"ELAS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 159.

  • GALICIA

    Arabista. Foi catedrático de Lingua Árabe da Universidad de Granada e director da Escuela de Estudios Árabes dependente do CSIC. Levou a cabo diversas investigacións na Biblioteca Nacional de París e nas bibliotecas universitarias de Londres, Oxford e Cambridge. Viaxou por diversos países árabes como Siria, Xordania e Exipto para complementar os seus estudios. No eido editorial destacou como director do volume sobre árabe e Islam da revista Miscelánea de Estudios Árabes y Hebraicos e como director da revista Cuadernos de la Alhambra. Publicou máis de cen traballos de investigación de lexicografía, filosofía e historia árabe entre os que destacan: El morisco granadino Alonso del Castillo (1965), Poesía arabigoandaluza (1984) e Valor documental de los poemas epigráficos de la Alhambra (1984). Foi membro da Real Academia de Historia e da Real Academia de Bellas Artes de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Entre as súas obras salientan os centros de saúde de Castro Caldelas, Ramirás e Maside e as oficinas de turismo da Gudiña e do Carballiño. Ocupou a vicepresidencia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), foi secretario da Escola de Artes Aplicadas de Ourense e director xerente de Xestur. Recibiu en 1988 o Premio de Arquitectura do COAG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que ostentou o concello de Ponte Caldelas dende 1813 ata 1845, nos sucesivos períodos de vixencia da Constitución e do municipalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminutivo do apelido Caldas. Documéntase no s XII: “Fernandus Sanctii de Caldellas” (doc ano 1182 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535).

    2. Liñaxe que leva como armas un escudo partido: en campo de ouro, un losanxe de goles, que toca cos seus ángulos os extremos do escudo, cargado dunha cruz de prata; partido de prata, cun león rampante de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de san Martiño, coñecida polo seu balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra de Caldelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista. Realizou estudios musicais en Alacant con José Tomás e posteriormente foi discípulo de Andrés Segovia nun curso de Música en Compostela, así como de John Williams en Castres (Francia). O seu vínculo con Galicia comezou na década dos 70, primeiro no conservatorio de música de Ourense e despois no centro homónimo de Vigo, do que chegou a ser director. Exerceu como docente e impartiu numerosos seminarios en distintos países europeos. O seu repertorio de concertos abrangue unha ampla nómina de autores, entre os que destacan J. S. Bach, Manuel de Falla ou Leo Brouwer, compositor este último que protagonizou un disco monográfico gravado polo propio Camacho e editado no ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega. As súas armas levan, en campo de prata, dúas espingardas de ouro postas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias de Gabín, no concello de Montederramo, e Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. O seu cumio atópase a 1.411 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e poeta. Destacou polos seus entremeses, entre eles, Los ciegos, Los gitanos e La visita de la cárcel, e por dúas comedias burlescas tituladas La muerte de Valdovinos e Las mocedades del Cid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral meridional da península do Grove, na parroquia de San Vicente do Grove (concello do Grove), situada entre as puntas do Conchido e de Miranda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do extremo occidental da beira setentrional da ría de Ferrol, na parroquia de Doniños, concello de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta da beira setentrional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Adina, concello de Sanxenxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral da parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo, situada ao L da praia das Catedrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Miño pola dereita. Nace na vertente oriental da serra do Galleiro, na parroquia da Picoña, concello de Salceda de Caselas. O seu curso, situado sobre unha falla, adopta unha dirección N-S, coa que atravesa as parroquias de San Xurxo de Salceda e Santa María de Salceda. Penetra na parroquia de Cabreira, concello de Salvaterra de Miño, e prosegue polo límite entre este concello, pola parroquia de Arantei, o concello de Salceda de Caselas, na parroquia de Entenza, e o concello de Tui, na parroquia de Caldelas de Tui, onde desemboca, despois dun percorrido duns 11 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da Terra de Caldelas e cabeceira desa comarca, situado na provincia de Ourense no L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Monforte de Lemos e Sober (Terra de Lemos), e Ribas de Sil (Quiroga); ao L co de San Xoán de Río (Terra de Trives), ao S co de Chandrexa de Queixa (Terra de Trives), e ao O cos de Montederramo e A Teixeira (Terra de Caldelas). Abrangue unha superficie de 87,6 km 2 cunha poboación de 1.687 h (2007), distribuídos nas parroquias de Alais, O Burgo, Camba, Castro Caldelas, Folgoso, Mazaira, Paradela, Pedrouzos, Poboeiros, San Paio de Abeleda, Santa Tegra de Abeleda, Sas de Penelas, Trabazos, Tronceda, Vilamaior de Caldelas e Vimieiro. A capital é a vila de Castro Caldelas, na parroquia de Castro Caldelas, situada a 42° 22’ 20’’ de latitude N e 7° 24’ 7’’ de lonxitude O, 156 km ao SL de Santiago de Compostela e 51 km ao L de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial da Pobra de Trives e diocese de Ourense.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo situado no alto de Castro Caldelas. Posiblemente disposto sobre un enclave castrexo, como parece indicar o topónimo castro, levantouse como construción defensiva. Durante a época romana o castro transformouse nun oppidum situado na encrucillada das vías romanas que unían Braga con Astorga e Chaves con Lugo. O edificio conserva partes iniciadas na segunda metade do s XIV. Os partidarios de Enrique de Trastámara nas loitas contra Pedro I tomárona en 1370 e, máis tarde, sufriu a destrución na Revolta dos Irmandiños en 1467. O conde de Lemos, Pedro Osorio, mandouna reconstruír e deulle a planta definitiva en 1560. Permaneceu en mans dos señores de Lemos ata finais do s XVIII, pero, ao morrer sen descendencia, o derradeiro conde pasou á Casa de Alba. Consérvase un recinto amurallado con planta de polígono irregular dotado de tres torres (a do reloxo e a do homenaxe semellan ser as máis antigas). Posteriormente se engadiu o celeiro e a adega. Conserva o patio de armas, parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Culleredo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO