"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Un dos tres tipos de loita dos antigos gregos nos que se empregaban exclusivamente os dedos das mans. Consistía en que dous loitadores, pendurados polos cóbados enriba dunha táboa, se agarraban polas mans e polos dedos ata que un dos dous conseguía poñer o brazo do outro en posición horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quimiotropismo provocado polo osíxeno ou polo dióxido de carbono do aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade da enerxía radiante de inducir transformacións químicas. O actinismo da luz modifica, por exemplo, a estrutura química das emulsións fotográficas e dá lugar (despois do revelado) á formación dunha imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de tactismo no que o estímulo é unha radiación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de tropismo no que o estímulo é unha radiación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propaganda activa ao servizo dunha doutrina política, dun partido, dun sindicato ou semellante.

    2. Tipo de apostolado que acentúa o predominio da acción sobre a oración.

      1. Designación xenérica dalgunhas correntes filosóficas modernas que acentúan o predominio da acción sobre o coñecemento. Neste sentido, o pragmatismo ou o instrumentalismo participan do activismo; sen embargo, a corrente denominada propiamente activista considera que a verdade é independente da experencia que teñamos dela, como postulaba Eucken. Por esta razón, ás veces, identifícase coa filosofía da acción.

      2. Designación das filosofías que consideran propio da natureza humana, unha constante actividade de superación e de conquista, como a de Jean-Marie Guyau e a de Friedrich Nietzsche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica de Giovanni Gentile, que considera que o principio da realidade se atopa no espírito concibido como un acto puro.

    2. Teoría segundo a cal os fenómenos xeolóxicos do pasado teñen causas idénticas ás actuais, se ben poden ter diferente intensidade e velocidade. Os principais promotores do actualismo foron Hutton, quen afirmaba que o “presente é a chave do pasado”, e Charles Lyell, quen se opuxo ao catastrofismo de Cuvier coa súa publicación Principles of geology (Principios de xeoloxía, 1848). O actualismo, en tanto que permite a observación, a elaboración de hipóteses e a experimentación e verificación, constitúe o método científico da xeoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena seita cristiá do s II d C, promovida por Epifanio e Agostiño, que predicaba o retorno á primitiva inocencia de Adán. Os adamitas practicaban o nudismo, como proba de completa liberdade, e a promiscuidade sexual, xa que proscribían o matrimonio para non perpetuar o pecado orixinal. No s XIII a seita reapareceu en Austria e Bohemia animada polos luciferianos e no s XV os irmáns do espírito ceibe, que foron aniquilados no ano 1421, admitían o adamismo primitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome atenuada da enfermidade de Addison, que se encontra en moitas patoloxías xerais cando o proceso morboso lesiona secundariamente as cápsulas suprarrenais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dun sistema termodinámico que non intercambia enerxía calorífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina estoica que consideraba que aqueles accidentes alleos ao individuo (riqueza, pracer, etc) son moralmente indiferentes, as únicas excepcións a esta concepción moral eran o vicio e a virtude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que ensina que Xesucristo, en tanto que home, é fillo de Deus só por adopción. Os precedentes da doutrina encóntranse xa en Teodoto en Roma contra o 190 e nos monarquianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina común a seis grupos protestantes xurdidos nos EE UU durante o s XVIII que, a partir do profetismo bíblico, anuncian moi cercana a segunda vinda de Cristo. O movemento adventista moderno iniciouno nos EE UU W. Miller entre 1831 e 1833. Entre os seguidores do adventismo hai dúas tendencias: os posmilenaristas, que consideran que esa chegada será gradual e seguirá á Apocalipse; e os premilenaristas, que cren no progreso social e que a chegada de Cristo comezará cun cataclismo cósmico despois do milenio. A partir do núcleo orixinario formáronse as diversas igrexas e grupos, das que a máis activa é a dos Seventh Day Adventists (Adventistas do Sétimo Día), seguida en importancia polos Evangelical Adventists (1845), os Advent Christians (1881), a Church of God, a Life anb Advent Union (1860) e os Age-to Come Adventist (1951). As diferencias entre estes grupos fundaméntanse, sobre todo, nas diversas interpretacións sobre o milenario, sobre a natureza do home, o ministerio de Cristo, os...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de construír e facer voar modelos reducidos de avións, helicópteros e outros aparellos de voo.

    2. Actividade deportiva que permite a iniciación aos fundamentos da aeronáutica e á aprendizaxe das condicións de voo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de accidentes provocados pola acción do aire enrarecido e comprimido sobre o organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que mide os cambios de volume do tórax durante a respiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción celular á acción do osíxeno. O aerotropismo positivo produce atracción do osíxeno no protoplasma celular; o aerotropismo negativo, produce repulsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heliotropismo no que a resposta ao estímulo da luz solar é negativa, é dicir, que se afasta da fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adhesión á causa monárquica dalgún dos reis españois chamados Afonso. O termo empregouse especialmente durante o Sexenio Revolucionario de 1868-1874 para designar a corrente política que defendía a restauración da monarquía na figura de Afonso de Borbón, fillo da deposta Raíña Isabel II e do futuro Afonso XII, en oposición ao carlismo, ao republicanismo e aos que defenderon a opción monárquica representada por Amadeo de Savoia. O representante político do afonsismo foi Cánovas del Castillo. Os afonsinos, que coordinaron a súa acción dende o momento do destronamento de Isabel II e o seu exilio a Francia, unificaron as distintas faccións monárquicas; convenceron a Isabel de que renunciara aos seus dereitos a prol do seu fillo -o que inicialmente non admitía a Raíña-; e buscaron o apoio da alta oficialidade do exército, que se levantara en varias ocasións para proclamar a Afonso Rei de España coa oposición de Cánovas, quen era partidario dunha transición pacífica e de xeral acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proposición que expresa un principio xurídico referente a un determinado campo do dereito. Malia que a súa forza xurídica unicamente se recoñece se son admitidos por preceptos legais ou por aceptación do Tribunal Supremo nalgunha sentencia, adoitan empregarse con frecuencia porque recollen características esenciais dalgunhas institucións (   regulae iuris ).

    2. Proposición concisa, completa e a miúdo enxeñosa, escrita polo xeral en prosa, que enuncia unha norma filosófica, moral ou científica sen argumentala. Ao longo da súa historia adoptou diferentes nomes, entre outros, proverbio, adaxio, sentencia ou máxima. Inicialmente foi unha forma culta de expresión, contida en obras extensas, que podía illarse sen perder o seu significado orixinal. Atópanse nas antigas culturas exipcia, sánscrita, védica e chinesa. Non obstante , acadou a súa máxima difusión na cultura occidental grazas á influencia que exerceron nesta algúns libros bíblicos (Libro dos Proverbios, Eclesiastés) e os autores gregos (a especialización médica creada por Hipócrates) e latinos (Platón, Virxilio, Cicerón, Séneca, etc). Utilizado polos Pais da Igrexa, na Idade Media divulgáronse florilexios ou antoloxías dos autores clásicos, especialmente latinos. A partir desa base, adoptounos o pobo e recreounos imprimíndolles o sentido...

    VER O DETALLE DO TERMO