"Galicia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 405.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Xosé Verea y Aguiar publicada en 1836. Encádrase dentro da corrente historiográfica romántica, iniciada por el mesmo na Historia de Galicia que escribiu, onde introduce por vez primeira o celtismo como modelo de explicación dos restos arqueolóxicos e dos feitos prehistóricos, co fin de subliñar o carácter diferencial da historia de Galicia, reivindicándoa como nación fronte a outros territorios da Península Ibérica. Principia así unha longa escola que guiará a moitos historiadores.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter anual editada polo Grupo Voz iniciada no ano 1984. Coordinada por Luci Garcés, conta con seccións mensuais dedicadas a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo acontecidos ao longo do ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de Mendoza (Arxentina) aparecida en 1960, órgano da “Peña Cultural Rosalía de Castro”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo xurdido como depósito da documentación xerada pola Real Audiencia de Galicia. Exerce como Arquivo Xeral de Galicia e Arquivo Histórico Provincial da Coruña desde 1945, e desde 1989 tamén como Arquivo Histórico da Administración Territorial Autonómica. Os seus antecedentes históricos parten das disposicións de Carlos V, que no ano 1543 ordenou gardar e conservar todos os procesos da Real Audiencia de Galicia, creada en 1480 polos Reis Católicos. No ano 1775, por unha Real Cédula de Carlos III creouse o Arquivo e foille asignado o persoal e o regulamento de funcionamento. Nun principio estivo instalado no Pazo da Real Audiencia (hoxe Capitanía Xeral), trasladado no 1936 ata o Pazo de Xustiza e, en 1956, á actual localización, na Casa da Cultura. Os fondos proceden de institucións públicas do ámbito galego e provincial da Coruña, destacando o fondo da Real Audiencia de Galicia, órgano de xustiza, administración e goberno durante o Antigo Réxime, con documentación desde o século XVI....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral gratuíta aparecida en xaneiro de 1979 e subtitulada “Revista de Información de las Artes Plásticas en Galicia”. Fundada e dirixida por Carlos Barcón Collazo, colaboraron nela: Fernando Mon, Carlos G. Bayón, Xosé Filgueira Valverde, Gonzalo Torrente Ballester, Xavier Costa Clavell, Siro López, Mario Costa Clavell, Pilar Corredoira, Remixio Nieto e Laureano Álvarez. Editada pola SAF (Asociación Artistas de Ferrol), contén entrevistas, comentarios sobre exposicións, concursos amais numerosas fotografías. A propia revista participou en 1982 na I Feria Internacional de Arte Contemporáneo (ARCO) e organizou en 1986 a I Exposición Internacional de Revistas de Arte. Xa en 1994, outorgóuselle a copa de honra á mellor promoción de arte Ránking Internacional de Prestigio en Madrid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo constituído o 25 de xullo de 1977 polos deputados e senadores electos das circunscricións de Galicia nas eleccións ás Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1977. Presidida por Antonio Rosón Pérez, elaborou o proxecto do réxime de preautonomía, aprobado por unanimidade dos seus membros, que lle entregaron ao Presidente do Goberno, Adolfo Suárez González, o 27 de outubro de 1977. O 16 de decembro de 1978, a Asemblea de Parlamentarios acordou nomear unha comisión de dezaseis persoas para redactar o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para Galicia. O 5 de maio de 1979, a Asemblea constituíu unha comisión de nove persoas encargada de elaborar o proxecto definitivo sobre a base do anteproxecto anterior. O 25 de xuño de 1979 a Comisión dos nove entregoulle á Asemblea o seu Proxecto de Estatuto, que foi aprobado por unanimidade e entregado ao Presidente das Cortes Españolas o 28 de xuño dese ano, no cabodano do plebiscito de 1936. O 25 de setembro de 1979 nomeouse unha comisión encargada...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en Santiago de Compostela en 1985 co nome de Asociación de Actores de Galicia. Está presidida por Mabel Rivera e integrada ademais por Gonzalo Uriarte, o seu primeiro presidente, Vicente Montoto, Lino Braxe, Casilda García, Xosé A. Porto Josito, Avelino González, Celso Parada e Cándido Pazó. Se a creación en 1984 do Centro Dramático Galego supuxo o recoñecemento institucional da actividade teatral e dos oficios teatrais propios da realización e da produción teatral, coa posta en marcha de asociacións sectoriais iniciouse un longo período de traballo na procura do recoñecemento e da lexitimación social e profesional dos traballadores da escena. A asociación desenvolve actividades moi diversas, desde aquelas orientadas á defensa dos dereitos profesionais dos seus asociados ou á promoción de melloras no exercicio profesional, ata a organización dun importante número de cursos de formación e reciclaxe, en colaboración co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez e por un grupo de anticuarios galegos. Presidida por Víctor Manuel Rodeiro Montenegro, esta asociación naceu co fin de defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. Anualmente organiza en Santiago de Compostela e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituída o 1 de decembro de 1990 en Santiago de Compostela, o seu ámbito de actuación céntrase, fundamentalmente, na Comunidade Autónoma Galega. O seu labor desenvólvese facilitando información aos seus asociados, organizando xornadas técnicas, visitando empresas, mantendo xuntanzas coas administracións públicas, facilitando viaxes a congresos e encontros nacionais e internacionais, e tamén formando a traballadores e mandos. Ten como obxectivos coordinar criterios diante dos problemas comúns do sector e crear servicios de interese común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de carácter privado creada en 1991 como froito da iniciativa conxunta das principais empresas da industria téxtil e da confección de Galicia co gallo de apoiar o sector. Os seus socios fundadores son as empresas: Florentino, Unicén, Antonio Pernas, Volvoreta, Roberto Verino Difusión, Géneros de Punto Montoto, Creaciones Toypes, Jealfer, Pili Carrera, D’AQ, Caramelo e Adolfo Domínguez, aos que logo se engadiron Mafecco e Selmark. O cargo de presidente desta asociación rota entre os distintos membros: José Fernández Valencia (Unicén, 1991-1996), Ramón Lavandeira Muiños (Caramelo, 1996-1998); dende 1998 está presidida por Adolfo Domínguez. O seu fin prioritario é o fomento e desenvolvemento das actividades a prol do sector téxtil e da confección de Galicia, así como a representación, defensa e promoción dos intereses profesionais, sociais e culturais dos seus asociados, incluíndo a organización dun constante labor formativo e de promoción profesional dos seus afiliados. Neste sentido,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en Santiago en 1853 e subtitulado “Periódico de intereses materiales y morales, de literatura, modas y anuncios”. De periodicidade bisemanal, figuraban como director Abelardo Carballo e como redactor Ramón Segade Campoamor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en México no ano 1962, divulgadora da cultura e lingua galegas nese país. Colaborou coa Universidade de México e produciu unha serie de programas de información cultural en Radio Metropolitana e Radio Universidad. Publicou tamén a revista Compostela. Nesta institución participaron numerosos intelectuais e políticos da sociedade mexicana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de libros que leva como subtítulo “Aproximación á distribución dos Vertebrados de Galicia durante o quinquenio 1980-1985”. Realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural e publicado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela en 1995, consta de dous tomos, un dedicado ás aves e outro aos mamíferos, réptiles e anfibios. Emprega para a distribución das especies a cartografía UTM que converte Galicia en 360 cuadrículas de 10x10 km. Reproduce 60 mamíferos, 146 aves, 15 anfibios, 24 réptiles e 11 peixes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de Xosé Manuel Beiras Torrado, publicado pola editorial Galaxia en Vigo no ano 1972, no que se enuncia a teoría do atraso como modelo explicativo da estrutura económica de Galicia. Segundo a obra, as transformacións económicas que se estaban a producir daquela no país non se acompañaban dun desenvolvemento e dun crecemento parello, polo que incidían na permanencia dunha economía dependente e caracterizada por niveis de produtividade, renda per cápita, consumo, porcentaxe da poboación activa, etc, inferiores aos dos países do seu contorno, eis o atraso. Dende esta perspectiva, o país sufría un proceso de desartellamento territorial (éxodo rural), esmorecemento demográfico, crise agraria, proletarización da poboación e desastre ecolóxico pola xestión anárquica do hábitat. A obra conclúe que o atraso de Galicia é responsabilidade de factores como a emigración secular, o raquitismo burgués, a insolidariedade institucional ou a colonización financeira, e que o minifundismo, as deficientes...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio de Música, Teatro e Congresos da cidade de Santiago de Compostela, inaugurado o 20 de outubro de 1989 cun concerto da Orquestra Nacional de España baixo a dirección de Odón Alonso e cunha exposición antolóxica de Laxeiro. O convenio para a súa construción asinárono o 15 de xuño de 1988 o ministro de Cultura, o Presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Santiago. O proxecto técnico redactárono os arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Dende os seus comezos, exerce as funcións de xerencia do Auditorio Xosé Denis Hombre. O contorno do edificio inscríbese nun espazo exterior á cidade histórica e combina o urbano co paisaxismo natural, contrastando o granito, as galerías acristaladas e o cobre. Consta dunha sala de exposicións no nivel inferior; unha sala para música e teatro cunha capacidade de 1.032 prazas aproximadamente, destinada ás representacións teatrais, ópera, concertos e ballets; unha sala cunhas 600 butacas e un escenario máis reducido, axeitada para concertos...
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia moderada aparecido o 8 de maio de 1845, que cesaría aos tres meses de saír. Fundado por Xosé Mª Posada, foi dirixido por Íñigo García Jiménez. Contou coas colaboracións de Francisco Añón, Xosé Mª Carracido, Alberto Camino, Posada e Xosé María Gil. Incluía informacións sobre a industria, o comercio, a moral pública e contiña tamén páxinas de literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago no ano 1871, dirixida por Valentín Lamas Carvajal na súa época de estudiante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en 1894 en Ferrol, que desapareceu en breve tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apoderado da Xunta do Reino de Galicia destinado na Corte como interlocutor diante do Consello de Castela (ss XV-XIX). O novo sistema político liberal, deseñado polas Cortes de Cádiz (1812), supuxo a desaparición definitiva en 1834 do axente do Reino de Galicia substituído polos xefes políticos de cada unha das catro provincias e os correspondentes funcionarios.