"España" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 58.

  • SEMANARIOS

    Semanario de carácter cultural aparecido en Madrid en 1915 e dirixido na súa primeira etapa por José Ortega y Gasset. En 1916 comezou unha segunda etapa dirixida por Luis Araquistáin e Manuel Azaña. Na súa sección literaria, coordinada por Díez-Canedo, incluíu autores das vangardas literarias, como Bacarisse ou Antonio Espina, e da Xeración do 27, como José Bergamín ou García Lorca; ademais, difundiu estudios sobre a literatura estranxeira, especialmente de Proust, Marinetti e Apollinaire. Publicou, entre xullo e outubro de 1920, Luces de bohemia, de Valle-Inclán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de información xeral aparecido en Ourense en xaneiro de 1936. Cesou arredor do mes de maio de 1937 (nº29). Fundada por Manuel González Cerezales, como secretario de redacción traballou Francisco Céspedes. Inicialmente inclinouse por tendencias tradicionalistas, que variou en xullo de 1936 para se converter en falanxista. Incluíu apartados de pedagoxía, relixión e sociedade, ademais dunha páxina de guerra, con abundante información da contenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración publicada o 19 de setembro de 1868 ao inicio da Revolución Gloriosa. Redactada por Adelardo López de Ayala e asinada por J. Prim, J. B. Topete e F. Serrano, entre outros, debe a súa denominación á expresión “Viva España con honra”, citada no texto. Expúñanse os principais motivos e fins do movemento revolucionario, como a recuperación da soberanía nacional, a creación dun goberno provisional e a implantación do sufraxio universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1936 en Montevideo. Cesou a súa edición arredor de 1956 (nº817). A súa tendencia política era antifascista. Incluíu información sobre os exiliados e a situación do colectivo de emigrantes nos países americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Vigo en abril de 1997. Subtitúlase “El Periódico de las Comunidades Españolas en el Mundo”. Editado e dirixido por Francisco Gómez Soto, diríxese fundamentalmente aos emigrantes españois residentes en Europa, Australia e América. Distribúese entre as máis de 3.000 asociacións españolas que hai no mundo, que totalizan máis dun millón de socios. Cun espírito informativo plural, inclúe contidos de actualidade, sobre todo referentes á emigración, datos sobre bolsas, axudas e fundacións. Ademais, tenta reflectir a realidade das devanditas asociacións con reportaxes sobre os actos que se desenvolven nas casas rexionais e nos distintos países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa industrial fundada en Madrid en 1847 polos irmáns Muntadas i Campeny para a explotación de fábricas de fiado, tecido, estampaxe e apresto de algodón. Xurdida ao abeiro do arancel proteccionista, foi a primeira sociedade limitada algodoeira de España. En 1851 inaugurouse unha gran fábrica en Barcelona que se converteu no maior centro téxtil de España. En 1909 participou na Exposición Regional Gallega de Santiago de Compostela. A finais dos anos sesenta, despois dunha serie de exercicios negativos, a fábrica foi liquidada e os terreos vendéronse, e máis tarde convertéronse en parque municipal (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de ensaios escritos por José Ortega y Gasset e publicados en 1921 co obxecto de analizar as causas da crise política, social e espiritual que sufría España. Partindo do concepto de nación como entidade dinámica que existe, porque a colectividade actúa baixo postulados comúns, afirmou que España foi a creación de Castela e que a acentuación dos particularismos desde o s XVI foron os causantes da situación político-social española. Tamén elaborou unha teoría sobre a falta dunha elite intelectual dirixente e sobre as masas que compoñen a base numérica da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia falanxista que apareceu na cidade de Ferrol en 1936. Foi a voceira da Central Obrera Nacionalsindicalista de la F E Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia falanxista aparecido en Verín o 20 de agosto de 1936. Cesou a súa edición o 17 de outubro do mesmo ano. Subtitulouse “Todo por la Patria y nada contra la Nación”. Fundouno José Arjiz Salgado e imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Ramón Fuertes. Incluíu información de carácter xeral e noticias locais, ademais de abundantes datos sobre o desenvolvemento da Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada en México en 1940 por intelectuais españois no exilio. Patrocinada pola Junta de Cultura Española, o seu director foi José Bergamín e o seu redactor xefe Juan Larrea. Trátase dunha publicación sen liña estética ou política definida, na que se reflectía a situación