"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • GALICIA

    Fotógrafo profesional. Máis coñecido como Delmi Álvarez. Traballou dende o ano 1983 nos xornais La Región e A Nosa Terra, e a partir de 1984 no periódico El País, en Madrid. Anos máis tarde, participaría tamén como fotoxornalista no Diario de Galicia, na axencia Cover, tamén en Madrid, en El Mundo de Galicia e en El Ideal Gallego.
    Deu conferencias ao longo de todos estes anos en numerosos institutos de Galicia, na Universidade de Santiago de Compostela, na de Vigo e na facultade de ciencias sociais da Universitat de Barcelona. Así mesmo, participou na I e II Fotobienal de Vigo e en numerosas exposicións individuais e colectivas por toda Galicia, España e Portugal. Viaxou por todo o mundo (Canadá, EE UU, México, Nicaragua, Cuba, Venezuela, O Brasil, Arxentina, Francia, Gran Bretaña,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor suízo de lingua francesa. Foi profesor de estética (1849) e filosofía (1854) na Academia de Xenebra. É coñecido, sobre todo, polos fragmentos extraídos do seu Diario íntimo. Os seus fragmentos de crítica literaria teñen un interese especial; expón un plan pedagóxico influído por Hegel. Escribiu tamén Theorie de l’education.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principal procedemento de síntese industrial do ácido cianhídrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de antecedente.

    2. Proceso polo que un curso de auga establecido antes dun alzamento tectónico mantén o seu curso durante ese alzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que antecede ou precede.

    2. Aquilo que antecede.

    3. Primeiro termo dunha correlación gramatical, que pode ser sobreentendido.

    4. Na implicación, o termo ou a proposición, da que se implica o consecuente.

    5. Motivo melódico que é retomado polo consecuente ou réplica, segundo algúns dos procedementos da imitación.

    6. Dise do curso de auga que sufriu un proceso de antecedencia.

    7. Relación de condenas penais ditadas contra unha persoa. Circunstancia agravante da responsabilidade penal de reincidencia; pode producir outros efectos legais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ir diante de algo ou de alguén no tempo, no lugar ou na orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto lombardo. Centrou a súa actividade en Parma, onde esculpiu o Descendemento da Cruz da Catedral (1178), realizou a portada do baptisterio (1196) e, xunto cos seus discípulos, principiou a decoración do seu interior. Tamén realizou a fachada da Igrexa de Santo Andrés de Vercelli (1223). As súas composicións, dotadas de volume e dun sólido modelado, exerceron unha ampla influencia no nacemento do Gótico italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno caracterizado pola formación de zonas edematosas na pel, as mucosas ou as vísceras. Suponse que se debe a unha alerxia, especialmente de tipo alimentario. Pode ser grave, polo perigo de asfixia, cando afecta ás vías respiratorias altas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedais que forman parte do tear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formada no 1963 pola Federación de Adén (Protectorado de Adén) e a colonia de Adén. Membro da Commonwealth, a súa fundación foi promovida polos británicos coa esperanza de rematar coas reivindicacións iemenís sobre estes territorios. O 20.11.1967 a Federación de Arabia do Sur e o Protectorado de Adén proclamaron a República Popular do Iemen do Sur, que en 1970 pasou a denominarse República Popular Democrática do Iemen. A partir do 22.5.1990 forma a República do Iemen ao fusionarse co Iemen do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora de ensino primario, actriz e animadora teatral. Participou en colectivos como Barriga Verde, Joven Teatro Joven ou Teatro do Achádego, agrupacións teatrais que teñen como obxectivo a promoción do teatro para a infancia e a mocidade, e do teatro afeccionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Matemático e físico. Fillo dun astrónomo, supostamente parente de Hierón, tirano de Siracusa. Destacou en xeometría pura. Estudiou a Euclides e tivo algunha relación con Eratóstenes. A profunda orixinalidade da súa obra, o feito de que estea escrita en dialecto dórico e o intenso traballo de enxeñeiro que debeu levar a cabo fan supoñer certa oposición á ciencia oficial da época, representada polos científicos alexandrinos. A súa descuberta máis importante foi, mesmo para o propio Arquímedes, a demostración de que a área da esfera é igual á área lateral do cilindro recto circunscrito e que a área total deste cilindro e o seu volume son, ambos, unha vez e media os da esfera. Demostrou que a área do círculo é igual á dun triángulo rectángulo en que os catetos sexan, respectivamente, iguais ao radio e á lonxitude da circunferencia. O problema redúcese a calcular a relación da circunferencia co diámetro (número π). Arquímedes foi un mestre no cálculo numérico, e cos polígonos inscrito e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proposición segundo a que se collen dous elementos calquera, α e β, dun conxunto que teña estrutura de semigrupo ordenado, existe un número enteiro n tal que nα ³ β, é dicir, hai múltiplos do pequeno maiores ca o grande. Os conxuntos nos que se verifica esta proposición denomínanse conxuntos arquimedianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principios fundamentais da estática de fluídos, polo que un corpo somerxido nun fluído é afectado por unha forza ascensional (impulso de Arquímedes) aplicada ao metacentro igual ao peso do fluído desaloxado. Se se supón que o corpo e o líquido son homoxéneos e de pesos específicos γ1 e γ2, chámaselle P ao peso do corpo, e F á forza ascensional, cúmprese que P = Vγ1 e F =Vγ2, onde V é o volume do corpo. Se P > F, o corpo afúndese. Se P = F, o corpo nada entre dúas augas, e se P < F, o corpo flota. En todos os casos o peso do corpo medido dentro do fluído é P - F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza celebrada o 15 de xullo de 1843 en Lugo polos representantes das diferentes Xuntas provinciais constituídas tralos pronunciamentos que teñen lugar ese mesmo ano (A Coruña: 18 de xuño; Lugo: 19 de xuño; Vigo e Ourense: 21 de xuño), onde quedou constituída a Xunta Central de Galicia. No escrito publicado o 16 de xullo expuxéronse as resolucións adoptadas: fidelidade ao rexente Espartero, necesidade de constituír unha Xunta Central de España que represente ás diferentes Xuntas provinciais, convocatoria de Cortes Constituíntes e organización dun poder central en Galicia que asumise todos os poderes. Como último obxectivo sinalaban a salvación do país e da Raíña Isabel II. Reclamaba tamén a soberanía mentres o poder central non fose restaurado. O primeiro de agosto o ministerio de Gobernación só aceptaba unha xunta por provincia e suprimía as demais. En Lugo isto non se aceptou e, finalmente, o 15 de agosto, unha comunicación do ministerio instou á súa desaparición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea das distintas seccións do Partido Federal en Galicia, celebrada o 22 de xuño de 1873. O partido quedou organizado en xuntas locais e no cantón de Galicia creouse un comité executivo. A Asemblea Federal Galega xuntaríase dúas veces ao ano en Santiago (elixida capital do vindeiro cantón galego). Dentro do réxime federal de España, pedíase a autonomía de Galicia que estaría rexida por un regulamento ou constitución cantonal no que se fixarían os poderes que podería exercer, e cáles tiña que transferir ao poder central pola imposibilidade de exercelos directamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo inglés. Estudou en Inglaterra con Massine e María Rambert. Debutou na compañía de Ida Rubinstein en 1927 e foi primeiro coreógrafo (1935-1970) e director (1963-1970) do Royal Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO