"Inglaterra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 54.

  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra   (1485-1509), primeiro da dinastía Tudor. Exiliado durante a súa mocidade en Francia, accedeu ao trono inglés trala vitoria na Batalla de Bosworth Field (1485), na que venceu a Ricardo III e puxo fin á Guerra das Dúas Rosas. Para afianzar a paz, casou con Isabel de York. Durante o seu reinado enfrontouse ás revoltas de Lambert Simnel (1487) e Perkin Warbeck (1491-1499), e buscou a unión coa monarquía escocesa por medio do matrimonio da súa filla Margarida con Xaime IV de Escocia. Creou o Committee of the Privy Council e o Court of the Star Chamber, instaurou a lexislación inglesa en Irlanda (1494) e realizou unha reforma fiscal que permitiu un maior desenvolvemento do comercio da la con Flandres. En política exterior buscou o achegamento á coroa española por medio do casamento do seu fillo Enrique con Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos, e asinou un tratado con Carlos VIII de Francia (1492).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1509-1547), señor e rei de Irlanda desde 1541, fillo de Enrique VII. O seu pai concertou o seu matrimonio con Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos e viúva do seu irmán Arturo. Durante as dúas primeiras décadas do seu reinado, aconsellado por Thomas Wolsey, favoreceu inicialmente a política do Emperador Carlos V contra Francia, pero despois da Batalla de Pavia (1525) aliouse con Francisco I de Francia. Escribiu Assertio septem sacramentorum adversus Martinum Lutherum, no que denunciou as ideas de Martín Lutero, e recibiu do papa o título de defensor da fe. A falta dun herdeiro home levouno en 1527 a solicitarlle a anulación do seu matrimonio con Catarina de Aragón ao Papa Clemente VII quen, baixo a presión de Carlos I, se negou a concederlle o divorcio. En 1531, aconsellado por   Thomas Cromwell, proclamouse xefe supremo da Igrexa de Inglaterra. Este feito provocou a súa excomuñón da Igrexa romana (1533) e permitiulle o seu matrimonio con Ana Bolena. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1135-1154) e conde de Mortain. Trala morte do seu tío o Rei Enrique I, apoderouse do trono e enfrontouse a súa prima e lexítima herdeira, Matilda. As concesións que se viu obrigado a facer como consecuencia da súa debilidade política e militar, aproveitáronas os escoceses, os galeses e os anxevinos para invadir Inglaterra e Normandie, o que deu lugar á Guerra Civil (1139). Tras un período de relativa paz (1147-1153), reiniciáronse as hostilidades. Venceuno Enrique, fillo de Matilde e duque de Normandie, que foi recoñecido como o seu herdeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1066-1087) e duque de Normandie (Guillerme II, 1035-1087), fillo ilexítimo de Roberto I de Normandie. Declarado como lexítimo herdeiro á morte do seu pai, impuxo a súa autoridade nas rebelións nobiliarias normandas de 1047 coa axuda de Enrique I de Francia, de quen era vasalo. Casado en 1051 con Matilde de Flandres, á morte de Eduardo III de Wessex (1066) reclamou o trono inglés coa bendición papal e a neutralidade do emperador. En setembro de 1066 desembarcou en Pevensey e enfrontouse con éxito ás tropas anglosaxonas, lideradas por Harold II, na Batalla de Hastings. Tras ser coroado en Westminster, confirmou o seu carácter de vasalo do rei de Francia e reprimiu duramente a oposición anglosaxona. Durante o seu goberno estableceu en Inglaterra o modelo feudal europeo, disolveu os grandes condados e transferiu o dominio territorial aos seus baróns, pero centrou a xerarquía feudal sobre a efectiva autoridade real. Obrigou a recoñecer a xurisdición dos tribunais locais e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1087-1100) e duque de Normandie (Guillerme III, 1096-1100), fillo e sucesor de Guillerme I de Inglaterra. De nome Guillerme Rufus, obrigou o rei escocés Malcolm III a renderlle homenaxe e ocupou en 1092 a vila de Carlisle e as rexións de Cumberland e Westmorland. As intrigas do seu irmán Roberto II de Normandie e do seu tío Odón de Bayeux, levárono a invadir Normandie en varias ocasións (1089, 1091 e 1094). En 1096 comproulle o ducado ao seu irmán e recuperou o Condado de Maine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1689-1702), Escocia (1689-1702) e Irlanda (1690-1702), príncipe de Orange (1650-1702) e stadhouder das Provincias Unidas dos Países Baixos (Guillerme III, 1672-1702), fillo de Guillerme II de Orange-Nassau. Elixido stadhouder trala invasión francesa dos Países Baixos (1672), enfrontouse en varias ocasións, sen éxito, aos exércitos franceses. En 1678 asinou con Francia a Paz de Nimega, onde asegurou a independencia das Provincias Unidas. Casado desde 1677 coa filla de Xaime II de Inglaterra, aceptou a proposta da nobreza inglesa de substituír o seu sogro e, tras aceptar a Declaración de Dereitos aprobada polo Parlamento inglés, foi declarado xunto coa súa muller María II, rei de Inglaterra (1689). Trala ratificación deste proceso, coñecido co nome de Revolución Gloriosa, o Parlamento escocés recoñeceu os novos monarcas, mentres que Irlanda permaneceu leal a Xaime II ata a derrota dos exércitos xacobitas na Batalla de Boyle (1690). Integrouse en 1689 na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda (1830-1837), terceiro fillo e herdeiro de Xurxo III. Durante o seu reinado aprobouse a reforma electoral de 1832, que reformou a cámara dos comúns e estendeu o sufraxio á clase media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canuto III de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    País de Gran Bretaña, Reino Unido, que se estende desde Escocia, ao N, ata o Canal da Mancha, ao S, e que limita ao O con Gales e ao SO con Cornualla (130.422 km2; 49.996.600 h [estim 2000]). A súa capital é Londres.
    Xeografía
    Existen dúas rexións ben diferenciadas, a do N e o O e a do S e o L, que corresponden, respectivamente, ás Highlands e as Lowlands. Ao NO atópanse restos do pregamento caledoniano que corresponden ao macizo de Cumberland. Os vales, dispostos de maneira radial, conforman un país moi quebrado. A erosión glacial deixou diversos vestixios neste macizo; un deles son os numerosos lagos. O val do río Eden separa ao L os Peninos do Cumberland; este val está disposto de N a S, por iso toma o nome de columna vertebral de Inglaterra. As Lowlands están formadas, en xeral, por sedimentos secundarios; a superposición de capas duras e brandas dá lugar a un relevo en cuesta. As dúas aliñacións máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento entre as forzas aéreas británicas (RAF) e alemanas (Luftwaffe) durante a Segunda Guerra Mundial (10.7.1940-31.10.1940). Para lograr a invasión da illa, os ataques aéreos alemáns tiveron como obxectivo os portos do S de Inglaterra, as defensas aéreas británicas, e, desde o mes de setembro, dirixíronse ás grandes cidades, Londres fundamentalmente. O fracaso da invasión obrigou a A. Hitler a aprazar o proxecto, que xa nunca foi retomado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra e de Irlanda (1558-1603), filla de Enrique VIII e de Ana Bolena. A anulación matrimonial dos seus pais deu pé ao conflito entre católicos, partidarios dos dereitos de sucesión de María I Stuart (raíña de Escocia), e protestantes, partidarios de Isabel Tudor. Unha vez que accedeu á coroa, unha das súas primeiras medidas foi restablecer o anglicanismo a través da Acta de Supremacía de 1559, pola que a igrexa se sometía á autoridade rexia. A execución de María I Stuart (1587) deu lugar á declaración de guerra do monarca hispánico Filipe II, que rematou coa desfeita da coñecida como Armada Invencible (1588). Impulsou o comercio, constituíndose no seu reinado as primeiras compañías comerciais das Indias Orientais e poñéndose as bases que elevarían a Inglaterra a potencia colonial, comercial e industrial no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Reino Unido e presidenta da Commonwealth. Casou en 1947 con Filipe Mountbatten, duque de Edimburgo, e sucedeu ao seu pai Xurxo VI en 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra