"Figueroa" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 37.

  • Juan Bautista Armada Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Carlos II, o 6 de maio de 1675, a Baltasar Pardo de Figueroa Lupidana, aínda que o título recaeu no seu fillo máis vello Baltasar Pardo de Figueroa Soutomaior. A esta liñaxe pertenceron o militar Baltasar Pardo de Figueroa (?-1808) e o poeta Juan Bautista Armada Losada. No s XVIII o vizcondado de Fefiñáns pasou á súa propiedade. Leva as armas dos Figueroa: en campo de ouro, cinco follas de figueira, de sinople, postas en aspa; no timbre, coroa de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada no centro histórico de Cambados. Coñecido tamén como pazo de Fefiñáns, edificouno Xoán Sarmiento Valladares no s XVI e pertenceu aos Fefiñáns e aos marqueses de Figueroa. Gonzalo Valladares e Sarmiento, vizconde de Fefiñáns, reformouno en 1647. Encadra a praza de Fefiñáns, onde se sitúa tamén a igrexa de San Bieito. Ten planta en forma de L e dúas alturas, a baixa dedicada a adega e a superior a vivenda. Nun dos seus extremos ten unha torre con ameas con dous balcóns circulares na esquina. A máis longa ten unha arcada que enlaza coa leira. No exterior destacan os medallóns e os frontóns triangulares que se sitúan sobre as ventás do piso superior. Na fachada principal consérvase o escudo de armas dos Valladares, Sarmiento, Ozores, Sotomayor, Puga e Fajardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Miguel de Figueiroa (Abegondo). Construída no s XII, ten planta cadrada e tres pisos e conserva as ameas. No 1621 reparouna Ares Pardo de Figueroa, cabaleiro da orde de Santiago. Na porta principal consérvanse os brasóns alusivos aos Figueroa. Mantén unha capela moderna cun retablo do s XVI. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Catedrática da Escola Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas revistas e xornais. Publicou Luís Pimentel: obra inédita o no recopilada (1981), Armando Cotarelo Valledor: teatro histórico e mariñeiro (1981 e 1984) e, en colaboración, O teatro de Xesús Rodríguez López (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formou parte da Xunta Local de Defensa na Guerra da Independencia e en 1811 foi deputado pola provincia de Lugo á Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia. Foi cóengo da catedral de Lugo, gobernador eclesiástico e realizou importantes investigacións nos arquivos catedralicios. Sobresaíu como orador sagrado e publicou varios dos seus sermóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deportista e político. Coñecido como Leri, foi concelleiro vigués nas listas do PSOE e pola candidatura Vigueses Independentes (1970-1999). En 1955 fundou Campeonatos de Playas, unha organización altruísta dedicada á práctica do deporte, que se distinguiu por defender os intereses da cidade. Foi seleccionador galego de rugby, árbitro e entrenador nacional de fútbol. Recibiu a Medalla da Cidade de Vigo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que se estableceu nas proximidades de Betanzos. A súa posible orixe pode proceder dos Pardo de Cela, xa que un fillo do Mariscal casaría cunha dona da liñaxe dos Figueroa e o fillo de ambos os dous, Arias Pardo de Figueroa (Betanzos 1580-?), fundaría esta liñaxe. Foi cabaleiro da orde de Santiago (1608), gobernador das súas armas e conde de Lemos e oidor da Real Cancillería de Valladolid. O seu fillo, Juan Pardo de Figueroa (Valladolid?-?), pertenceu á orde de Santiago desde 1623. Outro membro destacado desta liñaxe foi Baltasar de Figueroa y Sotomayor (Lima?-?), primeiro marqués de Figueroa e cabaleiro da orde de Santiago en 1602. Unha rama desta liñaxe pasou a San Martín de Valdeiglesias (Madrid) e desde alí a Cádiz. Trae como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de prata, unha aguia voante, de sable, e segunda, en campo de ouro, cinco follas de figueira, de prata colocadas en aspa. Outros traen escudo cuartelado: primeira partición, en campo de prata, cinco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Formou parte da escuadra Galiza, en 1637 serviu en Francia e ao ano seguinte enviárono a Perú, onde foi gobernador e capitán xeneral de Tucumán e corrixidor e xustiza maior de Canta. Foi cabaleiro da Orde de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Estudou xurisprudencia en Boloña e exerceu como xurista na Real Audiencia da Coruña. Presidiu o Consello de Castela. Foi bispo de Pati (Sicilia, 1568) e Córdoba (1582-1586), inquisidor en Sicilia, Sevilla e Toledo, e cóengo doutoral de Tui. Fundou o seminario conciliar de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra pictórica caracterizouse pola renovación do expresionismo e o muralismo expansivo narrando experiencias con imaxes concisas e elementalizadas nun ambiente abstracto simbólico. Destacou no campo da abstracción, ata acadar un xeometrismo aparentemente plano, e preocupouse pola innovación con novas técnicas de expresión gráfica, como a electrografía e a infografía aplicadas ao gravado. Destacan as súas obras Voando coa imaxinación (1997) e Diversidades 2001 (2001). Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, dirixiu a revista Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. Afiliado ao Sindicato de Petróleos de carácter autónomo, loitou durante a Segunda República Española pola integración do colectivo na Federación Local de Sindicatos Únicos da CNT olívica. Detido tras os sucesos de outubro de 1934, cando estoupou a Guerra Civil Española participou na resistencia ao golpe nas rúas viguesas e despois integrouse nunha partida guerrilleira. Contrario ao control sobre a guerrilla exercido polo PCE desde 1943, abandonou a loita armada e permaneceu agochado ata 1946. Detido en 1950, foi condenado a morte, logo conmutada por 23 anos de cadea en El Dueso (Santoña). Ao saír en liberdade (1973), tomou contacto co exilio cenetista en Toulouse e contribuíu á reorganización da Confederación Regional Galaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Betanzos, foi un dos primeiros pintores barrocos de Galicia. Cara a 1650 pintou o retablo de Santo Antón de Padua no santuario da Nosa Señora do Camiño de Tiobre e o retablo maior da capela da Madanela de Betanzos. Nestas obras amosou unha concepción pictórica sinxela, co emprego de fondos escuros, unha gama cromática pobre de tons escuros e pardos, onde domina o debuxo sobre a cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de minas. Mostrouse contrario ao intervencionismo estatal e acusou ao Estado da deixación das industrias extractivas. Escribiu Ensayo sobre la historia de las minas de Río-Tinto (1859) e Minas de Río-Tinto: estudios sobre la explotación y el beneficio de sus minerales (1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e dramaturgo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Academia Literaria de Santiago e fundou con A. Romero Ortiz o xornal satírico Santiago y a ellos. Progresista, participou no levantamento de 1846 e tras o seu fracaso fuxiu a Portugal ata que foi indultado. En Madrid fundou o periódico La Unión, colaborou en Semanario Pintoresco Español e dirixiu La Gaceta de Madrid. Escribiu a peza teatral Fernán Pérez Curruchao y el arzobispo D. Suero (1841), Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846) e o ensaio Observaciones sobre los nuevos proyectos de reforma constitucional del Sr. Bravo Murillo (1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Foi un dos cultivadores da poesía barroca e nalgunha das súas obras aparece a vertente erótica e satírica. Da súa produción destacan Neopolisea, Poema heroico el gran capitán (1651) e Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Doutor en Dereito, foi membro do corpo xurídico da Armada (1974-1983) e letrado do Consello de Estado desde 1979. Coordinador xeral da refundación do PP (1989-1990) e deputado desde 1989, foi vicepresidente (1989-1996) e presidente (1996-2000) do Congreso de los Diputados e ministro de Defensa (2000-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO