"Galle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 217.
-
GALICIA
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos trinta dedicouse á avogacía en Vigo, exercendo como procurador, ao tempo que colabora nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista, no que foi secretario, en 1936 exiliouse a Cuba, onde desempeñou o cargo de secretario da Presidencia. Co golpe de estado do Xeneral Batista renunciou a este posto e dedicouse de cheo a escribir na prensa. Anos despois intentou volver a Galicia pero foi detido e veuse na obriga de marchar de novo, instalándose en Miami onde permaneceu ata a súa morte. As súas colaboracións xornalísticas espállanse por numerosas publicacións, como as revistas cubanas Carteles e Bohemia e nas dos centros galegos da Habana, Bos Aires, México, etc. No terreo da crítica literaria destacan os seus artigos sobre Rosalía de Castro cos que obtivo os dous primeiros premios do concurso convocado polo Centro Galego da Habana con motivo do centenario...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal ilustrada publicada na Habana entre o 5 de outubro de 1913 e o 8 de marzo de 1914. Foi dirixida por Anxo Fernández e administrada por Xulián Cabrera. Incluía novas sobre Galicia, do Centro Galego da Habana e das Sociedades de Instrución, xunto cunha páxina literaria de poesía e prosa na que aparecían colaboracións de Curros Enríquez e Lugrís Freire.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter anual editada polo grupo Editorial Compostela, S A, iniciada no ano 1992. Coordinada por Juan Salgado, conta cunha serie de apartados, divididos en meses e dedicados a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación anual aparecida en Vigo no ano 1959 con referencias, datos e informes referidos a esta actividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que idea mentiras.
-
Que lle gusta organizar festas e inventar bromas para divertirse ou rirse dos demais.
-
Que fai as cousas de mala maneira, sen arte.
-
Persoa que procura ter diñeiro da xente intervindo nos seus negocios e embelecándoa coas súas malas artes.
-
-
PERSOEIRO
Historiador vasco. Catedrático na Universidad de Salamanca (1960-1969) e na Autónoma de Madrid. As súas obras Los afrancesados (1953), La España de Fernando VII (1968), La burguesía revolucionaria (1974), El modelo constitucional español de siglo XIX (1979) e La hacienda del Antiguo Régimen (1982), analizan os inicios da revolución liberal española. Doutor Honoris Causa polas Universidades do País Vasco e de Salamanca, foi tamén Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais en 1991. A súa Enciclopedia de historia de España recibiu en 1992 o Premio Nacional de Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coro con cadro escénico creado en Bos Aires en 1915, paralelamente á Agrupación Cultural Gallega (1913). O seu primeiro presidente foi Xoán Díez Miranda. Sendo presidente Domingo Rial Seijo integrouse na Casa de Galicia en 1918.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade privada constituída por diversas persoas e organizacións que representan os consumidores e defenden os seus intereses. En España a súa actividade está regulada polos artigos 20 e 22 da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores do 19 de xullo de 1984. Foi refundada o 9 de marzo de 1993 por iniciativa de Juan Carlos Ulla Otero e parte da desaparecida Asociación Galega de Consumidores e Usuarios. Federada na Confederación de Consumidores e Usuarios (CECUA), encárgase de tramitar as reclamacións e queixas dos consumidores propoñendo iniciativas lexislativas ante os parlamentos, dando charlas ou realizando e publicando estudios sobre temas relacionados cos intereses dos consumidores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundouse en xuño de 1905 na Habana co obxectivo de financiar e apoiar a creación dunha Academia Gallega. En 1905 publicouse nos xornais da illa de Cuba un artigo de Manuel Murguía no que incitaba á fundación da Real Academia Gallega, co fin de evitar a desaparición do idioma galego, e que esta se encargase da elaboración dun dicionario e dunha gramática. Tal iniciativa foi acollida con aceptación por parte das asociacións e galeguistas da illa, especialmente Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. Ao mesmo tempo traballaba dende América na recuperación da cultura galega recollendo cantos e tradicións populares, e contemplando no seu regulamento a creación de tres seccións culturais dentro da asociación (Historia, Literatura e Belas Artes, e Ciencias). A achega da asociación cubana foi tan importante que, en outubro de 1905, se formalizou a constitución da Real Academia Gallega, con sede na cidade da Coruña. Na súa declaración estatutaria, a asociación declaraba non ter ideoloxía política...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1919 na cidade de Bos Aires, e que tiña como obxectivo sustentar economicamente á Real Academia Gallega, ao mesmo tempo que difundir as súas iniciativas na República Arxentina. Esta asociación tivo a súa orixe en 1908, cando a Asociación Iniciadora y Protectora da Academia Gallega na Habana nomeou unha delegación en Bos Aires, que no sucesivo se amosaría case inexistente; estes académicos na Arxentina tiveron como única actividade a promoción dunha suscrición popular para a construción do monumento a Curros Enríquez na Coruña. En 1919, a Real Academia Gallega enviou a Xulio Dávila coa intención de unir as iniciativas existentes en Bos Aires a prol da Academia. Xulio Dávila solicitoulle apoio económico á Casa de Galicia da capital, acordando esta ofrecer unha achega anual de 500 pesetas, ao mesmo tempo que permitía a constitución dunha comisión autónoma da Academia nas súas dependencias. Poucos días despois constituíuse oficialmente a Asociación, sendo o seu primeiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1988 con domicilio social en Santiago de Compostela. A súa orixe atópase no Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), posteriormente Banco de Crédito e Inversiones (1964). Dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Continxente militar creado en xullo de 1936, organizado e dirixido polo comandante Barja de Quiroga. A pretensión deste continxente era a de alistar soldados na retagarda galega e, unha vez conformado o grupo, fornecer o exército sublevado que combatía a II República. En agosto do ano 1936 saíron para a fronte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial aparecida en Santiago de Compostela no ano 1949. Tentaba, coa publicación de obras de temática variada, un coñecemento máis profundo de Galicia e a difusión do mundo das artes, da literatura, da historia e da etnografía. Participaron neste proxecto Sánchez Cantón, Filgueira Valverde, Ramón Cabanillas, Gaspar Massó e Antonio Rey Soto, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial creada no ano 1885 por Andrés Martínez Salazar, que se encargou da dirección e da administración da empresa, e por Juan Fernández Latorre, que se responsabilizou do labor de impresión, empregando os talleres de La Voz de Galicia, xornal do que era fundador e propietario. Manuel Murguía será o primeiro autor en saír do prelo co seu libro Los precursores (A Coruña, 1885). Esta colección avogou pola literatura galega en galego e por iso reeditou Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez, publicou os tres tomos de El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, cando maioritariamente se falaba de “dialecto” para a lingua galega, e presentou obras moi diversas: Soaces dun vello, de Benito Losada, e Queixumes dos pinos, de Eduardo Pondal. Máis tarde impúxose un eclecticismo. Un polémico libro titulado La propiedad foral de Galicia de Eduardo Vincenti, situou a liña editorial próxima ao Monterismo que, unido á importancia...
-
ENSEADAS
Enseada formada na desembocadura do río Tambre, no fondo da ría de Muros e Noia, situada entre as puntas do Requeixo, ao O, (no litoral da parroquia de Outeiro, concello de Outes) e Abruñeiras, ao SL (parroquia de Barro, concello de Noia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de 1955 pola Agrupación Fotográfica Gallega. No seu número 30 (1958) inclúense as seccións “Galicia Fotográfica”, “Cine” e “Ecos Sociales”, entre outras. Conta coas colaboracións de Salvador Lorenzana e Carlos Espinosa. Inclúese amais información sobre asociacións, exposicións, mostras, cursos e certames relacionados co mundo fotográfico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que comezou a publicarse en La Habana en 1915. Cesou en 1955. A lingua que utilizaba era o castelán agás algunha frase esporádica ou algunha cita en galego. Este boletín era un xeito de “gaceta oficial” que recollía textualmente todo o que se dicía nas sesións da Asamblea de Apoderados. Serviu de libro de actas e incluía debates, informes de comisións especializadas, balances financeiros, contabilidade, situación do sanatorio, do teatro, do colexio, etc. Trátase dunha valiosa crónica que dá mostra do esforzo e interese común dos emigrantes polas institucións que os agrupaba. Cada edición do boletín tiña case 300 páxinas. Publicouse regularmente durante uns 45 anos, ata que o Centro Galego desapareceu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido arredor do ano 1967, que desapareceu en 1968. Foi unha publicación bilingüe de carácter sindicalista e reivindicativo. Na primeira páxina facía un balance da historia sindical da universidade, baseada segundo o propio boletín na discusión e no debate das diversas posturas, e a promoción das primeiras asembleas libres.