"FUE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 95.
-
GALICIA
Escultor. Comezou a súa formación como tallista ata que en 1958 se trasladou a Santiago de Compostela onde estudiou na Escuela de Artes e Oficios Mestre Mateo. En 1964 ingresou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi e en 1967 na Escola Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Dende 1970 reside en París, onde aprendeu co Patkai as técnicas de traballo con formigón armado e a relación da escultura co contorno e coa arquitectura. A súa obra caracterizouse pola utilización da natureza como fonte de inspiración, a sinxeleza das formas e os vestixios do pasado galego. Nalgunhas das súas obras mostrou un estilo modernista. Empregou, entre outros materiais, o bronce, a madeira, a pedra, o ferro e o formigón. Aínda que desenvolveu a súa traxectoria artística en Francia, en Galicia realizou monumentos públicos de gran tamaño, entre os que destacan as obras realizadas para a facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e para a residencia de anciáns...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Cofundador e máximo dirixente do Partido de la Democracia Cristiana (1960), exiliouse en Venezuela trala vitoria electoral do coronel Morales. Regresou a El Salvador despois do golpe de estado de 1979 e formou parte da xunta do goberno cívico-militar desde 1980 que presidiu ata 1982. Foi presidente do país (1984-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Participou nos espectáculos Sinxebra, estreado en 1948 polo grupo Santa Lucía da Coruña a partir dun texto de Armando Cotarelo Valledor, e Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, presentado en 1959 tamén na Coruña pola Asociación Teatral Iberoamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en xaneiro de 1927 en Madrid, que reuniu a maioría dos estudiantes de España ata finais de 1939, e que tiña como un dos seus obxectivos organizar profesionalmente os estudiantes. O seu fundador e presidente, na súa primeria etapa, foi Antoni M. Sbert i Massanet. O motivo da súa creación foi a oposición de privilexios nas universidades confesionais (1928-1929). Posteriormente, uniuse á axitación republicana de 1930 a 1931 (acontecementos da facultade de Medicina de San Carlos de Madrid, marzo de 1931). Organizada federativamente, entre 1931 e 1939 foi a a máis importante das asociacións estudiantís españolas. En Galicia constituíse nos primeiros días de 1930 nas facultades de Medicina e Dereito, e, progresivamente, ampliouse a outras facultades. Desenvolveu, entre diversas actividades, un constante labor de concienciación a prol dunha nova vida universitaria no contexto republicano e co horizonte da autonomización política de Galicia. Ricardo Carballo Calero, Gómez Naveira,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fracción pesada do petróleo natural que se obtén na destilación de petróleo ou pola mestura doutras fraccións. É líquido, espeso e de cor escura e a viscosidade e o seu contido en xofre son as dúas características técnicas máis importantes. Emprégase como combustible en instalacións domésticas e en industrias de calefacción e nas centrais térmicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fuel.
-
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘malo’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘nada’.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, situado no sector meridional da illa da Palma (1.735 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan os gravados rupestres do roque de Teneguía e a igrexa neoclásica de San Antonio Abad.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na costa, e que conta coa serra de Mijas (41.713 h [1996]). Desenvolveuse como un importante centro turístico. Ten un destacado mercado agrícola e industrias alimentarias e de confección. Situado sobre un asentamento ibero, foi colonia fenicia e romana. Baixo dominio árabe foi recuperada polos cristiáns en 1487. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, as termas romanas e a necrópole visigoda de Torreblanca e o castelo árabe de Sohail (s X).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao S da capital (163.567 h [1996]). É unha cidade dormitorio e un centro industrial (automóbil, alimentación, metal, mobles e artes gráficas).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no sector de levante da provincia, no límite con Ciudad Real (2.103 h [1996]). Destaca a agricultura de secaño (oliveiras e cereais) e o armentío ovino. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Asunción, a ermida de Santa Ana e o Pingote de Santa Ana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, situado a poñente de Logroño, no límite coa provincia de Araba, Euskadi (2.120 h [1996]). O Ebro drena o territorio e constitúe o seu límite setentrional, tanto do municipio como da comunidade. A fonte económica básica é o cultivo da viña e a elaboración de viños de La Rioja. De orixes prerromanas, Enrique de Trastámara concedeulle o título de vila libre de foro real polo seu apoio na guerra civil contra Pedro I o Cruel. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María (s XVI), o palacio dos marqueses de Terán e a fonte de San Juan.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado por diversos regatos que flúen desde a serra de Guadarrama, que forma o límite SL do territorio nun pequeno sector (7.525 h [1996]). Situado na comarca de La Sagra, destaca a agricultura e a gandería, pero é de especial importancia a industria do calzado. Documentada por primeira vez en 1085, foi repoboada por mozárabes e desde 1470 foi señorío dos López de Ayala. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa mudéxar de San Juan Bautista (ss XV-XVI), o convento do Espíritu Santo (s XVI) e o palacio dos condes de Fuensalida (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Encoro da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado na cabeceira do Segura, na confluencia co río Tus. Ten unha capacidade de 203 hm3 e regula as augas do río para asegurar o regadío das hortas de Murcia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no val do río Víboras (3.391 h [1996]). A economía é agrícola (oliveiras e cereais), con industrias derivadas. Con ocupación ibera e romana, o seu señorío pertenceu desde 1228 á orde militar de Calatrava. Constituíuse como municipio en 1835. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o recinto fortificado ibero do Cerro del Algarrobo, as vilas romanas da Atalaya e Las Monjas, a igrexa de Nuestra Señora de Fuensanta (s XVI) e a fonte de La Negra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fonte.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, situado ao pé da serra de Carrascoy (9.046 h [1996]). A economía é agrícola (hortalizas, algodón, cereais e oliveiras) e gandeira, con industrias derivadas da alimentación e do metal. Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento argárico de Carrascoy, os restos dunha calzada romana e a ermida da Purísima Concepción.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Formouse no Círculo de Bellas Artes e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (1949-1950) e permaneceu durante dous meses na Academia Española de Roma en 1957. Entre 1959 e 1961 volveu á Escola de San Fernando como alumna libre de pintura mural. Neste eido realizou un mural para a aula magna e un panel cerámico na facultade de Ciencias de Santiago e un mural para o Instituto San Tomé de Vigo. As súas primeiras composicións recibiron a influencia do cubismo pero posteriormente encadrouse na corrente neofigurativa da pintura española e, co paso do tempo volveuse expresionista. Mantivo unha preocupación pola textura da materia e pola luz que a levou ao emprego de veladuras. Realizou bodegóns, paisaxes, que en poucas ocasións foron reais, e retratos imaxinarios nos que mostrou o dominio do debuxo. Entre outras obras cómpre destacar Retrato de miña nai (1969), A vella dama (1969), Retrato de Bertrand Russell (1970) e Retrato de J. L. Aranguren...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto, fillo de Xenaro de la Fuente Domínguez. Titulouse en 1921 na Escuela de Arquitectura de Madrid e en 1922 sucedeu ao seu pai no cargo de arquitecto municipal de Vigo. A súa obra inicial foi academicista e ecléctica e na década de 1930 mesturou as tendencias racionalistas co rexionalismo. Entre as súas obras destacan a casa para Eligio Prieto Iglesias na rúa do Príncipe (1925); a casa de vivendas na rúa Uruguai (1927?); o edificio comercial que dá ás rúas do Príncipe e Policarpo Sanz (1920-1930); o Garaxe Americano na rúa García Barbón (1929); as casas para María Iglesias Curty na praza de Compostela, esquina coa rúa Reconquista (1940); as vivendas para a Compañía Carbonera SA na praza de Compostela (1942); a escola de Peritos; e o Instituto Feminino San Tomé. Antes da Guerra Civil comezou a reordenación da Cidade Universitaria de Santiago de Compostela coa traza, nun gusto neobarroco, dos edificios principais, os colexios maiores, a facultade de Ciencias e o sanatorio de Nosa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Entre as súas obras destaca Historia eclesiástica de España (1851) e Historia de las sociedades secretas antiguas y modernas en España y especialmente de la francmasonería (1874-1882). Foi membro do Colegio de Abogados de Madrid (1844), da Real Academia de la Historia e da Real Academia de las Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO