"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
-
Que actúa contra os vermes.
-
Medicamento empregado para combater os parasitos intestinais. Debe distinguirse entre os antihelmínticos vermífugos, que actúan contra os vermes de pequenas dimensións, e os antihelmínticos tenífugos, que expulsan as tenias.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico italiano. Formouse na universidade de Boloña e nos seus comezos traballou como asistente de cine. Nos seus filmes a peripecia argumental esvaécese en beneficio do tempo e a representación concreta substitúe a descrición. Destacan as películas: Cronaca di un amore (Crónica dun amor, 1950), L’avventura (A aventura, 1960), Blow Up (1966), Profession: reporter (Profesión: reporteiro, 1975), Il mistero di Oberwald (O misterio de Oberwald, 1980) e Identificazione di una donna (Identificación dunha muller, 1982). No 1995 recibiu un Oscar honorífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas da familia das acantáceas, de follas fráxiles pero ben formadas, estruxadas e brillantes, con nervios de cor crema, que integra unha sesentena de especies de procedencia sobre todo tropical.
-
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Estudiou o movemento das estrelas e, baseándose en William Herschel, o do sistema solar cara ao ápex. Publicou Uranometría Nova (1843), descrición das estrelas visibles sen telescopio no hemisferio norte, e a súa obra principal Bonner Durchmusterung (1859-1863), atlas e catálogo celeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Individuo do grupo dos ascohelmintos.
-
Taxon artificial, considerado por algúns autores como un filo que agrupa diferentes grupos de acelomados máis ou menos vermiformes como os rotíferos, os gastrotricos e os cinorrincos.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e escritor. Comezou a súa carreira como director en 1968, cun estilo un tanto simplista e vulgar, realizando filmes que non precisan de ningún esforzo intelectual para a súa comprensión, conformado con personaxes sen consistencia, cos que non se identifican os espectadores. Dirixiu Faut pas prendre les enfants du bon Dieu pour des canards sauvages (Non é preciso considerar os rapaces do bo Deus como parrulos salvaxes, 1968), Vive la France! (Viva Francia!, 1974) e Bons baisers a lundi (Bos bicos os luns, 1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. É coñecido, sobre todo, como autor de novelas de tema histórico italiano, entre as que destacan Il diavolo al Pontelungo (1927), Il mulino del Po (1938-1940), Il pianto del figlio di Lais (1945) e Non ti chiamerò più padre (1959). Reuniu a súa poesía co título de Versi e rime (1971-1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, primeiro dos fillos de Johann Sebastian Bach, ao que considerou o máis dotado de todos e que recibiu unha educación musical profunda. Nas súas obras, pouco coñecidas, encóntranse elementos prerrománticos unidos a formas plenamente clásicas. Destaca a súa Misa alemá en re menor; ten tamén sinfonías, pezas para órgano e piano, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Profesor de Historia e de Filosofía das Ciencias en Dijon e despois na Sorbona. Dedicouse sobre todo á Epistemoloxía, á Filosofía das Ciencias e á Psicanálise, en xeral. O recoñecemento da complexidade das teorías científicas obrigouno a refutar as simplificacións introducidas polas interpretacións racionalistas. Afirmou a existencia dun novo espírito científico, oposto tanto ao predominio antigo e medieval da imaxe como ao esquema xeométrico moderno. Realizou o intento de ampliar o marco e a estrutura da razón. Fronte á pretensión dos saberes absolutos, Bachelard destacou a necesidade de aterse a coñecementos aproximativos, dominados polo probabilismo. As súas obras principais son: La valeur indutive de la relativité (O valor indutivo da relatividade, 1929), Le nouvel esprit scientifique (O novo espírito científico, 1934), La dialectique de la durée (A dialéctica da duración, 1936), Le rationalisme appliqué (O racionalismo aplicado, 1949),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista, seguidor de Eugen d’Albert. Foi o primeiro expoñente dunha xeración de pianistas que rompeu coa tradición romántica de Liszt e Rubinstein.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bruce Frederick Cummings.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ethel Mae Blythe.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e físico. Investigou sobre radiotecnia, aparellos de medidas, radar e televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador norteamericano. Afeccionado á experimentación, combinada coa parodia e o grotesco, entre as súas obras destacan Come back, Dr. Caligari (Regresa, Doutor Caligari 1964), The Dead Father (O pai morto, 1975), Guilty Pleasures (Satisfaccións culpables, 1974) e Paradise (Paraíso, 1986). Colaborou regularmente en The New Yorker.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Iniciouse no mundo marxinal do grafito de Nova York, coa sinatura Samo. Proxectouse internacionalmente da man de Andy Warhol a comezos da década dos anos oitenta. A súa obra sintetiza o primitivismo totémico de raíces africanas e un expresionismo con connotacións simbólicas do mundo urbano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e produtora inglesa. Xunto co seu marido fundou a Halas and Batchelor Cartoon Films, coa que fixeron filmes de propaganda e as primeiras longametraxes de animación inglesa. Realizaron Animal farm (Rebelión na granxa), unha sátira baseada na obra de George Orwell. Dirixiron, entre outras, The pocket cartoon (O debuxo da bolsa, 1941), Magic canvas (As velas máxicas, 1951), History of the cinema (A historia do cine, 1956) e What is a computer? (Que é unha computadora?, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro alemán. Precursor da navegación submarina, en 1850 construíu en Kiel o seu primeiro submarino, pero foi un fracaso. En 1856 construíu outro, co que obtivo resultados moi estimables, pero o almirantado ruso non lle deu importancia e afundiuno. Abandonou Rusia en 1858 e dedicouse á recuperación de navíos afundidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo belga, tamén coñecido co nome de Michael Baius. Foi profesor da Universidade de Lovaina e director do Colexio Standonk. Interpretando a ensinanza antipelaxiana de santo Agostiño, afirmou que o pecado orixinal implica unha mutilación da natureza, que en todo momento queda sometida á concupiscencia. Pío V condenou 79 puntos da súa doutrina, condena repetida por Gregorio XIII (1579) e Urbano VIII (1641). Está considerado un precursor do Xansenismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Katherine Mansfield.
-
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Banqueiro na súa cidade natal, dedicouse á astronomía e estableceu un observatorio preto de Berlín. En colaboración con Johann Heinrich von Mädler (1794-1874) estudiou os efectos da refracción da luz na predición das eclipses, confeccionou un mapa da Lúa moi completo (1836) e outro de Marte (1830).
VER O DETALLE DO TERMO