dos exiliados políticos no país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político venezolano. Dirixiu xunto con Manuel Gual o primeiro movemento independentista venezolano (1797) e tralo fracaso tivo que fuxir do país. Ao seu regreso (1799) foi capturado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra do crego valisoletano Enrique Flórez titulada La España Sagrada, o teatro geográfico-histórico de la Iglesia de España. Comezouse a publicar en 1747, cada un dos volumes é independente, e neles analízase a historia das sés metropolitanas e de cada diocese. Flórez escribiu os 27 primeiros volumes. Dende 1772 continuaron a obra os seus compañeiros agostiños Manuel Risco (ata o tomo 42), Antolín Merino e José de la Canal (43-46). En 1836 a Real Academia de la Historia asumiu a responsabilidade da súa redacción, a partir do tomo 47.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, xornalista e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Zaragoza, exerceu en Logroño ata 1851, data na que se trasladou a París para ampliar os seus estudios. Militante progresista, foi secretario da embaixada española en París durante o Bienio Progresista. Retornou a España e traballou na redacción do xornal Las Novedades. En 1860 viaxou a Italia como correspondente de guerra. En 1869 elixírono deputado polo distrito de Albacete, e en 1871 senador por esta mesma provincia. En 1881 foi senador por Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Traballou, entre outras obras, no Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter cultural fundada e dirixida por Manuel Andújar e José Ramón Arana. Editouse en dúas etapas distintas entre 1946 e 1956. A partir de 1957 modificou a súa cabeceira pola de Diálogo de las Españas. Nos seus artigos incluíu unha gran diversidade de tendencias e orientacións políticas e culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter monárquico-absolutista aparecida na Coruña en novembro de 1810. Cesou probablemente o 22 de maio de 1815 por prohibición real. Na súa primeira época (ata marzo de 1811) dirixiuno frei Juan Chacón, e nel predominou un carácter marcadamente antiliberal. Imprimiuse nos talleres de Francisco C. Pérez Prieto. Na súa segunda época (dende o 2 de abril de 1811) editouno frei Juan Chacón e frei Nicolás de Castro, e dirixiuno frei Manuel Martínez. Inicialmente, saía dos obradoiros tipográficos de Pérez Prieto e, dende xullo de 1811, dos de Antonio Rodríguez; logo contou con imprenta propia. En xaneiro de 1812 modificou a súa cabeceira e pasou a titularse El Exacto Diario; posteriormente, volveu cambiala pola de Exacto Diario en La Coruña. Dende o 3 de novembro de 1814 publicou un suplemento titulado El Postillón del Exacto Correo. Foi substituído polo Diario Exacto de España en La Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, escritora e política. Neta do deputado liberal e fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre, asinaba os seus artigos como Victoria Armesto. Graduouse na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid (1949). Foi correspondente en EE UU (1950-1955) e Bonn (1956-1966) de La Voz de Galicia; ademais colaborou con Pueblo e a revista Semana. No eido político exerceu como deputada pola Coruña no Congreso na lexislatura constituínte (1977-1979) por AP, na I lexislatura (1979-1982) por Coalición Democrática (CD) e na II lexislatura polo PP (1982-1986) e polo Grupo Mixto (marzo-abril 1986). Escribiu Dos gallegos, Feijoo y Sarmiento (1964), Galicia feudal (1969), Verbas galegas (1973) e Los liberales coruñeses (1996). Entre outros galardóns, en 1970 recibiu o Pedrón de Ouro concedido polo Patronato Rosalía de Castro e o premio Concepción Arenal polo seu traballo “Concepción Arenal e nós”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística filial ao 100% de Ford Motor Company e con sede en València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa semanal emitido por Radio Peninsular de Barcelona a principios dos anos setenta do s XX. Presentado por Luis del Olmo, partiu dunha iniciativa de Gonzalo García Cortizas e nel colaborou Esther Eiros. Contaba co patrocinio dos empresarios hostaleiros galegos instalados en Catalunya e tentaba promocionar a riqueza paisaxística de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual de crítica, ensaio e poesía, editada en València (xaneiro-decembro de 1937) e Barcelona (xaneiro-novembro de 1938) por un grupo de intelectuais; entre eles, R. Alberti, Luis Cernuda, María Zambrano, Pere Bosch i Gimpera e Rafael Dieste. Incluía numerosas composicións poéticas, recensións de obras e unha antoloxía poética. Constituíu o expoñente máis importante da coalición de escritores ao carón da causa republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO