"Iros" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 271.

  • PERSOEIRO

    Xurista e sociólogo. Estudiou Dereito na Universidade de Madrid. Participou na fundación da Escola de Criminoloxía (1903), da que foi catedrático. Traballou no Instituto de Reformas Sociais e foi enviado a Galicia en 1921 para estudar os foros agrarios. En 1931 foi nomeado membro da comisión encargada de estudar a reforma agraria e xefe do servizo de Política Agraria do ministerio de Traballo. Exiliado en 1939 en Hispanoamérica, foi profesor nas universidades de La Habana, Santo Domingo e México. Entre as súas obras destacan: Acerca del delito y la pena (1904), Nuevas teorías de la criminalidad (1918), Derechos sociales de los campesinos (1918), El problema de los foros en el Noroeste de España (1923), Derecho social (1932), Criminalidad del campo andaluz: el bandolerismo (1934) e El bandolerismo en España y México (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e ilustrado. Fillo do conde de Prado e neto do conde de Quirós. Foi procurador do concello do Barco de Valdeorras e gobernador e xustiza maior da terra de Barrenes. En 1784 redactou o Manual regio y elementos de real potestad, estudo sobre as regalías do soberano que non recibiu a aprobación do Real e Supremo Consello de Castela e do Colexio de avogados de Madrid para a súa publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Pedro. Durante o Antigo Réxime pertenceu á xurisdición de Diomondi, convertida en concello en 1813. En 1835 incorporouse ao concello de Moreda. Xa en 1840 integrouse no concello do Saviñao, denominado Piñeirón nun primeiro momento (entre outubro e novembro). Con posterioridade a 1887 uniuse á parroquia de Diomondi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo meridional da illa de Sálvora (pertencente á parroquia de Aguiño, concello de Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dozón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, político e xornalista. Membro do Partido Liberal e dirixente dos partidarios de Montero Ríos, foi deputado provincial entre 1898 e 1930. Exerceu tamén como gobernador civil de Pontevedra en dúas ocasións entre 1905 e 1907, e no período 1909-1911. Ocupou tamén o goberno civil de Cáceres, Zaragoza, Gran Canaria e A Coruña. Formou parte da comisión redactora do apéndice de dereito foral galego para o Código Civil. Colaborou no Diario de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Tratáse dunha forma híbrida en canto á grafía, xa que o nome de lugar ao que remite é Borraxeiros, parroquia da comarca do Deza. O topónimo pode indicar un lugar abundante en borraxes ‘planta herbácea anual ou vivaz, da familia das borraxináceas’ ou ser un derivado de borralla ou borrallo ‘brasa, montón de terróns queimados no monte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Borrageiros.

    2. Liñaxe orixinaria de Borraxeiros, en Agolada. Emprega as variantes gráficas Borrageiros, Borragueiros ou Borrajeros. As súas armas levan, en campo de goles, un carballo ao natural e, detrás del, unha barra de ouro; bordo tamén de ouro. Outros traen, en campo de goles, unha árbore de sinople, perfilada de prata, saínte da punta do escudo e, detrás dela, unha barra de ouro; bordo do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Real Despacho do 21 de xaneiro de 1761, co vizcondado previo de Parada (Amoeiro) a Xaquín Salgado e Enríquez, señor da xurisdición e fortaleza de Borraxeiros, en Agolada. En 1958 este título foi rehabilitado por Manuel Taboada Roca. Leva como armas, escudo acuartelado: primeiro cuartel, coas armas dos Taboada; segundo cuartel, coas armas dos Camba; e terceiro cuartel, coas armas dos Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en San Cristovo de Borraxeiros (Agolada). De planta rectangular, está articulado en dúas alturas: planta baixa e piso. A cuberta é a catro augas. No interior alberga un patio central. As ameas e as torres nos ángulos danlle un aspecto de fortaleza. Conserva armas dos Salgado e dos Fiaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII e reconstruído en 1705, só resta unha porta situada na fachada principal e parte dos muros da nave. No interior, a nave presenta dous pares de columnas entregas con capiteis de follas, unha das bases está decorada con arquiños de ferradura e de medio punto. A portada conta cunha dobre arquivolta, decorada con bólas, que se sostén sobre catro columnas con capiteis vexetais con mazás. O tímpano decórase co relevo dunha cruz grega rodeada por un semicírculo de arquiños de ferradura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castro portugués rodeado por tres recintos murados que abranguen máis de 150 cabanas de pedra circulares, elípticas e rectangulares que teñen un pequeno vestíbulo de entrada e unha pequena corte agregada. A ocupación deste castro comezou nunha época prerromana (s III a C) e durou ata o s III ou inicios do s IV d C. Neste asentamento descubriuse a primeira Pedra Formosa coñecida na área castrexa, vinculada con monumentos que cumprían finalidades cultuais relacionadas cos baños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural sen ánimo de lucro fundada en Maceda en 1975. A súa finalidade principal era a de potenciar a lingua e a cultura galega a través de actividades como representacións teatrais ou conferencias. O seu proxecto máis salientable foi a representación de dúas obras de teatro: O catecismo do labrego e O menciñeiro á forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Lérez pola esquerda. Nace a 570 m de altitude na parroquia de Corredoira, concello de Cotobade. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que penetra na parroquia de Sacos primeiro, e no concello de Cerdedo despois, en concreto pola parroquia de Pedre, na que desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tordoia baixo a advocación de san Xulián, onde se atopa a capital municipal, a aldea da Pontepedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido Cabaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Cabaleiros (Tordoia), popularmente se coñece co nome de Pedra Moura. Conserva parte da mámoa e ten planta poligonal, formada por sete chantas, todas elas imbricadas, e a tampa. A cámara ten unhas dimensións aproximadas de 3,10 m no eixe N-S e 2,70 m no L-O; así mesmo a súa altura é de 1,70 m. A tampa, sostida por seis chantas, está fracturada; as súas dimensións son 4 x 3,40 m e ten un grosor considerable. Non se teñen noticias de achados no seu interior e non foi escavada polo de agora. Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cabaleiros.

    2. Que ten un comportamento cortés, galante e educado.

    3. Que posúe nobreza e distinción no seu carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO