural, económica ou política; con isto mostrou a posibilidade de converter a creación colectiva nun instrumento para devolverlle a voz e a palabra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oratorio de Haydn con texto de Van Swieten baseado nun orixinal inglés (1798).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de crenzas desenvolvidas a partir dos textos bíblicos, sobre todo da Xénese, e relativas ao Universo, á vida e á humanidade, que se basea na existencia dun creador eterno. A tradición cristiá, dende Clemente de Alexandría, Oríxenes, Tertulio e Agostiño, recoñeceu a veracidade da Xénese e defendeu como válida a crenza de que Deus creou a materia ex nihilo (‘dende a nada’); que Deus creou primeiro a Terra e despois a Lúa, o sistema solar, as galaxias e todos os demais sistemas de estrelas; que creou os animais; que o home é o obxectivo de Deus na creación; que Deus formou o home de po da terra e, despois de soprarlle no nariz o alento da vida (a alma), tornouse persoa viva; e que Deus creou primeiro o home (Adán), e despois, a partir dunha costela, a muller (Eva). De acordo con eses principios esenciais desenvolveuse o fixismo e o catastrofismo, estableceuse unha cronoloxía da creación, e elaborouse unha Escala da Natureza na que as especies eran inmutables....

    2. Movemento literario de vangarda xurdido na primeira metade do s XX. Os seus iniciadores foron Vicente Huidobro e Paul Reverdy, que se disputaron a súa paternidade. O seu pulo definitivo data da estancia de Huidobro en París en 1916, onde se relacionou coas diferentes propostas de vangarda e colaborou na revista Nord-Sud (1916-1918), fundada por Reverdy e voceiro das novas tendencias, xunto cos poetas Max Jacob e Guillaume Apollinaire,. Non obstante , Huidobro afirmou posteriormente no escrito Manifestos (1925) que traballara nel desde 1912. O nome da tendencia partiu, segundo Huidobro, dunha conferencia pronunciada no Ateneo de Bos Aires en 1916: “fue allí donde se me bautizó como creacionista, por haber dicho en mi conferencia que la primera condición del poeta es crear, la segunda, crear, y la tercera, crear”. A súa premisa fundamental é a consideración da creación artística con total independencia respecto dos modelos que ofrece a realidade, de xeito que o poema non imite o mundo, senón...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao creacionismo.

    2. Que o quen segue o creacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión de reacción con catro motores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de pirólise de ésteres que se leva a cabo a temperaturas moi elevadas (400-500°C) e que conduce ao ácido correspondente e a unha olefina. Transcorre con bos rendementos e experiméntana os ésteres de ácidos fortes a temperaturas moi inferiores ás mencionadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de transposición, descuberta por T. Curtius en 1894, coa que se obtén a formación de isocianatos e dos seus derivados por descomposición de acidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de diagnose inmunolóxica que consiste en pór en contacto un antíxeno sobre a pel, con ou sen escarificación previa da derme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de obtención industrial de cloro por oxidación de ácido clorhídrico con aire mediante o uso de catalizadores como sales de cobre, ferro ou outros metais. Descubriuno o químico británico Henry Deacon (1822-1876) no ano 1861.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor galés. Estudiou no Somerset College of Art de Taunton (1968), na St. Martin’s School of Art de Londres (1970-1973) e no Royal College of Art (1974-1977). Empregou materiais industriais, como o aceiro ou a madeira laminada. Preocupado pola linguaxe, as súas obras evocan os órganos da percepcións. Entre outras mostras participou na Documenta IX de Kassel (1992). En 1987 recibiu o Premio Turner.

    VER O DETALLE DO TERMO