e Irlanda (1553-1558), filla de Enrique VIII de Inglaterra e de Catarina de Aragón. Sucedeu ao seu irmán Eduardo VI de Inglaterra. Leal á relixión católica, exerceu unha forte presión para que o Parlamento aprobase a volta á obediencia a Roma. Casou en 1554 co futuro Filipe II, que en 1557 convenceu o consello da raíña para a declaración de guerra contra Francia, o que deu como resultado a perda do porto de Calais. Morreu sen descendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, de Irlanda e de Escocia (1689-1694), filla de Xaime II de Inglaterra e da súa primeira esposa, Anne Hyde. Casou con Guillerme III de Inglaterra e pasou a residir nos Países Baixos. A consecuencia da Segunda Revolución Inglesa foi proclamada raíña polos seus dereitos hereditarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico e raíña de Inglaterra, filla de Enrique I de Inglaterra. Casou en 1114 co Emperador Enrique V e en 1125 con Godofredo V Plantagenet, conde de Anjou. O seu pai, Enrique I de Inglaterra, fíxoa herdeira da coroa inglesa, xunto con Godofredo, pero a sucesión foi usurpada por Estevo de Blois (1135).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (1080 - Westminster 30.4.1118) Raíña de Inglaterra, muller de Enrique I de Inglaterra e filla de Margarida de Escocia. Tivo sona pola súa caridade e fundacións. A súa festividade celébrase o 30 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio oriental de EE UU, formado polos estados de New Hampshire, Massachusetts, Rhode Island, Connecticut, Vermont e Maine. Foi ocupado polos franceses en 1604, e en 1614 John Smith fixo unha exploración do territorio ao que denominou Nova Inglaterra. Non foi colonizada ata 1620, por emigrantes puritanos provenientes de Inglaterra, Escocia, Holanda e Massachusetts. A zona quedou baixo a influencia das colonias veciñas, pero acadou unha sólida organización puritana e gozou dunha ampla autonomía. Participou activamente na Guerra da Independencia (1775-1782) e acadou un lugar preeminente dentro da federación de EE UU. As guerras napoleónicas non pararon a expansión ata 1840, pero, en cambio, favoreceron un proceso de industrialización. Durante a Guerra de Secesión (1861-1865), Nova Inglaterra combateu pola Unión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos Romanos (1257-1272), segundo fillo do Rei Xoán I de Inglaterra. En 1225 foi nomeado conde de Cornualla e Poitou (nominal) polo seu irmán Enrique III de Inglaterra. Foi rexente de Inglaterra (1253-1254) en ausencia do seu irmán. Aceptou a candidatura imperial (1256) e foi coroado rei dos Romanos en 1257, pero non conseguiu ser coroado emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1189-1199) e duque de Aquitania (1168-1199), fillo e sucesor de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Tan pronto ocupou o trono, preparou (1189-1190) a terceira cruzada a Terra Santa, da que foi o heroe: conquistou Chipre, contribuíu á conquista de San Xoán de Acre (13.7.1191) e derrotou a Saladino I. De volta a Inglaterra, naufragou nas costas de Dalmacia e foi apresado polo duque Leopoldo de Austria, que o entregou ao Emperador Enrique VI, quen o obrigou a pagar un elevado rescate. En 1194 volveu a Inglaterra. Derrotou a Filipe II de Francia (1198), que invadira Normandie, e en loita contra os rebeldes do condado de Limoges foi ferido en Châlus. Casado con Berenguela de Navarra, morreu sen sucesión e herdou a súa coroa o seu irmán Xoán Sen Terra (Xoán I de Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1377-1399), fillo de Eduardo de Inglaterra o Príncipe Negro, e sucesor do seu avó Eduardo III de Inglaterra. Durante a súa minoría de idade gobernou o seu tío Xoán de Gante. Iniciou o seu goberno persoal en 1388 e enfrontouse coa nobreza e co Parlamento. Enrique de Lancaster, o futuro Enrique IV de Inglaterra, fillo de Xoán de Gante, desembarcou en Inglaterra en 1399, obrigouno a abdicar e fixo que o condenase o Parlamento. Foi encerrado no castelo de Pontefract, onde morreu, probablemente asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO