"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

  • Movemento iniciado durante o período nazi por un grupo de cristiáns da igrexa evanxélica alemana, que se opuña á política de intromisión eclesiástica do goberno e á igrexa estatal representada polos Deutsche Christen (Cristiáns Alemáns). Fronte a eles definiu a fe e a misión da Igrexa (sínodo de Barmen, 1934) e instituíu unha administración provisional con autoridade canónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Tighina Cidade de Moldavia (141.500 h [1991]). Porto fluvial na beira do Dniéster. Conserva unha fortaleza do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión bioestratigráfica do Plistoceno inferior medio (1,5 M a) caracterizada pola presenza de Mimomys pliocaenicus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, avogado, economista, escritor e político rexionalista. Formouse en Santiago de Compostela con Melchor Salvá Ormaechea, Benito Núñez Forcelledo e Luis Zamora Carrete, doutorándose en Madrid o 25 de maio de 1885 cunha tese titulada Reglas equitativas para trazar la línea divisoria entre ambas potestades, o sea entre los derechos y los intereses de la Iglesia y del Estado. Foi catedrático de Dereito Natural en Oviedo e de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela, feito que lle levou a publicar o primeiro Programa de Hacienda Pública (1888). En 1887 publicou dúas obras xurídicas: Fundamentos del derecho de propiedad e El principio fundamental del derecho: lecciones elementales de historia de la filosofía del derecho. Nesta obra definiu a súa filosofía do dereito, considerado como un poder inviolable de esixir doutro algo conforme á lei natural e como o poder moral abstracto que convén levar ao termo dunha relación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista. Discípulo de Edwin Fischer, está considerado un dos mellores intérpretes de Liszt e Mozart. Debutou en Graz en 1948. Gravou o ciclo completo das Sonatas para piano de Beethoven e de Schubert. Dende a década dos sesenta é intérprete habitual do Festival de Salzburgo e de Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Turquía que nace no altiplano de Anatolia e adopta unha dirección NL-SO. Desemboca no mar Exeo, ao S da illa de Samos, logo dun percorrido de 402 km. No seu curso inferior divaga formando numerosos meandros, que lle deron o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político liberal. Doutor en Dereito e Filosofía e Letras, dende moi novo dedicouse ao xornalismo político: fundou El Demócrata e dirixiu El Heraldo de Madrid. Vinculado ao partido republicano, pasou máis tarde ao partido liberal. Deputado desde 1881, ocupou a subsecretaría da presidencia do goberno de Posada Herrera (1883) e foi ministro con Sagasta, etapa na que se encargou das carteiras de Fomento, Gracia e Xustiza, Facenda e Agricultura. En 1903 apoiou a Uxío Montero Ríos na loita entre faccións que se abriu no partido para suceder a Sagasta. Foi presidente do Congreso de los Diputados (1905-1906) e presidente do Consello de Ministros (1910-1912). Recoñeceu a necesidade de negociar cos representantes do movemento obreiro e elaborou diversas leis de protección social sobre xornadas máximas de traballo, sobre o emprego das mulleres, os contratos de aprendizaxe, etc. Intentou reducir o papel político do exército. Trala súa morte, víctima dun atentado perpetrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro Geral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia en varios institutos de Galicia e, dende 1980, no Institut Jaume II de Alacant. Foi director da colección de narrativa do Instituto de Cultura Gil Albert da deputación de Alacant e colaborador de honra do departamento de Lingüística Xeral e Teoría da Literatura da Universitat de Alacant. Deuse a coñecer como poeta en castelán coa obra El dolor de la carne (1960). En galego publicou o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) e o libro de relatos As calexas do cigurath (1973), reeditado íntegro en 1996, xa que na súa primeira edición sufrira mutilacións por parte da censura. No eido da crítica literaria destacan as súas colaboracións en revistas especializadas e na prensa, así como o volume monográfico A obra literaria de Eduardo Blanco Amor (1993). Foi galardoado nas Festas Minervais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Profesor na University of Wisconsin e especialista en temas lingüísticos e literarios medievais. Publicou varios estudios sobre o romanceiro e a historiografía medieval. É autor de, entre outras obras, Poema de Alfonso XI: fuentes, dialecto, estilo (1953), La escuela lingüística española y su concepción del lenguaje (1955), Siete siglos de romancero (1969), La tradición manuscrita en la “Crónica de Alfonso XI” (1974), Las lenguas circunvecinas del castellano: cuestiones de dialectología hispano-románica (1989), El español: orígenes de su diversidad (1989), De la silva textual al taller historiográfico alfonsí: códices, crónicas, versiones y cuadernos de trabajo (1997) e Arte poética del romancero oral: textos abiertos de creación colectiva (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, un león rampante de ouro, coroado do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía institucional creada en Madrid en 1984 polo Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales. Dependente do ministerio de Cultura estivo dirixida desde a súa fundación por Guillermo Heras, quen desenvolveu un amplo programa de actividades ata a desaparición da compañía, en 1993. Entre as súas iniciativas, destaca a renovación da escrita dramática a través de premios, de cursos e da posta en escena de espectáculos creados a partir de textos de novos autores, así como a realización de espectáculos con obras de dramaturgos significativos das novas correntes teatrais europeas e americanas. En Galicia participou na produción do espectáculo Caderno de Bitácora (1985), do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comerciar con algo comprándoo e vendéndoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Entender o significado dalgunha cousa.

      2. Percibir o que está contido en algo que se dixo ou se escribiu.

      1. Atopar naturais, razonables ou xustificados os actos, os sentimentos de alguén e as causas que os motivan.

      2. Entender a forma de ser dunha persoa.

    1. Conter algo en si algunha cousa como parte dun todo, dun conxunto.

    2. Percibir intelectivamente algunha cousa ou decatarse de algo.

    3. Entenderse con harmonía dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de cooperación voluntaria creado o 8 de decembro de 1991 en Viskuli e integrado orixinariamente polas repúblicas integradas na Federación Rusa, Ucraína e Bielorrusia. O 24 de decembro sumáronse as repúblicas de Armenia, Acerbaixán, Kazakhstán, Kirguizistán, Moldavia, Taxikistán, Turkmenistán e Uzbekistán. Estas repúblicas asinaron o tratado de adhesión, no que se especificaba a igualdade entre os membros, polo que se estableceu un novo espazo para as relacións e a cooperación entre os estados independentes, buscando o control en materia de defensa, as reformas económicas e políticas. Comezou o seu funcionamento o 1 de xaneiro de 1992 e Xeorxia uniuse en decembro de 1993. A estrutura da CEI estaba dirixida polo Consello de Xefes de Estado e o Consello de Xefes de Gobernos. Contaba ademais cunha Asemblea Interparlamentaria, baleira de contidos, un Consello Económico Consultivo e unha Corte Económica. A CEI, que xurdiu como resultado do proceso promovido coa Perestroijka...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de condescender.

    2. Disposición de carácter que inclina a condescender ou a ser excesivamente tolerante con algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que mostra condescendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignarse a consentir algunha cousa a alguén, accedendo á súa vontade por cortesía ou amabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen disputa ou loita con outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utilizar alguén, un país ou outra entidade, a súa forza ou outros medios contra outra persoa ou entidade que pretende o mesmo obxectivo.

    2. Discutir alguén con outra persoa mantendo distintos puntos de vista ou opinións.

    VER O DETALLE DO TERMO