"Francisco" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 574.

  • PERSOEIRO

    Viaxeiro e escritor portugués. Formou parte da primeira embaixada portuguesa que arribou a Axum e ao País de Shoa, propiedade do negus David de Etiopía (1515-1527). Publicou a Verdadeira informação das terras do Preste João das Índias (1540), relato que acadou sona na súa época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Procedente dunha familia de ascendencia galega, chegou a Ourense en 1892, onde comezou unha intensa actividade nos medios xornalísticos (El Diario de Orense, La Defensa de Galicia, El Derecho, El Noticiero e As Burgas). En 1896 fundou e dirixiu o semanario satírico La Bruja. En 1909, marchou a Lisboa onde abriu un estudo de fotografía que trasladou, en 1910, a Río de Xaneiro. Alí participou na vida social e na actividade xornalística da comunidade galega. En Bos Aires fundou con Fortunato Cruces La Voz de Galicia (1913) e en 1915 volveu a Ourense e iniciou a súa segunda etapa xornalística na cidade en La Voz Pública, El Miño, onde mantivo a célebre sección “Agujetas”, e La Región. En 1923, ocupou o cargo de director do Diario de Orense, e colaborou como correspondente de El Sol, de Madrid. A partir de 1925 tivo que abandonar calquera actividade relacionada coa literatura e co xornalismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e animador teatral coñecido como Paco Mivida, é célebre polas súas letras para as comparsas do Entroido, polos seus propósitos, cos que ten recibido diversos premios, e polas súas aparicións en diversos programas da Televisión de Galicia, como O mellor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, escenógrafo, figurinista e director de escena, cine e dobraxe. Principiou a súa andaina como actor e escenógrafo no grupo Teatro Circo en espectáculos como Crónica do sol de inverno (1971). Logo iniciou unha longa estancia en Madrid, onde se uniu ao grupo La Picota. De volta en Galicia participou na fundación de Troula, co que dirixiu: O velorio (1978), a partir dun texto homónimo de Francisco Taxes; Anastas ou a orixe da constitución (1979) a partir dunha obra de Juan Benet; ou Pedro Madruga (1980), sobre un guión de Miguel Gato. Co Centro Dramático Galego ten dirixido espectáculos como: Caderno de Bitácora (1985), partindo dun texto homónimo de Francisco Taxes; Un refaixo para celestina (1993), sobre unha adaptación da coñecida obra de Eduardo Blanco Amor; e Viaxe e fin de Don Frontán (1995), sobre textos de Rafael Dieste ou Lugar (1999) a partir da obra homónima de Raúl Dans. Como actor participou en moi diversas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Círculo de Escritores e Poetas Iberoamericanos de Nova York, cidade na que residiu traballando como correspondente. É autor dunha considerable obra poética que en galego conta cos títulos Lexanías (1980), Maruxía (1989), co que foi finalista do II Certame da Casa Cultural Dominicana de Nova York en 1987, e Máis aló de Fisterre (1991), Alén da fronteira (1999), Para abril e amantes (2003) e Un neno na emigración (2014). En castelán publicou os poemarios Poemas del verbo amar (1981), Soliloquios del silencio (1982), Para el amor pido la palabra (1987), Circunferencia de la palabra (1989), Sombra de luna (1990), Desde la otra orilla (1994), Entre dos aguas (1995), Nueva York en nueve...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultor e retablista que traballa na diócese de Tui no século XVIII. Destaca a súa proposta do altar relicario da Capela de San Telmo (Tui).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Ingresou en 1976 en Reforma Democrática e Alianza Popular. Foi senador por Asturias (1982) e deputado tamén por Asturias dende 1986. Trala celebración do VIII Congreso Nacional de AP, foi membro do Cómite Executivo Nacional. No IX Congreso Nacional do PP, foi elixido secretario xeral, cargo no que foi confirmado nos congresos de Sevilla (1990) e Madrid (1993 e 1996). Dende o 5 de maio de 1996 foi Vicepresidente Primeiro do Goberno e Ministro da Presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista maior do Reino portugués. Entre as súas obras históricas sobresae a Crònica do muito alto D. João III (1613); como poeta, é autor do poema épico Primeiro cerco de Diu (1589).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador. Entre as súas obras máis salientables cómpre destacar a súa intervención no retablo de San Sebastián na Capela de San Roque de Santiago (1678), a pintura e dourado do retablo das Reliquias do convento de Vilanova de Lourenzá (1679), o retablo da desaparecida capela de San Roque en Pontedeume (1684) e o antigo altar da capela dos Remedios de Mondoñedo (1700), que pintou xunto con Alonso Canedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador aragonés autor, xunto con Diego José de Dormer, de Progresos de la Historia en el reino de Aragón y elogios de Jerónimo Zurita, su primer cronista (1680), única obra sobre Zurita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Membro do grupo coñecido como Os Precursores. Figura destacada do Rexurdimento cultural galego do s XIX, deixou unha obra moi popular. Cursou estudios no Seminario de Santiago e posteriormente licenciouse en Xurisprudencia na Universidade Compostelá. O final tráxico do Alzamento Provincialista do 1846, no que toma parte, obrígano a marchar a Lisboa. Na capital lusa compón o poema titulado Hymno dos povos, o que lle vale a expulsión de Portugal. Viaxou por Francia e Italia, transcorrendo a maior parte da súa vida fóra de Galicia, afastamento que fai da súa terra un tema recorrente na súa produción en galego. Co seu poema “A Galicia”, composición exaltadora da identidade nacional galega, acada un accésit nos Xogos Florais da Coruña do 1861, sendo logo publicado en El Álbum de la Caridad, volume compilatorio de todos os poemas premiados. Coa súa composición “Recordos da infancia” forma parte do grupo escollido de voces presentes no Mosaico de vates...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador e escultor barroco coñecido pola súa obra como retablista. Foi mestre titular das obras da Catedral de Santiago de Compostela (1639-1664). Na súa etapa de formación pódense identificar as seguintes obras: o retablo da capela de San Xacinto no Convento de San Domingos de Bonaval (1618); o trazado do cadeirado do coro baixo do mosteiro de San Paio de Antealtares, así como os entalles, que realizou xunto con Bertomeu Delgado (1619); o retablo para a capela maior da Igrexa de Santa María a Grande, en Pontevedra, -substituído posteriormente por un retablo gótico de Maximino Magariños-; e dous retablos colaterais na Igrexa da Nosa Señora de Fisterra (1640). A súa formación clasicista faise efectiva na actividade que desenvolve na Catedral de Santiago de Compostela, tanto no retablo da capela da Purísima Concepción (1637) como na decoración da capela maior ou no tabernáculo, traballos realizados baixo a dirección de Vega Verdugo. Tamén é o autor de varias obras menores para a Catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominico. Foi lector de Filosofía (1601) e ensinante de Teoloxía en San Pablo de Burgos e Alcalá de Henares, e catedrático de Teoloxía na Universidade de Salamanca. Toda a súa obra xira arredor da súa dedicación á Teoloxía e recolle títulos como: Comentarios a la Suma Teológica del Doctor Angélico (1636), Variae et selectae decisiones morales ad statum ecclesiasticum et civilem partinens (1664), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cirurxián. É autor de De recta vulnerum curandorum ratione (Anveres, 1574), que foi traducida ao alemán, ao inglés e ao holandés. A súa vixencia chega ata as edicións do s XVIII (1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa actividade céntrase nas parroquias galegas da diócese de Astorga. A súa obra máis coñecida en Galicia, que realizou xunto ao seu irmán Pedro, foron os traballos realizados na igrexa de Santo Estevo da Rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Guerra Carlista no bando isabelino, destacándose no sitio de Bilbao. En 1838 iniciou a súa carreira política como deputado electo por Sevilla. En 1844-1846 ocupou o ministerio da Mariña nos gobernos de Narváez e Istúriz, e a vicepresidencia do Senado entre 1852-1853. En outubro de 1857 asumiu o goberno, manténdose ata xaneiro de 1858.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, director da Universidade Popular en Vigo e técnico superior do concello da mesma cidade. Foi secretario da Asociación da Prensa de Vigo e presidente da Unión de Periodistas de Pontevedra. No eido da comunicación desempeñou os postos de director do semanario El Pope, redactor-xefe da Hoja del Lunes de Vigo e redactor-xefe e director do Faro de Vigo. Ademais da súa experiencia como director do Museo de Castrelos de Vigo e como redactor no xornal El Pueblo Gallego, foi correspondente de diversas axencias de información. Obtivo o Premio da Crítica Galicia no apartado de ensaio e foi finalista do Premio Nacional de Literatura de Ensayo. Publicou, entre outras obras, Álvaro Cunqueiro: unha biografía e Cunqueiro, un fabulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresor do século XIX. Fillo do tamén impresor Pascual Arza, ao que substituíu á fronte da súa imprenta en Santiago de Compostela no 1838, despois de publicar algúns xornais. A empresa pertenceu á familia Arza ata 1860, data na que lle foi arrendada a Cástor Míguez tras un primeiro arrendamento a Timoteo Pombo en 1854.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Desde 1916 traballou activamente nos sindicatos anarcosindicalistas. Foi prendido baixo a acusación de atentar contra o redactor xefe do periódico El Heraldo de Aragón, contrario ás reivindicacións obreiras. Trasladouse a Barcelona e con Durruti, G. Oliver e outros constituíu o grupo Los Solidarios (1922). Tiñan como misión a loita terrorista contra a patronal, a policía e os sindicatos libres. Ao ano seguinte participou no asasinato do cardeal Soldevila, feito que provocou a súa detención e a posterior fuxida a Francia. En 1924 xunto con Durruti percorreu diversos países americanos onde realizaron diversas expropiacións para acadar fondos para a organización anarquista. Participaron no intento de asasinato de Afonso XIII en París e contribuíron á publicación da Encyclopédie anarchiste (Enciclopedia anarquista) de Sebastián Faure. Foi un dos fundadores da Federación Anarquista Ibérica (FAI) en 1927 e defendeu o putsch (sublevación) como medio de chegar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e historiador castelán. Estudiou clarinete, piano, canto e composición no conservatorio de Madrid. En 1859 fundou os concertos espirituais no Teatro da Zarzuela de Madrid. Escribiu máis de setenta zarzuelas, de entre as que sobresaen: Jugar con fuego (1851), Pan y toros (1864) e El barberillo de Lavapiés (1874). Publicou Cancionero musical de los siglos XV y XVI (1890), Reseña histórica de la zarzuela (1864) e Los últimos amores de Lope de Vega (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO