"Italia" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (947-950), fillo do Rei Hugo, conde de Provenza. Compartiu o goberno co seu pai desde 931. Foi envelenado por Berenguer II, marqués de Ivrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política que fundou Giuseppe Mazzini en Marsella en 1831, que tiña por obxecto converter a Italia nunha república democrática e unitaria. Foi disolta en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de pintores italianos que fundou en 1952 Afro Basaldella e integrado tamén por Renato Birolli, Antonio Corpora, Mattia Moreni, Ennio Morlotti, Giuseppe Santomaso, Giulio Turcato e Emilio Vedova. Decantáronse cara a unha abstracción próxima ao informalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano que se creou en 1921, a raíz do congreso de Livorno, por Antonio Gramsci, Amadeo Bordiga e Palmiro Togliatti, da á disidente da extrema esquerda do Partito Socialista Italiano. Disolto en 1926 polo fascismo, organizouse clandestinamente e tivo moita importancia na resistencia italiana durante a Segunda Guerra Mundial. Rematada a guerra e ata 1947 formou parte do goberno de coalición xunto con outros cinco partidos antifascistas. A partir de 1956, P. Togliatti preconizou a teoría do policentrismo entre os diferentes partidos comunistas. Despois da súa morte (1964), o partido foi dirixido por Luigi Longo (1964-1972) e Enrico Berlinguer (1972-1984), que impulsou a adaptación ao eurocomunismo e se esforzou pola realización do compromesso storico, programa que planeaba a participación dos comunistas no goberno cos demócrata-cristiáns, que sempre foi rexeitado polo Partito Democrazia Cristiana. Achille Occhetto, máis próximo á socialdemocracia ca os seus predecesores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano precedente do Partito Democrazia Cristiana. Foi fundado en 1919 por Luigi Sturzo e baseábase na doutrina social da Igrexa, a descentralización rexional, a reforma agraria e outras reformas políticas. Nas eleccións de 1919 e en 1921 obtivo un cento de escanos parlamentarios e tamén conseguiu un notable éxito nas municipais de 1920. Os asasinatos do líder socialista Giacomo Matteotti e Minzoni e a desaparición das liberdades constitucionais conduciron ao partido a retirarse do Parlamento. A partir de entón os seus dirixentes foron perseguidos e o derradeiro secretario xeral, Alcide de Gasperi, refuxiouse na Cidade do Vaticano ata a caída do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política italiana fundada en 1892, co nome de Partito dei Lavoratori Italiani, por Filippo Turati, Andrea Costa e Gregorio Agnini. Dominou o sector sindicalista entre 1904 e 1908. A gran crise produciuse coa cuestión da adhesión á Terceira Internacional no congreso de Livorno (1921), onde se produciu a escisión principal, a dos leninistas, que fundaron o Partito Comunista Italiano. O secretario do PSI, Giacomo Matteotti, foi asasinado (1924) e os socialistas reagrupáronse no exilio e asinaron en 1934 un pacto de acción cos comunistas para unha colaboración coa Resistenza. En 1947 escindiuse en dúas ramas: o PSI, guiado por Pietro Nenni, e o PSDI (Partito Socialista Democratico Italiano), guiado por Giuseppe Saragat. O afastamento entre o PSI e os comunistas permitiu a súa entrada nos gobernos de coalición dirixidos pola democracia cristiá. No período de 1978-1985, con Alessandro Pertini, acadou a presidencia da república, e o seu secretario xeral, Bettino Craxi, encabezou entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (781-810), fillo de Carlomagno. Foi coroado en Roma polo Papa Adrián I (781). Loitou contra os ávaros (796) e tomou parte na campaña de Baviera (797). Despois da súa morte, o Reino de Italia volveuse unir ao Imperio Carolinxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público italiano de radio e televisión. Os seus precedentes foron a URI (Unione Radiofonica Italiana, 1924) e o EIAR (Ente Italiano Audizioni Radiofoniche, 1927). En 1944 estableceuse definitivamente a RAI (Radio Audizioni Italia). Iniciou as súas emisións televisivas en 1954, e ata a década de 1970 tivo o monopolio televisivo. Está formada por 3 cadeas de radio (Radio Uno, Radio Due e Radio Tre), 2 radiofórmulas (GRParlamento e Isoradio), 3 canles de TV (RAI Uno, RAI Due e RAI Tre), RAI International e 12 canles de televisión vía satélite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime fascista establecido por Benito Mussolini no N de Italia entre o 9 de setembro de 1943 e o 25 de abril de 1945, con sede en Salò (Lombardia). Pouco despois de ser liberado polos alemáns, B. Mussolini formou un goberno republicano na zona de Italia dominada por aqueles no que tentou recuperar as pretensións sociais do primeiro fascismo. Organizou un xuízo, o Proceso de Verona, contra os supostos culpables da caída do réxime fascista en Roma, pero sucumbiu ante o avance aliado e a acción dos partisanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo protectorado italiano (1889-1960) de África Norteoriental. En 1960 acadou a independencia e formou, xunto coa Somalia Británica, o estado de Somalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pirata do Mar Báltico e do mar do Norte. Os primeiros foron os poboadores de Rostock e Wismar, que abasteceron Estocolmo durante o sitio danés (1389-1395), para logo dedicarse á pirataría. Desapareceron a finais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (657-672). Foi elixido baixo a presión do exarca bizantino. Defendeu os seus dereitos contra o arcebispo de Ravenna e o bispo de Creta. A súa festividade celébrase o 27 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei de Sardeña (1849-1861) e primeiro rei de Italia (1861-1878), duque de Savoia, fillo e sucesor de Carlos Alberte I de Sardeña. Secundou a política de Cavour como a finalización do acordo de Plombières (1858), a anexión de Italia central (1859) ou a expedición de Garibaldi na conquista de Sicilia e Nápoles (1860). Proclamado rei de Italia, anexionou Venecia (1866) e ocupou Roma (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (1900-1946) e de Albania (1939-1943) e emperador de Etiopia (1935-1941), fillo e sucesor de Humberto I. Acabou, con éxito, a guerra en Libia (1911-1912) e interveu na Primeira Guerra Mundial, pero a partir de 1922 tolerou que o fascismo se asentase en Italia. Baixo a influencia de Mussolini, consentiu a guerra de Etiopia (1935), a axuda ás tropas franquistas na Guerra Civil en España (1936-1939), a anexión de Albania (1939) e a entrada de Italia na Segunda Guerra Mundial ao lado de Alemaña. En 1943 autorizou o golpe de estado que derrocou a Mussolini e pediu o armisticio aos aliados. En 1944 nomeou lugartenente do reino o seu fillo Humberto II, en quen abdicou en 1946. Exiliouse a Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO